A Adala
Este sábado, día 3 de xaneiro, ás 21:00 horas a Casa da Cultura de Trabada acollerá a representación teatral titulada Ai! Señor, señor,…, a cargo do grupo Adala. Esta actuación enmárcase dentro dos ciclos culturais que o Concello vén desenvolvendo de maneira regular, “apostando polo teatro e pola dinamización cultural no municipio”.
O Concello de Trabada tamén anuncia que “o domingo 4 de xaneiro Trabada vivirá un dos momentos máis agardados polas familias coa celebración da tradicional Cabalgata dos Reis Magos, organizada pola Asociación Cultural O Picato, coa colaboración do Concello. A partir das 16:00 horas os Reis Magos visitarán o CAM, onde se fará entrega de roscóns para os maiores. Ás 17:30 horas dará comezo a cabalgata, cun percorrido desde a Casa da Cultura ata o Pavillón Municipal de Deportes, acompañados polo grupo de...
leer másEste venres, día 19 de decembro, ás 21:00 h, a Casa da Cultura de Burela acolle a representación da obra Marina Club, unha proposta teatral para adultos da man do grupo A Adala. “Unha cita co teatro en Burela para compartir cultura”, anuncia o Concello.
Esta actividade é unha iniciativa do Concello de Burela en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo dentro do ciclo de teatro afeccionado.
O grupo de teatro A Adala, de Fazouro (Foz), representará a obra titulada Unha morta moi viva este sábado, día 8 de novembro, ás 19:30 horas no local social da Comunidade de Montes de Santa Cruz, na parroquia ribadense de Ove.
É unha actividade incluída nos Seráns de Teatro que organiza o Concello de Ribadeo.
Regresan os Seráns de Teatro organizados polo Concello de Ribadeo. Este sábado, día 20 de setembro, ás 19:00 horas na Escola de Cedofeita o grupo de teatro A Adala, de Fazouro (Foz) presenta a obra titulada Unha morta moi viva.
Para esta actividade o Concello de Ribadeo conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal de Cedofeita.
O grupo teatral A Adala, de Fazouro (Foz), representará a obra titulada Unha morta moi viva este sábado, día 5 de abril, as 21:00 horas na Casa da Cultura de Trabada. A entrada é de balde.
O Concello de Trabada anuncia que é “unha comedia chea de sorpresas que non podes perder. Vén gozar do mellor teatro afeccionado!”.
O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, representará a obra titulada Marina Club no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este sábado, día 22 de febreiro, ás 19:00 horas.
Esta representación está incluída na programación Seráns de teatro, organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal da Devesa.
O grupo teatral A Adala, de Fazouro, representará a obra titulada Marina Club en Alfoz este sábado, día 23 de novembro. Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
O Concello de Alfoz explica que “esta semana estaba programada a actuación do Grupo de Teatro Ardora, de Cervo, coa súa obra "Aire fresco", pero por problemas do persoal do grupo a actuación tivo que ser aprazada a outro momento. No seu lugar teremos o pracer de ter ós máis veteranos do grupo A Adala, de Fazouro, coa súa nova obra "Marina Club". Unha comedia para todos os públicos que xira entorno a un club de alterne no que a amizade entre clientela e persoal salvan a unha rapaza cunha mentira piadosa. Na trama mestúranse enganos que ocultan unha crúa realidade, amizades que salvan, mulleres que descobren a Marx, unha monxa e un negocio que dá un xiro inesperado. Aínda que a obra...
leer másO grupo de teatro A Adala, de Fazouro (Foz), representará a obra Marina Club na parroquia de As Negradas, no concello do Vicedo, este sábado, día 7 de setembro.
Será ás 19:30 horas no local social da Asociación de Veciños O San Miguel, colectivo que organiza esta actividade, coa colaboración da Área de Cultura, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.










