Foz

Etiquetas:
12/08/2020

Foz e Burela serán as seguintes paradas de A Mariña en Ruta, a iniciativa posta en marcha pola Mancomunidade para diversificar a oferta turística do xeodestino. Trátase dunha serie de roteiros que se desenvolven durante os meses de agosto e setembro. 

O obxectivo principal de A Mariña en Ruta ademais de axudar na reactivación da actividade turística, é completar e diversificar a oferta do xeodestino en base ao patrimonio cultural e a natureza, sendo as actividades neste espazos as que motivan principalmente a visita á Mariña Lucense, e mais se cabe nesta época de crise provocada polo Covid 19. E tamén, que os participantes descubran os aspectos menos coñecidos da comarca da man de guías e axentes locais sempre en base aos recursos propios e que poñan en valor a realidade do destino, en consonancia coa filosofía do turismo slow na que se...

leer más
Etiquetas:
11/08/2020

O Concello de Foz programa dez actividades de Cultura na Rúa desde hoxe, martes, ata este domingo, día 16.

Hoxe ás 21:00 horas no Colexio Nº1 haberá teatro infantil coa compañía Producións Teatrais Excéntricas que ofrecerá a obra Cartoons. E a proxección de cine ao aire libre que estaba programada para esta noite na pista polideportiva da parroquia de San Martiño aprazouse para o vindeiro martes, día 18, debido ás choivas.

Mañá, mércores, ás 21:00 horas no Colexio Nº 1 terá lugar outra representación de teatro infantil. Neste caso será Caramuxo Teatro coa obra Pavillón Lino.

O xoves, día 13, haberá autocine no aparcadoiro Valle Inclán ás 22:30 horas. Proxectarase a película María Solinha.

Para o venres 14 están programadas dúas actividades: un concerto de música...

leer más
Etiquetas:
05/08/2020

O Concello de Foz programa 16 actuacións de Cultura na rúa desde este venres ata o luns, día de San Lourenzo, que é festivo local.

Este venres, día 7, na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas actuará o DJ Poppy García. Ás 21:00 horas na praza Conde de Fontao haberá un concerto do coro Tempus Fugit, de Viveiro. E ás 22:30 horas proxectarase a película Superlópez na parroquia de Cangas, concretamente na pista da festa.

O sábado 8 o grupo Muddy Doll actuará na praia da Rapadoira ás 13:00 horas e na praza Conde de Fontao ás 21:30 horas. E o DJ Poppy García estará na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas.

O domingo, día 9, haberá dous concertos do grupo Música de sofá: ás 13:00 horas na praia da Rapadoira e ás 21:30 na praza Conde de Fontao. E ás 20:00 horas actuará a Banda de...

leer más
Etiquetas:
05/08/2020

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 7 e 8 de agosto (venres e sábado).

Os comercios participantes ofrecerán interesantes descontos nos stands instalados no exterior dos establecementos. En caso de mal tempo realizarán as promocións no interior dos locais. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos comercios adheridos a esta iniciativa.

O presidente de CCA/ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “pouco a pouco temos que ir recuperando as actividades na nosa vila, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade. De aí que volvamos organizar unha nova edición do noso Comercio na Rúa, unha cita clásica dos veráns en Foz, co fin de dinamizar o comercio local”.

Paleo di que “...

leer más
Etiquetas:
31/07/2020

En Foz haberá sete actuacións musicais nas rúas da vila esta fin de semana, desde hoxe, venres, ata o domingo.

Na tarde noite de hoxe a partir das 21:00 horas no paseo da praia da Rapadoira tocará o Combo da Escola de Música de Foz.

Mañá, sábado, 1 de agosto haberá catro actuacións: ás 13:00 horas na rúa Álvaro Cunqueiro estará o DJ Popy García, ás 13:30 horas na zona de As Torres actuará o grupo Carta de Ajuste; e ás 21:30 horas tocará o grupo Carta de Ajuste na Praza Conde de Fontao e o DJ Popy García estará xunto á praia da Rapadoira.

E o domingo, 2 de agosto, actuará o grupo Pablo Balseiro ás 13:30 horas no paseo da praia da Rapadoira e ás 21:30 horas na Praza Conde de Fontao.

 

Etiquetas:
23/07/2020

O Concello de Foz programa cine os xoves na vila e os venres nas parroquias ata o día 21 de agosto. Esta iniciativa da Delegación Municipal de Cultura, foi presentada hoxe, xornada na que se proxectará a película Longa Noite, ás 22:30 horas no Campo da Cabana. Mañá, venres, á mesma hora ofrecerase en Fazouro o filme Dumbo.

O alcalde focense, Fran Cajoto, destacou que é unha presentación “moi especial porque estamos saíndo dunha situación moi complicada que estamos tendo co Covid en todo o Estado, e aquí, na Mariña, houbo un rebrote, que afortunadamente está controlado, están baixando os casos, pero tivemos que pospoñer este proxecto no que cremos moito. Un proxecto máis amplo é sacar a cultura a rúa e visualizala e non esquecernos dun sector que non o está a pasar ben. Este ano coas medidas que temos máis restritivas de control de aforo e...

leer más
Etiquetas:
21/07/2020

Desde mañá, mércores, e ata o 24 de xullo, o Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, unha cita indispensable nos veráns en Foz.

Durante estas tres xornadas, os establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos e exporán os seus artigos nas rúas da vila. As ofertas aplicaranse a todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos á campaña. 

Os preto de 30 comercios participantes nesta edición do Comercio na Rúa son: Vagaluz, 5 Lobiños, Sueños, Vas’s, Vas’s Outlet, Ginzo Hombre e Ginzo Mujer, Arrullos, Lourdes moda íntima, Chuvia, Carmen León Zapatería, N1 Deportes, María Docampo, Alma Libre, Chinela Nenos, Librería Bahía, Din y Don, Longarela, Calzados Pirde, Decoraciones Pura, Unique-2, OfiFoz, Xanela complementos e agasallos, Don...

leer más
Etiquetas:
20/07/2020

O Concello de Foz organiza un ciclo de teatro infantil que se desenvolverá desde mañá, martes, ata o 25 de agosto no pavillón do colexio Número 1. Foi presentado esta tarde polo alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro de Cultura, Héctor Moris.

Os espectáculos serán todos ás 21.00 horas e con entrada gratuíta. Haberá limitación de aforo e será obrigatorio a asistencia con mascarillas.

Fran Cajoto explicou que “este ano 2020 é un verán un pouco distinto porque temos que aprender a utilizar a mascarilla, andar con sentidiño en todos os ámbitos da vida e usar ese distanciamento social. Pero non nos podemos esquecer da cultura e en Foz gústanos moito que, tanto para os veciños como para os visitantes, en tempada de verán haxa actividades que fagan aínda máis atractiva a vila e sexan unha escusa perfecta para gozar de Foz...

leer más
Etiquetas:
20/07/2020

A Librería Bahía, de Foz, organiza o vindeiro 29 de xullo as oito e media da tarde un encontro entre dous grandes escritores: Berta Dávila e Juán Tallón. O encontro enmarcase dentro do programa “Afinidades electivas. Encontro literario” que promove o Ministerio de Cultura a través da Dirección Xeral do Libro. Un formato orixinal que entusiasmará aos amantes da literatura. 

Neste encontro, os autores falarán das súas últimas obras, Carrusel (Berta Dávila, ed. Galaxia) e Rewind (Juan Tallón, ed. Anagrama), e da súa relación coa obra doutro: afinidades, cousas en común, sorpresas, diverxencias, etc. Ademais, asinarán a súa obra antes do comezo do encontro, entre as 6 e as 7 da tarde. Neste caso será na Librería Bahía en Ribadeo.

Desde Bahía remarcan o seu compromiso coas medidas de seguridade, por iso, os interesados...

leer más
Etiquetas:
18/07/2020

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición da súa campaña Comercio na Rúa, que terá lugar do 22 ao 24 de xullo.

Establecementos da vila ofrecerán interesantes descontos durante esas tres xornadas nas que exporán os seus artigos nas rúas da vila. As ofertas abarcarán todo tipo de produtos e servizos ofrecidos polos distintos locais adheridos a esta iniciativa. 

O presidente de CCA/ACIA Foz, José Carlos Paleo, sinala que “pouco a pouco temos que ir recuperando as actividades na nosa vila, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade. De aí que a vindeira semana contaremos cunha nova edición do noso Comercio na Rúa, unha cita clásica dos veráns en Foz”. 

Paleo engade que “será un bo momento para facerse con prendas e produtos de temporada a prezos moi...

leer más