Deportes

Etiquetas:
25/08/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o seu andareiro de despedida do verán o vindeiro domingo, 1 de setembro.

A xornada constará de dúas partes, pola mañá un percorrido pola ruta do ferrocarril na Pontenova e pola tarde un descenso en piragua polo Eo. O día rematará cunha espicha en San Tirso de Abres. A saída será ás 8:30 horas de Ferreira e ás 9:00 de Foz.

Para participar é obrigatorio anotarse e as persoas interesadas poden facelo nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 017, ou a través do correo electrónico ossesndeiros@yahoo.es. O prezo é 40 euros para os socios federados, 44  euros para os socios non federados e 48 euros para os non socios. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición remata o día 25 de agosto.

A organización...

leer más
Etiquetas:
23/08/2019

O Praias de Barreiros bota a andar. O clube barreirense comezou os adestramentos de cara á próxima tempada 2019/2020 coa novidade da posta en liza por primeira vez dun equipo senior femenino.

O fútbol sala volveu ó Pavillón Municipal de Barreiros tralo parón estival, o pasado luns iniciaron a súa preparación os rapaces de Juan Antonio Fernández, que competirán unha tempada máis na Terceira División Nacional. Tras anunciar nas pasadas datas as renovacións do groso da plantilla que rematou a pasada campaña nunha meritoria novena posición no seu debut na categoría, os barreirenses deron comezo á pretempada con varios xogadores a proba e co punto de mira fixado no primeiro partido oficial que disputarán o próximo sábado, 24 de agosto, no Pavillón Municipal cando se enfronten ó Xove FS (20:00 horas) na eliminatoria correspondente ós...

leer más
Etiquetas:
23/08/2019

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia patrocina a 57 edición da Travesía Náutica de Foz, que este domingo, 25 de agosto, aspira a reunir a arredor de 400 piragüistas de distintos clubs galegos e asturianos.

A travesía Ría de Foz é unha das probas máis lonxevas do calendario deportivo, e inclúe competicións para as modalidades K-1, K-2, C-1 e C-2, nas categorías cadetes, xuvenís, senior e veteranos,  todas en distancias de 1200 metros. Nas competicións participan tanto mulleres como homes.

O delegado aproveitou a súa intervención para gabar o traballo que desenvolve o club Kayak de Foz, anfitrión do encontro, que se destaca por ser berce de palistas moi destacados como o campión galego Xoel García (campión de España xuvenil e que recentemente participou no mundial de Bulgaria) ou Iago García (que...

leer más
Etiquetas:
20/08/2019

No Concello de Burela presentouse hoxe a cuarta edición do Torneo Burela Bonita de fútbol sala que terá lugar do 23 ao 25 de agosto no pavillón Vista Alegre. Participarán o Palma, o Parrulo e o Burela Pescados Rubén. Celebrarase tamén un triangular xuvenil destes equipos e o domingo haberá unha fila cero con fins solidarios, xa que a recadación irá destinada á loita contra o cancro.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey contou que “no Concello de Burela vimos de presentar a cuarta edición do Torneo de fútbol sala Burela Bonita que organiza o Concello en colaboración co Burela FS. Este ano imos contar con tres equipos de División de Honor que van ser o Parrulo, o Palma e o Burela FS. Ademais este torneo servirá como presentación do equipo masculino ante a súa afección. É un ano ilusionante porque volvemos á Primeira División”....

leer más
Etiquetas:
20/08/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro pola ruta dos Nazarenos, en Foz, este sábado, 24 de agosto.

A saída será ás 9:00 horas da praza do Concello.

Para participar é obrigatorio anotarse e as persoas interesadas poden facelo nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 017, ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prazo de inscrición remata o venres 23 de agosto. O prezo é de 3 euros para os non federados.

A ruta, cun nivel de dificultade medio, comeza en Foz, pasa polo Santo e Fazouro e volve rematar en Foz. A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, auga e algo de comida.

O Concello de Foz colabora coa organización deste evento.

 

Etiquetas:
18/08/2019

Quedan uns días para inscribirse na III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que se celebrará o día 24 deste mes, sábado.

Desde a organización, que corre a cargo do Club Atletismo Ribadeo, explican que “fican uns días para que se dispute a III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que celebrará o sábado 24 de agosto, vencellando as vilas de Rinlo e Ribadeo na proba absoluta, de 8,7 quilómetros. O evento dará comezo ás 20:00 horas para as categorías dos cativos até alevín diante do Concello de Ribadeo e na contorna do Parque de San Francisco. Os infantís e cadetes terán a súa saída dende a Illa Pancha ás 21:30 horas, mentres que a proba absoluta será ás 21:45 horas dende a Praza de Santa Catalina, en Rinlo”.

Os organizadores deste evento deportivo engaden que “haberá trofeos para todas as categorías, incluíndo á derradeira...

leer más
Etiquetas:
16/08/2019

As Concellerías de Turismo e Deportes  organizan unha serie de actividades para nenos e nenas que se desenvolverán nesta segunda quincena de agosto. Mañá, sábado, na praza da Mariña terá lugar o Wipe Out, os días 20 e 21 haberá fútbol 3x3, o venres 23 a Festa da Auga e o día 31 Láser Combat. As inscricións poderán facerse na Casa da Xuventude ou ata unha hora antes do inicio da actividade.

O edil Ramiro Fernández Rey, anunciou que “desde a Delegación de Turismo e Deportes do Concello de Burela imos apostar nesta segunda quincena de agosto por unha serie de actividades para os nenos que van empezar no día de mañá. Este sábado imos ter uns xogos de inchables na praza da Mariña, a partir das cinco e media para nenos e nenas maiores de 8 anos. É unha actividade totalmente gratuíta e van poder participar facendo equipos de tres a seis persoas...

leer más
Etiquetas:
13/08/2019

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta de sendeirismo por Barqueiro-Bares para este sábado, 17 de agosto.

A saída será, ás nove de mañá, da estación de autobuses de Burela.

As persoas interesadas poden anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do mércores 14 de agosto, ás 15:00 horas. O prezo é 10 euros para os socios, e 15 euros para os non socios. Inclúe autobús e seguro.

A ruta ten un percorrido de 12 quilómetros e un nivel de dificultade baixo.

Etiquetas:
09/08/2019

O Cámping A Gaivota de Barreiros traballa para poñer en marcha unha escola de surf e unha surf camp para estes deportistas (aloxamentos singulares para surfistas). O propietario destas instalacións, Celso Dourado, anuncia que este proxecto verá a luz en setembro. 

Dourado explicou que “dende o Cámping A Gaivota levamos un tempo traballando na creación dunha escola de surf e paralela a ela a creación dunha surf camp, que serían unha serie de aloxamentos na súa maioría móbiles pensados única e exclusivamente para os surfistas”.

O xerente e propietario do Cámping A Gaivota, de Barreiros, dixo que “é unha idea que nos estivo a roldar durante os últimos anos, dada a enorme afluencia de surfistas que temos no noso cámping porque xusto diante del se dan as condicións idóneas para a práctica deste deporte. Son un pouquiño...

leer más
Etiquetas:
07/08/2019

Os Sendeiros, coa colaboración do Concello de Foz, organiza a décima edición da súa marcha nocturna en Foz para o día 14 de agosto, mércores. Sairán ás 22:00 horas desde a Praza do Concello para rematar xunto á praia da Rapadoira, onde haberá chocolatada e churros gratis para os participantes.

Os interesados poden inscribirse a través dos teléfonos 606.79.41.10 ou 670.36.90.17 ou ben enviando un correo electrónico a ossendeiros@yahoo.es. O prazo para apuntarse remata o 12 de agosto, luns.

Os participantes deberán levar lanterna ou farol.