Verán
O prazo de inscrición no Programa Corresponsables Campamento Urbano de Verán de Viveiro 2026 abrirá o martes 2 de xuño. O último día para presentalas será o venres 12. A actividade desenvolverase entre o 6 de xullo e o 28 de agosto no CEP Lois Tobío.
O Concello de Viveiro anuncia que as bases de selección e o modelo de solicitude estarán a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios dixital, na páxina web municipal e nas dependencias do Concello. Os formularios poderán presentarse a través da sede electrónica, aínda que tamén se admitirán solicitudes de xeito presencial no Rexistro municipal, onde se facilitarán os impresos correspondentes.
O campamento está dirixido a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2022 e desenvolverase de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.30 horas, con entrada flexible...
leer másO Concello de Xove, a través da súa Área de Muller e Igualdade, abre o prazo de inscición para o servizo de conciliación familiar Xove Concilia durante para este verán 2026. Todas as familias que precisen conciliar a vida laboral e familiar durante os próximos meses de vacacións escolares poderán inscribirse ata o 13 de xuño a través da Sede Electrónica do Concello de Xove ou da súa Oficina de Información Xuvenil.
Este é un servizo que o Concello de Xove realiza desde o ano 2015, e que progresivamente foi ampliado e mellorado. Actualmente desenvólvese pola empresa Sonaga Gestión, S.L., adxudicataria do procedemento licitado en 2025.
Segundo explican desde o Concello “no programa Xove Concilia o Verán aténdense arredor de 100 nenas e nenos de 3 a 10 anos de idade, o que significa axudar nas necesidade de...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e a Universidade da Coruña (UDC) organizan para o vindeiro mes de xullo un curso de verán baixo o título Emprender no sector turístico na Mariña Lucense, que se desenvolverá do 6 ao 9 de xullo en horario de 16 a 21 horas na antiga escola de San Cosme de Barreiros. Esta acción formativa, dirixida tanto ao alumnado universitario, como ao público en xeral e profesional, ten como obxectivo achegar coñecemento, habilidades e competencias profesionais interesantes de cara ao emprendemento.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “a través de obradoiros e diferentes dinámicas con profesionais do sector, traballarase en temas tan interesantes como a análise de competencia, o modelo de negocio, o descubrimento de clientes, a avaliación financeira, a estratexia e o posicionamento...
leer másA área de Igualdade do Concello de Barreiros organiza campamentos de verán para as crianzas nadas entre os anos 2010 e 2022, actividades que se desenvolverán desde o 23 de xuño ata o 4 de setembro de 9:30 a 13:30 horas no CEIP San Cosme.
O Concello de Barreiros anuncia: “no marco do programa + Concilia Barreiros vamos ofertar cobertura desde finais de xuño ata primeiros de setembro: do 23 ao 30 de xuño; campamentos en quendas de 15 días durante xullo e agosto; e en setembro do 1 ao 4”.
O prazo para presentar a solicitude está aberto e remata o día 1 de xuño. As bases e toda a información do programa poden consultarse na web municipal: ...
leer másO Concello de Foz abre o prazo de preinscrición para o programa de actividades Aberto x Vacacións, que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto.
O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández Neira, anuncia que o Concello de Foz “volta un verán máis co Aberto por Vacacións. Temos programado un verán cheo de diversións con actividades para nenas e nenos nadas/os entre os anos 2014 e 2022. Haberá actividades por todo o pobo e o campamento base será no CEIP O Cantel en horario de 10:30 a 13:30. E para para os que necesiten unha maior conciliación dispoñemos da opción Érguete, con inicio as 09:00 horas”.
A preinscrición realizarase a través do envío do formulario por sede electrónica ou presentando a documentación por rexistro no Concello. Toda a información está dispoñible na web...
leer másDo 21 ao 30 de abril estará aberto o prazo de preinscrición nos Campamentos de Verán do Concello de Ribadeo, que inclúen colonias urbanas no CEIP Gregorio Sanz e campamentos no albergue de Allariz (Ourense). Esta programación conta co respaldo do Plan Corresponsables, que está cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, anunciou que se trata dunha proposta que “responde ao compromiso municipal de ofrecer espazos seguros, inclusivos e educativos que contribúan ao desenvolvemento integral da rapazada, promovendo ao mesmo tempo a conciliación das familias”.
O edil ribadense explicou tamén que “as actividades están dirixidas a nenos, nenas e mocidade do municipio, ofrecendo alternativas de lecer educativo durante o...
leer másO Centro Social de Vilachá (Xove) será o escenario do Torneo de Verán de Bolos 2025, que se celebrará este xoves, 14 de agosto, a partir das 18:00 horas.
A competición está aberta a todas as idades e poderán participar tanto federados como non federados, fomentando así a participación de veciños e visitantes.
O evento conta coa organización e apoio do Concello de Xove, o Club de Bolos Xove e a Asociación de Festexos A Medorra, entre outros.
Este torneo ofrece unha tarde de deporte e diversión para manter vivo un xogo tan popular coma os bolos.
O Concello de Foz anuncia que o verán no municipio “concentra actividades de todo tipo e este ano as noites tamén terán contido para que rapaces e rapazas teñan alternativas para desfrutar. Estas actividades do programa Noites Alternativas desenvólvense a partir das dez da noite para mozos de 10 anos en diante”.
As Noites comezarán a vindeira semana, co fútbol sala 3x3 no Campo da Cabana, os días 7, 9 e 10 de xullo. O 28 e 29 será a quenda do lasertag. O wipeout será o 4, 6 e 7 de agosto. As seguintes actividades trasladaranse á praia da Rapadoira: os días 11, 12 e 13 de agosto haberá volei praia e o 18, 20 e 21 de agosto, fútbol praia; para rematar o 25, 27 e 28 co baloncesto 3x3 de novo no polideportivo do Campo da Cabana.
“Son deportes moi demandados e este ano incluímos como novidade o lasertag, un xogo moi...
leer másO Concello de Burela reforza a súa oferta turística para este verán cunha programación centrada na cultura mariñeira e nos recursos naturais do municipio. As rutas turísticas, xa activas, ofrecen diferentes opcións para coñecer o territorio desde perspectivas diversas, sempre co mar como fío condutor e sinal de identidade.
Entre as propostas destacan as rutas xa consolidadas, como a Xeolóxica, que permite descubrir a riqueza xeolóxica da contorna; a Mariñeira, centrada na historia e nas tradicións vencelladas ao mar; e a do Peixe, que inclúe a visita á lonxa e a posibilidade de presenciar en directo a poxa e venda do pescado, explica o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, que a destaca como “un elemento diferencial con respecto ao resto de experiencias”.
O Concello de Burela engade que “como novidade este ano...
leer másO departamento de Cultura do Concello de Foz está organizando un verán cheo de actividades. Este mércores inaugurouse a primeira exposición do verán nas salas do CENIMA: unha colección de obras pictóricas e escultóricas de Vicente Barreira e Esperanza Fontecha, que estará aberta de martes a sábado en horario de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 horas e domingos e festivos de 11.00 a 13.30 horas ata o 27 de xullo. “As exposicións Paisaxes e Obra Última, de Vicente Barreira e Esperanza Fontecha, son de visita obrigada para quen lle guste a arte”, destaca a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
A edil de Cultura anuncia tamén que “o ciclo Sons na Rúa cumpre dezaoito edicións enchendo de música local Foz todos os venres do verán en diferentes prazas do concello. Este venres comeza da man da Rondalla Latexos, a partir das...
leer más












