Foz

Etiquetas:
21/12/2023

A aula universitaria da UNED de Foz está a iniciar un ciclo de presentacións da oferta educativa e dos diferentes recursos e servizos da UNED e, en concreto, da aula de Foz. Este dará comezo en Burela o día 11 de xaneiro no auditorio municipal ás 12:00 horas, e continuarase en Foz, no salón de actos do Instituto de Educación Secundaria en día e hora por determinar. 

A coordinadora da aula, Marta Muiña Rodríguez, sinala que “estas charlas están dirixidas ao alumnado dos centros de ensino medio e ao público en xeral que poida estar interesado, para que  coñezan de primeira man a  oferta educativa, as titulacións e os recursos que presenta esta aula universitaria. O contido das mesmas irá orientado á presentación da aula e dos servizos cos que conta, dende os distintos graos ata o curso de acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos,...

leer más
Etiquetas:
19/12/2023

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que despois da emocionante tarde de acendido das luces de Nadal, a comezos deste mes, agora chegan as vacacións invernais dos máis pequen@s da casa e os días con máis actividades en Foz.

Inés López especifica que “esta fin de semana Papá Noel estará esperando a visita de tod@s os que queiran estar un ratiño con el na súa casiña situada na praza do concello. O domingo 24 a partir das 12 da mañá todos os que queiran poderán achegarse a visitar a Papá Noel e pedirlle que cumpra os desexos de última hora, xa que esa noite terá moito traballo para chegar a todas as casas. Non estará so porque os nenos do coro da Escola de Música percorrerán as rúas animando con panxoliñas. Pero antes os elfos de Papa Noel estarán polas rúas: poderás atopalos se te achegas a ver o espectáculo de teatro infantil...

leer más
Etiquetas:
18/12/2023

A tenda focense Chuvia recolleu o premio ao Mellor comercio da túa vila no transcurso dunha gala celebrada no Pazo de San Marcos en Lugo. 

Recibiu o premio Cati Ramos, que estivo acompañada polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo. O acto de entrega de premios contou coa presenza do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e do presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas. 

Na campaña o Mellor comercio da túa vila da Federación Galega de Comercio tamén foron premiados clientes do comercio focense: Maruja Sante recibe unha tarxeta regalo por importe de 300 euros, por unha compra realizadas en Decoraciones Pura; Xosé Luis Moreda, obtivo un premio de 150 euros, tras facer unha compra en Celso Electrodomésticos; 150 euros recibe tamén Ana Pérez Chao, que fixo unha compra en Chinela Nenos; e...

leer más
Etiquetas:
16/12/2023

O mago Paco ofrecerá este domingo, 17 de decembro, un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cores e de moitas sorpresas: Hocus Pocus.

Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e de momentos ilusionantes, divertidos, tolos, emotivos e abrigo inesquecibles.

O espectáculo, para maiores de 3 anos de idade, dará comezo ás 12 do mediodía na Casa da Cultura.

Etiquetas:
13/12/2023

AciaFozCCA sorteará 15 desexos na súa campaña de Nadal, que foi presentada polo presidente do colectivo empresarial, José Carlos Paleo. No acto participaron tamén o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro. 

Todas as persoas que realicen as súas compras en calquera dos preto de 80 negocios locais que participan na campaña de Nadal entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro terán a posibilidade de entrar no sorteo de 15 premios de 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo realizarase en Radio Foz o 8 de xaneiro. 

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “á veciñanza de Foz a facer as súas compras de Nadal no comercio da nosa vila, onde atoparán un trato próximo e unha cara amable que os atenderá e os asesorará da mellor maneira posible. É tempo de facer os soños e os desexos...

leer más
Etiquetas:
10/12/2023

O vindeiro 23 de decembro pola mañá o Club de Atlestismo Ría de Foz organiza xunto con Run Foz Run, a última proba do circuito DUACODE-RunFozRun, a oitava edición da Run Foz Run Nadal.

Ademais, ese mesmo día tamén se entregarán os premios dos gañadores e gañadoras do circuíto, así coma o agasallo aos que conseguiron rematar 6 das 8 carreiras.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na carreira a través da paxina web...

leer más
06/12/2023

Touporroutou Teatro, coa colaboración do Concello de Foz, organiza as segundas Xornadas de Recuperación da Memoria Gastronómica Tradicional Galega, denominadas Touporroucaldo, este venres, 8 de decembro, a partir das 13 horas.

O evento será na vila focega, concretamente está previsto que se desenvolva nos Calexóns da Viela e na Praza Pardo de Cela, aínda que en caso de mal tempo trasladaríase ao pavillón do colexio Martínez Otero.

O menú está composto por caldo, compango, pan, queixo con marmelo e viño ou auga. O prezo é de 10 euros.

Tamén haberá sesión vermú amenizada pola Touporroubanda.

Etiquetas:
05/12/2023

A asociación Os Sendeiros, de Foz, anuncia que o sábado 23 de decembro porá o tradicional Belén de Cumes e nesta ocasión a cima elixida será o alto do Virín, no municipio de Foz. Esta actividade é gratuíta e os participantes poderán levar algunha figuriña para o belén.

A saída será ás 10:00 horas desde a capela do Carme, en San Martiño. E o último día para anotarse é o 22 de decembro. Os interesados poden contactar cos teléfonos 606.71.84.82 (Laura) ou 670.36.90.17 (Morís).

Etiquetas:
01/12/2023

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, presentaron hoxe, venres, a nova programación formativa para este mes de decembro, que inclúe tres cursos.

Deron conta de tres novas actividades abertas a todo o público, apostando por estes cursos para poder ofrecer coñecementos sobre temas tan interesantes como os que se detallan a continuación e para os que está aberta a inscrición:

- Francés Básico. Nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) equivalente ao (DELF A2), os venres do 1 de decembro ao 22 de marzo de 17:00 a 19:30 horas. (Presencial e online).

- MULLER. Falamos claro, do 11 ao 19 de decembro (luns e martes) de 18:00 a 20:30 horas. (Presencial e online).

- Curso para opositores: nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a lei...

leer más
Etiquetas:
29/11/2023

O Concello de Foz ten preparada unha programación para as vindeiras semanas cargada de actividades. Para esta primeira semana de decembro o protagonismo é para o acendido do alumeado de Nadal, que se fará este venres, 1 de decembro.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “este venres, 1 de decembro, ás 18.30 horas na praza Conde de Fontao prenderemos o botón de acendido das luces de Nadal. Este é o primeiro evento dun Nadal cargado de actividades para os máis pequenos e para os maiores. Estaremos acompañados pola Banda de Música de Foz, que comezará a súa tempada de concertos de Nadal; agradecémoslles sempre a súa boa disposición a participar nos eventos do concello”.

O alcalde, Fran Cajoto, explica: “será un día cheo de sorpresas e ilusión para os máis pequenos. E ao longo do mes iremos colocando...

leer más