Certámenes
La galería ribadense Terra Branca convoca el 8º Concurso de Cartas de Amor.
El propietario y director del establecimiento, José Ramón Leal, comenta que “para participar lo único que hay que hacer es escribir una romántica, peculiar o divertida carta de amor. Puede ser de amor a tu pareja, de amor a tu familia, a tus pasiones, a la vida, a tu tierra, etc... La obra debe ser obligatoriamente un original de su autor y no ocupar más que la cara de un folio a doble espacio”.
Leal añade que “la carta puede ser en gallego o castellano. No hay límite de cartas por participante. Las obras que no cumplan con dichos requisitos serán automáticamente descalificadas. Los originales deben enviarse por correo postal o electrónico con todos los datos del autor o entregarla directamente antes del 14 de febrero en: Terra Branca,...
leer másA Biblioteca Pública Municipal de Burela acaba de fallar o Certame de Postais de Nadal. Os premios serán entregados en vindeiras datas na Sala de Arte da Casa da Cultura. A exposición de todas as postais presentadas ao Certame pode visitarse en horario, de luns a venres de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas ata o vindeiro 21 de xaneiro na Sala de Arte da Casa da Cultura .
Os gañadores, desta edición do Certame, foron os seguintes :
+ EDUCACIÓN INFANTIL:
-1º Premio: ALDARA NIÑEZ GÓMEZ (4 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
-2º Premio: LEO ÁLVAREZ PERNAS (3 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-3º Premio: MARTINA MASEDA GARCÍA (5 anos) CEIP VIXE DO CARME.
+1º e 2º de PRIMARIA:
-1º Premio: PEDRO COCIÑA LESTAO (6 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-2º Premio: BELLA VALENTINA QUIROZ HUAMAN ( 7 anos) CEIP VIRXE DO CARME.
-3º Premio: MARÍA QUINTANA...
A Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela acolle unha exposición de postais de Nadal ata o 21 de xaneiro.
A mostra pode visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
É unha iniciativa da Biblioteca Pública Municipal e da Delegación de Cultura do Concello de Burela.
Co obxecto de contribuír ó ambiente de Nadal nas rúas da vila nestas datas tan sinaladas, o Concello do Valadouro organiza o II CONCURSO DE BALCÓNS, VENTÁS, FACHADAS E ESCAPARATES da Vila de Ferreira.
O prazo de inscrición será dende o día 17 de decembro ó 23 de decembro de 2021, ás 20:00 horas. A decoración de balcóns, ventás, fachadas e escaparates deberán estar expostos, polo menos, entre os días 23 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022.
PREMIOS:
1º PREMIO: 300 €.
2º PREMIO: 250 €.
3º PREMIO: 200 €.
4º PREMIO: 150 €.
5º PREMIO: 100 €.
Consulta as bases e descarga o modelo de inscrición aquí
https://cutt.ly/FY177oI
José Luis Llano Murias, asturiano natural do municipio de Boal e afincado actualmente en Navia, é o gañador do certame fotográfico por Gráficas LAR, de Viveiro, para o seu calendario do ano 2022, que xa está editado. Nas anteriores edicións deste concurso o premio, de 300 euros en metálico, foi para fotógrafos de México, Bilbao e Alicante.
O inicio do Calendario LAR remóntase ao ano 2010 cunha variada galería do destacado fotoxornalista galego Xosé Abad. Nas súas primeiras edicións a autoría das fotos do calendario decidíase entre amigos e colaboradores da imprenta Gráficas LAR sen existir un certame. Desta forma participaron fotógrafos profesionais como Xulio Villarino (2011) e Jaime Pola (2017), afeccionados como José López (2012), Eugenio Álvarez (2013) e Dani KXT (2016) e mesmo houbo colaboracións coa asociación de fotógrafos...
leer másA Fundación Imdecum convoca a décimoprimeira edición do Festival Audiovisual da Mariña Imaxina 2021, co apoio da Vicepresidencia e Área de Cultura da Deputación de Lugo. O obxectivo é aflorar as inquedanzas culturais dos estudantes e diferentes colectivos da Mariña lucense. As fotografías e vídeos a concurso poden presentarse ata o día 30 de decembro, ás 00:00 horas.
Poderán participar todas aquelas persoas que estean cursando estudos de formación (ESO, ESA, Bacharelato ou ciclos formativos) durante o ano académico 2021-22 nos institutos Monte Castelo e Perdouro de Burela, Dionisio Gamallo de Ribadeo, Marqués de Sargadelos de San Ciprián, Vilar Ponte e María Sarmiento de Viveiro, Illa de Sarón de Xove, Alfos-O Valadouro e Foz. Ademais está dirixido aos usuarios e usuarias da Fundación Eu Son, Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e Asociación...
leer másO Concello de Xove organiza un concurso de escaparates de Nadal, ao obxecto contribuír á promoción do comercio local, promover a creatividade dos establecementos e incentivar que os establecementos comerciais de Xove decoren os seus escaparates con motivos de Nadal de cara ás próximas festas, de maneira que sexan máis atractivos para a veciñanza e clientela, á vez que contribúan a crear un especial ambiente festivo na rúa.
Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos comerciais situados en Xove. A folla de inscrición deberá presentarse no Rexistro de Entrada do Concello antes das 14:00 horas do día 9 de decembro. O tema debe gardar relación co Nadal. Os establecementos participantes terán total liberdade en canto á técnica e ao estilo. Os escaparates deberán estar preparados o día 9 de decembro ás 24:00 horas. Os...
leer másO Concello de Lourenzá convocou o concurso de postais para escoller a que servirá como felicitación municipal e será publicada na páxina web e nas redes sociais do Concello.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que este certame, dotado cun único premio de 100 euros e trofeo, “está dirixido aos escolares de Educación Infantil e Primaria do concello. O prazo de presentación das obras, que irán acompañadas dun sobre pechado cos datos persoais do autor/a, rematará o 17 de decembro e deben entregarse nas dependencias da Biblioteca Municipal”.
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai uns días unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, establécense cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha concédense tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro; ademáis, unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello como felicitación das festas de Nadal 2022/2023.
Cada concursante pode presentar un ou máis traballos a este Concurso, co cal terá máis opcións de gañar algún dos premios, iso sí, ningún...
leer másO Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, vén de convocar a XXII edición do concurso de postais de Nadal que está dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.
Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.
Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos. O prazo de recepción remata o 26 de novembro. E o fallo do xurado farase público 29 de novembro...
leer más