Certámenes
La galería ribadense Terra Branca convoca la novena edición del Concurso de Cartas de Amor.
José Ramón Leal, propietario de Terra Branca, anima a participar en esta consolidada cita: “solo tenéis que escribir una romántica, peculiar o divertida carta de amor a vuestra pareja, a vuestra familia, a vuestras pasiones, a la vida, a la tierra, a vuestras mascotas… la obra debe ser obligatoriamente un original de su autor y no ocupar más que la cara de un folio a doble espacio. Las cartas que no cumplan dichos requisitos serán automáticamente descalificadas. No hay límite de cartas por participante.
Y pueden estar redactadas en gallego o castellano”.
El premio será una magnífica figura de cerámica gallega. Tras la deliberación del jurado formado por Mariángel Leal (artista), Isabel Buján (fotógrafa) y José Ramón...
leer másSegundo explican desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro “poden participar todos os veciños e todos os establecementos comerciais e de servizos que decoren a súa fachada, balcón, escaparate ou interior do local.
Haberá 300 euros en premios para a Categoría de Veciños e outros 300 euros para a de Comercios.
As persoas ou establecementos interesados en participar poden consultar aquí as bases ou en www.viveirocentro.com ou obter máis información chamando ao 982550707, enviando un WhatsApp +34 650 50 67 17 ou escribindo á seguinte dirección de correo electrónico info@viveirocentro.com
O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.
Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.
Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.
O prazo de recepción remata o 9 de decembro. E o fallo do xurado farase público o 12 de decembro...
leer másO Concello de Lourenzá convoca o concurso de postais Nadal 2022, dirixido aos escolares de Infantil e Primaria do concello. O tema do concurso é O Nadal de Don Paco, en referencia ao escritor laurentino Francisco Fernández del Riego, ao que se lle dedicará o próximo Día das Letras Galegas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “a técnica será libre e as obras deberán presentarse nunha cartolina A4. O prazo de entrega dos traballos remata o 16 de decembro. Establécese un primeiro premio, dotado con 75 euros e trofeo; e tres accésits, dotados con 25 euros e diploma. A postal gañadora será empregada polo Concello como felicitación de Nadal. As bases completas serán repartidas no CEIP Juan Rey e tamén se poden consultar na Biblioteca Municipal”.
Desde a Concellería de Cultura agradecen de antemán a...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Medioambiente convocou a comezos do verán o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso houbo unha única categoría. O xurado, composto polo fotógrafo xovense Santos Cordovilla e o fotógrafo de El Progreso José María Álvez acordou otorgar os seguintes premios:
Primeiro premio de 120 €uros: Dº DAVID MARIÑO BOUZA coa obra “PLAYA DE REBOEIRA“.
Segundo premio de 100 €uros: Dº ANTONIO HERRERA HUERTA coa obra “RESCATE EN SARÓN“.
Terceiro premio de 90 €uros: Dº GERMÁN PALEO NAVARO coa obra “ NÉBOA NO RONCADOIRO“.
Cuarto premio de 75 €uros: Dº MARÍA...
leer másA organización do concurso FotoLAR 23 -representada por membros da imprenta Gráficas LAR, de Viveiro- acaba de anunciar o gañador da última edición deste certame de fotografía, especializado na temática fauna. E o premiado é Nafis Ameen, de Bangladés.
O premio, ademais de 300 euros en metálico, implica a autoría do próximo calendario da imprenta Gráficas LAR: o Calendario LAR 2023, que será ilustrado con doce sensacionais imaxes de fauna do sur de Asia e publicarase antes do Nadal.
Nesta edición do concurso recibíronse 60 diferentes galerías de todo o planeta, das que a organización do certame elixiu a cinco candidatos. Finalmente foi o xurado, formado polos autores dos sete calendarios anteriores, o que colocou a Nafis Ameen en primeiro lugar.
A organización do concurso destaca que “...
leer másYoutubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruñaco obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, abre o prazo de inscrición para a sexta edición dos seus premios. As bases que rexen esta nova convocatoria, os seus obxectivos, os datos de participación da última edición e o xurado que decidirá os galardóns en xaneiro foron as novidades que se anunciaron en Pontevedra nunha rolda na que participaron o concelleiro de Normalización Lingüística do Concello Pontevedra, Alberto Oubiña; a concelleira de Cultura de Rois, Victoria Quiroga; o concelleiro de Normalización Lingüística de Moaña, Aldán Santamaría, e a vicerreitora de...
leer másO Concello de Burela entregou os premios do VI Certame Internacional de pintura mural Amarte, do que saíu vencedor o madrileño Paulino Borreguero. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o edil de Cultura, José Díaz, fixeron entrega do galardón, con 1.600 euros para o primeiro premio, ao mural titulado "El cazador cazado".
Oniel Rodríguez, de orixe cubano, fíxose co segundo premio, valorado en 800 euros, coa súa obra "Adiós para siempre", e o terceiro premio de 500 euros foi para o salmantino Jorge Aka Nego, por "El nudo y el marinero".
A entrega de premios á que asistiron distintas autoridades e representantes da Asociación Ledicia foi o colofón final desta Feira do Bonito que marcou un récord de asistencia e que estreou o título acadado no 2019 como Feira de Interese Trístico Nacional.
A...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Burela vén de facer pública a lista cos 9 finalistas do certame de pintura mural “Amarte”, o que califican de máis internacional de todas as edicións. Os artistas seleccionados comezarán a plasmar as súas obras sobre o muro da explanada portuaria a partir do xoves 4 de agosto e ata o domingo día 7, coincidindo como xa é habitual coa celebración da Feira do Bonito.
Desde o Concello destacan a alta participación deste ano, con 80 propostas presentadas a concurso dn total de 10 países distintos. A decisión do grupo de finalistas foi tomada entre o persoal de cultura e tres artistas participantes de edicións anteriores e con dilatada experiencia no mundo do graffiti e da pintura acrílica: David Catá, presidente do xurado nas últimas dúas edicións tanto da final como da preselección de propostas; Marcos...
leer más