Verán
O Concello de Barreiros organiza un ano máis un programa de roteiros para os meses de xullo e agosto, cos que pretende dar a coñecer ás persoas visitantes perspectivas diferentes do municipio, “amosando a grande diversidade que conflúe no seu territorio”.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “estas rutas están deseñadas para promocionar as partes menos coñecidas do municipio, poñendo en valor paisaxes e actividades propias do territorio e fundamentais no desenvolvemento de Barreiros. O que se pretende é que quen nos visite poida coñecer realmente a onde está vindo e a vida ambiental, social e económica que hai en Barreiros, lonxe de promocionar unha imaxe asociada puramente ao turismo tradicional de sol e praia. Así, estas andainas lévannos á costa, quizais unha parte moi coñecida, pero poñendo o foco no inmenso valor ambiental que se...
leer másO Concello da Pontenova organiza un campamento de verán, que se desenvolverá desde o día 14 de xullo ata o 14 de agosto de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
E para nenas e nenos de 3 a 14 anos de idade. Hai límite de prazas (50 por orde de inscrición) e o prazo para apuntarse -na Casa do Concello ou a través do teléfono 982.34.22.77- está aberto ata o 10 de xullo.
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; e a concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Cecilia Duarte, presentaron o novo programa de rutas guiadas da empresa Rutas Galicia Norte, unha iniciativa turística e educativa que invita a veciños e visitantes a coñecer a riqueza natural, cultural e histórica do municipio. Serán os seguintes días: venres 18 de xullo, Ruta dos Muíños da Rigueira, xoves 24 de xullo, Acantilados de papel; xoves 7 de agosto, San Tirso de Portocelo; e xoves 21, Esteiro de Xove.
O proxecto impulsado pola área de Turismo e Medio Ambiente, inclúe unha serie de percorridos a pé por paraxes naturais, sendeiros tradicionais e puntos de interese turístico. Estas rutas estarán acompañadas por un guía especializado, Boris Vilar Vidal, que ofrecerá explicación sobre a flora, fauna, xeoloxía e patrimonio local, promovendo o respecto...
leer másO Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa Enredando no verán, unha proposta educativa e lúdica que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto, con actividades pensadas para as crianzas e a mocidade.
A iniciativa terá lugar en diferentes ubicacións, e inclúe clases, obradoiros e dinámicas que combinan aprendizaxe, emocións, expresión artística e benestar.
As actividades estarán repartidas por franxas de idade e ofreceranse de luns a venres, incluíndo: clases de debuxo e teatro os xoves pola mañá, para crianzas de entre 3 e 12 anos (comeza o 17 de xullo); talleres de emocións con Tila e Vilma, os martes (adaptados a distintos grupos de idade); sesións de lingua de signos, tamén con Tila e Vilma, os venres; clases de ioga, todos os martes e mércores, enfocadas ao benestar...
leer másO Concello de Alfoz arrinca un verán cargado de propostas lúdicas, culturais e turísticas pensadas para o goce de veciños e visitantes de todas as idades. As actividades, totalmente gratuítas, estanse a desenvolver xa dende o mes de xuño e continuarán ao longo de todo o verán.
O luns 30 de xuño dará comezo unha nova edición do Ludiverán, o programa de conciliación e lecer infantil que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto, con xogos, obradoiros e actividades ao aire libre para os máis pequenos.
O 1 de xullo abrirá as súas portas a Piscina Municipal de Alfoz, “un espazo moi agardado cada tempada estival, perfecto para refrescarse e compartir tempo en familia ou entre amigos”.
Dentro da oferta turística, continúa o programa Polos camiños do Mariscal, cun novo roteiro o...
leer másO Concello de Ourol organiza un ano máis a Ludoteca de Verán dirixida a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos de idade. Levarase a cabo durante os meses de xullo e agosto en horario de 10:30 a 13:30.
Contará cun servizo de conciliación dende as 8:30 e ata as 14:00 para aquelas familias que o necesiten (para máis información deben contactar coa Casa da Cultura ou no teléfono 982.55.90.19).
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 16 de xuño de 2025.
Para máis información e inscricións poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982.55.90.19/677.48.94.57).
O campamento de verán do Concello de Viveiro, enmarcado no Programa Corresponsables, desenvolverase en catro quendas entre o 30 de xuño e o 29 de agosto. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 30 de maio e o 6 de xuño e os interesados poderán apuntarse tanto a través da sede electrónica como, de xeito presencial, no Rexistro do Concello.
A iniciativa está dirixida a nenos e nenas nacidos entre 2009 e 2021. Terá lugar no pavillón do CEIP Lois Tobío, en horario de 8.30 a 14.30 horas, con entrada flexible ata as dez da mañá. Ofertaranse cen prazas e haberá catro quendas quincenais: do 30 de xuño ao 15 de xullo; do 16 de xullo ao 1 de agosto; do 4 ao 14 de agosto; e do 18 ao 29 de agosto.
Os interesados poderán participar tanto durante os dous meses como nas quendas quincenais que estimen oportunas. As...
leer másO Concello de Cervo programa para este verán unha nova edición do programa Cervo Concilia, que arrincará o luns 23 de xuño.
Este programa municipal, totalmente gratuíto, “está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e componse dun completo calendario de actividades multidisciplinares, educativas e lúdicas, adaptadas ás diferentes franxas de idade, pensadas fundamentalmente para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante os meses de verán; pero tamén para entreter ás crianzas neste tempo de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe. Prolongarase durante todo o período de vacacións escolares, en horario de 8:30 a 14:30 horas”, explica o Concello de Cervo.
As inscricións están a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata...
leer másO Concello de Xove, a través do Departamento de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, e do seu servizo de conciliación denominado Xove Concilia, vén de abrir as inscricións, ata o vindeiro 7 de xuño, para o programa Xove Concilia Verán 2025. Ofrece un servizo de conciliación familiar para a veciñanza con nenos e nenas de 3 a 10 anos desde o 23 de xuño ó 5 de setembro, ambos incluídos, desde as 8:45 ás 14:15 horas.
“O servizo, levado a cabo por monitoras e monitores profesionais, contará con actividades lúdicas e educativas de calidade, que promoven valores saudables na ocupación do tempo libre durante o período das vacacións escolares de verán”, destaca o Concello de Xove, que engade: “a conciliación e a corresponsabilidade nos usos do tempo son eixes principais e transversais nas políticas sociais do municipio,...
leer másDesde o día 23 de xuño ata o 5 de setembro desenvolveranse os campamentos de verán que organiza o Concello de Barreiros, dende a súa área de Igualdade, como medida de conciliación para as familias. As inscricións estarán abertas ata o 27 de maio. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro xeral do Concello de Barreiros. Tamén poderán presentarse a través da sede electrónica municipal.
Estes campamentos de verán son para crianzas nadas entre o 01/01/2013 e o 31/12/2021. Desenvolverase nos días laborais dos seguintes períodos: do 23 o 30 de xuño; do 1 de xullo do 2025 ata o 31 de agosto, en quendas de 15 días naturais; e do 1 o 5 de setembro do 2025.
O Concello de Barreiros explica que “para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30 horas, para aquelas...
leer más












