Verán
O Concello de Burela acollerá ao longo dos meses de xullo e agosto numerosas actividades deportivas e de ocio dirixidas á rapazada e a toda a veciñanza do municipio.
Por una banda, no día de hoxe deron comezo os campamentos de verán, que se desenvolverán no CEIP Virxe do Carme, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:30 horas.
O primeiro destes campamentos rematará o 12 de xullo, e os seguintes terán lugar do 15 ao 26 de xullo, do 29 de xullo ao 9 de agosto e do 12 ao 23 de agosto.
Por outra banda, o vindeiro luns, día 8 de xullo, a delegación de Deportes do Concello dará comezo ó programa Verán Burela 2024. Esta iniciativa prolongarase ata o 29 de agosto e incluirá xogos na praia os luns, rutas de senderismo os martes, happy dance os mércores, e rutas en biciceta os xoves.
As...
leer másO Concello da Pontenova organiza un campamento de verán para nenas e nenos de 3 a 14 anos. Será do 15 de xullo ó 16 de agosto (de luns a venres) de 10:00 a 14:00 horas.
As prazas son limitadas e a inscrición debe facerse na Casa do Concello ou a través do teléfono 982.34.22.77. O prazo estará aberto ata o 10 de xullo.
O Concello de Trabada informa da apertura da piscina municipal desde o luns, 1 de xullo, ata o 31 de agosto. Estará en funcionamento todos os días de 12:00 a 21:00 horas.
“Abrimos as instalacións despois das últimas reformas realizadas na zona exterior, renovando as plaquetas e a zona verde, ademais doutras actuacións nas duchas para ofrecer aos nosos veciños e veciñas as mellores instalacións posibles”, asegurou o alcalde de Trabada, Rubén García.
“Un espazo de ocio e lecer para toda a familia, agardamos que o tempo nos deixe disfrutar da piscina estes dous meses”, engade.
O Concello de Viveiro informa de que o luns 1 de xullo comeza a primeira quenda do campamento de verán, que se desenvolverá no pavillón do CEP Lois Tobío en horario de 08.30 a 14.30 horas con entrada flexible ata ás 10.00 horas.
Haberá catro quendas ata o 30 de agosto: do 1 ao 12 de xullo, do 15 ao 26 de xullo, do 29 de xullo ao 09 de agosto e do 12 ao 30 de agosto.
“Con este campamento buscamos favorecer a conciliación familiar. Deste modo os cativos e cativas gozan dunha alternativa de ocio saudable á vez que pedagóxica, na que se fomentan o xogo, o deporte e a expresión artística, ademais de valores como a convivencia ou o respecto entre iguais”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Coa chegada do verán é tempo de gozar das piscinas. A municipal de Alfoz estará aberta do 1 de xullo ao 31 de agosto en horario de doce da mañá a oito da tarde.
A entrada é libre a gratuíta.
O que se pretende é a través de percorridos, temáticas e localizacións diferentes tanto interior como de costa, amosar a súa riqueza cultural, ambiental, xeolóxica,etc…
Contaremos coas seguintes propostas, unha delas nova con respecto ás anteriores edicións, todas elas para realizar nos meses de xullo e agosto.
-De Flor en Flor. A vida dunha colmea. A través deste percorrido ponse en valor a importancia das abellas, xa non só coma produtoras do noso mel, se non tamén o valor queteñen para o noso ecosistema. A xerarquización interna que teñen na súa colmea e a identificación dos mesmos.
-O Fráxil fogar da Pillara das Dunas.Un percorrido para amosar o fráxil fogar deste paxariño e como todos podemos botar unha man para que poida seguir entre nós. Tamén faremos especial fincapé na importancia do coidado do...
leer másO Concello de Burela abre este mércores, 19 de xuño, o prazo de preinscrición para o seu programa de campamentos de verán e ocio para a cativada Somos Verán, que se desenvolverá do 1 de xullo ao 23 de agosto. O prazo estará aberto ata o venres, día 21 de xuño. As preinscricións poderán realizarse no correo electrónico gaia@burela.org ou na oficina do centro Gaia. Deberase entregar a documentación necesaria e o formulario que se pode atopar en...
leer másO Concello de Ourol organiza unha Ludoteca de Verán para nenas e nenos de 4 a 12 anos, empadroados no concello. Esta actividade vaise a desenvolver no pavillón polideportivo municipal, inicialmente durante o mes de xullo (de 10:30 a 13:30 horas de luns a venres) e poderase prorrogar un mes máis en caso de concesión da subvención solicitada á Xunta de Galicia para este fin, anuncia o Concello.
As persoas interesadas poden obter máis información a través dos teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.
Haberá tamén un servizo de conciliación para aquelas familias que acrediten a necesidade del. Será de 8:00 a 10:30 e de 13:30 a 14:00 horas Para máis información e solicitudes deste servizo deben dirixirse á Casa da Cultura ou chamar ó teléfono 982.55.90.19.
O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán para coñecer os atractivos patrimoniais e xeolóxicos da vila.
Haberá tres xeorutas distintas, A Marosa, O Perdouro e O Cantiño, e entre os meses de xullo, agosto e setembro organizaranse un total de vinte rutas guiadas, todas con saída dende a Oficina de Turismo, con prazas limitadas e reserva necesaria con sete días de antelación.
A ruta da Marosa e a do Cantiño, de 7,8 e 6,4 quilómetros, son de dificultade baixa, mentres que a do Perdouro, que percorre o conxunto de dobramentos mellor conservado de Galicia, é de dificultade media, cun percorrido de 3,2 quilómetros.
Na propia vila tamén haberá a posibilidade de disfrutar de...
leer másO Concello de Cervo programa para este verán unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que arrincará o luns 24 de xuño e desenvolverase ata o 10 de setembro. Este programa, que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas neste tempo de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias. Estenderase durante todo o período de vacacións escolares, en horario de 8:30 a 14:30 horas.
As inscricións están a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 20 de xuño.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, explica: “cremos que este programa, que está máis que consolidado xa no noso concello...
leer más