San Ciprián

09/04/2026

A asociación Saúde Mental A Mariña organiza unha cea baile benéfica para o día 25 de abril, sábado. Será ás 21:00 horas na Praza dos Campos, de San Ciprián (Cervo) e estará amenizada por Discomóvil Conxuro.

“Xa podes mercar os tickets para acompañarnos neste gran día de celebración. Toma nota de onde o podes facer ata o 21 de abril: Restaurante O Noso Lar, de San Ciprián; Unidade Residencial A Mariña (Cervo); Residencia Resort Saúde Mental Cervo; e nos CRPL de Burela, Viveiro e Ribadeo”, anuncia a asociación organizadora, que tamén indica: “se non podes asistir ao evento pero queres colaborar podes contribuír mediante a Fila Cero”.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Cervo.

  

31/03/2026

O Concello de Cervo anuncia que se converterá “no epicentro dunha proposta cultural de gran singularidade coa inauguración, este mércores día 1 de abril ás 13:30 horas na Casa da Cultura de San Ciprián, da exposición Baleas a Flote: Arte en Madeira e Mar, de Francisco Martínez-Pin. O acto, aberto ao público, marcará o inicio dunha iniciativa que transcende o ámbito expositivo para se converter nunha auténtica viaxe pola historia, a arte e a defensa do medio mariño”. Esta mostra poderá visitarse durante todo o mes de abril.

Baleas a Flote constitúe o punto de partida do proxecto Tornaviaxe polo Cantábrico, un percorrido simbólico polos antigos portos baleeiros que unirá Galicia co País Vasco francés, recuperando a memoria colectiva das vilas mariñeiras e poñendo en diálogo o pasado co presente a través da...

leer más
30/03/2026

A terceira edición do Festival do Guioncho celébrase na Praza dos Campos, de San Ciprián (Cervo) este mércores, día 1 de abril.

Este evento está organizado pola Comisión de Festas de Lieiro, que anuncia: “xa está aquí o III Festival do Guioncho! O mércores 1 de abril na Praza dos Campos, de San Cibrao (Cervo). Prepárate para unha noite inesquecible con El Combo Dominicano e a xira WAYKAS Survivor Tour, ademais de DJ Pablo Conxuro poñendo o ritmo ata que o corpo aguante!”.

A entrada en venda anticipada ten un prezo de 10  euros e 12 euros en taquilla. A apertura de portas será ás 22:30 horas. Haberá servizo de autobuses e recinto con carpa.

 

Etiquetas:
30/03/2026

O Concello de Cervo anuncia: “esta Semana Santa temos Guateque de Arruguiñas! O martes 31 de marzo na Casa do Mar, de San Ciprián, ás 19:30 horas. Ademais haberá bingo e chocolate, da man do alumnado de II Bach en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil”.

É unha actividade do Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terramar.

Etiquetas:
24/03/2026

O Concello de Cervo anuncia a representación da obra teatral Aire fresco, a cargo do grupo Ardora, de San Ciprián, que terá lugar este domingo, día 29 de marzo, ás 19:00 horas no Local Social de Lieiro. A entrada será libre ata completar aforo.

A presentación do evento contou coa participación da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, da concelleira Mali Méndez, así como de membros da Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro, que organiza a actividade, e do elenco da obra, e celebrouse no propio local social onde terá lugar a representación.

O Concello de Cervo explica que “Aire fresco é unha comedia que, a través do humor, convida á reflexión sobre cuestións sociais de gran relevancia. A obra aborda como a crise da Covid puxo de manifesto problemas comúns da vida cotiá que a miúdo pasan...

leer más
13/03/2026

O Concello de Cervo anuncia que San Ciprián acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, “unha edición moi especial ao tratarse dun número redondo que celebra xa unha década deste encontro de música e cultura tradicional, que encherá de ambiente festivo a vila cun programa completo pensado para todos os públicos. A cita desenvolverase ao longo de toda a xornada e arrincará ás 12:00 horas cos Cantos de Taberna polos diferentes locais hostaleiros da vila. Ao mesmo tempo, entre as 12:00 e as 14:00 horas, haberá un obradoiro de cerámica. Ás 15:00 horas celebrarase o tradicional xantar popular, un dos momentos máis agardados da xornada para compartir mesa e festa. Pola tarde continuará a programación con máis actividades: de 16:30 a 18:30 horas, novo obradoiro de cerámica; ás 18:00 horas, obradoiro de iniciación ao baile tradicional a cargo de Iago de Vicente....

leer más
02/03/2026

O III Festival do Guioncho celebrarase o mércores 1 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, “consolidándose como unha das citas festivas máis destacadas do calendario local”, anuncia o Concello de Cervo.

O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, pola concelleira Mali Méndez e por membros da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, organización encargada do evento, que “contará cun cartel de primeiro nivel encabezado por El Combo Dominicano, a xira WAYKAS Survivor Tour da Orquestra Waykas, e DJ Pablo Conxuro, que será o encargado de pechar a noite. A entrada anticipada terá un prezo de 10 euros, mentres que en taquilla será de 12 euros. As entradas poderán adquirirse nos locais comerciais habituais ou o propio día do evento.
A apertura de portas está prevista para as 22:30 horas. O festival...

leer más
26/02/2026

A XXXIII edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 7 de marzo, en San Ciprián.

O Concello de Cervo anuncia que “para ese día están programadas diferentes actividades nas que o equinoderno será o eixo central, como homenaxe á tradición gastronómica local e á estreita relación da vila co mar. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; o concelleiro Adrián Arias, a edil Mali Méndez, e por representantes da hostalería local e da asociación Mistura, que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego. O programa arrincará ás doce do mediodía cun showcooking que poderá ser seguido en directo polo público asistente, que a continuación degustará as tapas elaboradas polos chefs participantes. Ademais a asociación Mistura tamén ofrecerá desde o mediodía unha degustación de ourizo cocido na mesma carpa...

leer más
Etiquetas:
25/02/2026

O Concello de Cervo anuncia que o dúo Eclipse porá a música para unha tarde noite “chea de ritmo, baile e bo ambiente” no novo Guateque de Arruguiñas. Será este sábado, día 28 de febreiro, desde as 19:30 horas na Casa do Mar, de San Ciprián.

Ademais haberá bingo e chocolate, da man do alumnado de II Bach en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo coa colaboración tamén da Asociación de Xubilados Terramar.

Etiquetas:
15/02/2026

O martes 17 de febreiro, o Entroido trasládase a San Ciprián, “cun gran desfile que dará comezo ás 18:00 horas desde a Praza dos Campos, percorrendo as principais rúas da localidade. Este desfile contará cunha ampla dotación de premios, repartidos entre as categorías individuais, parellas, grupos, comparsas e categoría xuvenil, cun total de 2.280 euros. A animación correrá a cargo da Charanga Os Macanudos, e ao remate da entrega de premios a música continuará con DJ Aaron. Ademais a A.C. Comisión de Festas de Lieiro instalará un posto de venda na carpa da Praza dos Campos con chocolate, sobremesas, bolos preñados e empanadillas contribuíndo a crear un ambiente festivo e gastronómico”, anuncia o Concello de Cervo.

As inscricións para participar no desfile realízanse na Casa da Cultura de San Ciprián, en horario de mañá, ata o luns 16 de...

leer más