Deportes
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza un paseo fluvial polo río Landro, en Viveiro, o domingo 16 de maio.
A saída será, ás 10:00 horas, da Estación de Autobuses de Burela e o desprazamento realizarase en coches. Para participar non é necesario anotarse.
A organización informa que é unha ruta moi recomendada para os nenos e ten unha lonxitude de 7´79 quilómetros bordeando o río Landro, declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).
Haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.
O Concello ultima os preparativos do I Half Triatlón Ribadeo que se celebrará o vindeiro 15 de maio. O edil de Deportes, Jorge Díaz, salienta a importancia desta proba nacional e o impacto económico que pode ter dado o alto nivel de participación.
O concelleiro ribadense lembrou que “o vindeiro 15 de maio se fará, por primeira vez, un triatlón de carácter nacional, a través tanto da Federación Galega como da Federación Nacional. O Concello colabora intensamente coa organización. É un percorrido moi transversal no senso de que toca o ámbito tanto urbano como practicamente todas as parroquias polas que pasa ou ten influencia, incluso ten bastante influencia noutros concellos como Barreiros e Trabada”.
O edil de Deportes explicou que “a proba sae dos Bloques, ese entorno tan característico da ría de Ribadeo, aí faise...
leer másA delegación na Mariña da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizará roteiros saudables os mércores en Burela.
Previr o cancro, xestionar o cansazo e gañar en saúde serán os obxectivos dunhas camiñadas que darán comezo o mércores 12 cun roteiro que partirá da Casa do Concello e terminará na área recreativa de O Cantiño. Dará comezo ás once da mañá e cubrirá un percorrido de 4,6 quilómetros.
A iniciativa é gratuíta e pódese obter máis información no teléfono 982 250 809 ou no correo electrónico lugo@aecc.es.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polas Fontes e os Regos de Riotorto, que terá lugar o 16 de maio.
A saída será ás 9:00 horas de Foz (diante de Cenor) e de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 14 de maio nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 3 euros para o socio non federado e 4€ para o socio temporal. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización informa que a ruta ten un lonxitude de 8 quilómetros e un nivel de dificultade medio. Ademais recomenda levar equipo de sendeirismo, mascarilla e xantar. O desprazamento farase en coche.
Se o tempo o permite os participantes xantarán no remate da ruta e pola tarde farán a que...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora, a través da área de Deportes, coa Asociación Motorista Lucense na organización da Ruta Castrexa, que se celebrará o 29 de maio.
A proba, que puntúa para a Copa de España de Mototurismo, conta cun percorrido de 450 quilómetros, con punto de saída e chegada en Lugo e cun itinerario que percorre distintas comarcas, seguindo o trazado de diferentes rutas xacobeas.
Ao longo do percorrido establécense dez puntos de selado e fotografía, lugares nos que as moteiras e moteiros terán que parar e selar os seus pasaportes de ruta para acreditar que completan a proba.
Os puntos de paso obrigado para as persoas participantes son o Museo Juan López Mella -na cidade de Lugo-,O Cebreiro, Sarria, Portomarín, Friol, o Castro de Viladonga -no concello de...
leer másA ACD Xove organiza unha xornada de actividade multiaventura, que terá lugar o 9 de maio no RoqPark de Viveiro. Está pensada para nen@s e rapaces- zas, dende 1°de Primaria a 2° de BAC.
As actividades serán: circuitos árbores + Karts a pedais, con competicións e carreiras por equipos.
A inscricións poden facerse ata o 6 de maio en www.acdxove.com
Desde a ACD Xove sinalan que “a idea é a de pasar toda unha xornada no RoqPark, así como no Monte San Roque, con posibilidade tamen de organizar unha ruta de senderismo familiar (pais/ fillos), con subida o Penedo do Galo. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono: 618 97 61 59”.
O Pescados Rubén Burela FS defenderá o seu doblete de Copa de S.M. da Raíña estreando a final a 8 de Las Rozas con arrecendo irmandiño, co Ourense Envialia como o primeiro obstáculo, o venres 30, en cuartos. Así o decidiu o sorteo puro celebrado na Cidade do Fútbol de Las Rozas, nun acto que contou coa presenza da seleccionadora nacional, Claudia Pons, e da colexiada Sara Gutiérrez.
Os partidos de cuartos de final xogaranse o venres 30 de abril. As semifinais fixaranse o sábado 1 de maio, mentres que o domingo día 2 queda reservado para o partido decisivo.
Os afeccionados poderán seguir todos os partidos da competición por Teledeporte, xa sexan televisados ou a través da páxina web de RTVE.
El Pescados Rubén Burela FS repite semana como local este sábado, con nueva emoción de derbi en Vista Alegre. Las Guerreiras Laranxas recibirán al Ourense Envialia FSF en la jornada 5 de la segunda fase, en busca del play off. La cita, prevista para las 19.00 horas, podrá seguirse en directo por TVG2, y será aperitivo de Copa de S.M. La Reina (Las Rozas, 30 de abril-2 de mayo), con protagonismo de duelo irmandiño el viernes 30, en el último cuarto.
Taquilla, 50 entradas disponibles
La taquilla de la Bombonera se habilitará mañana desde las 18.15 horas, con 50 entradas a la venta: 15 €/no soci@s y 10€/soci@s sin abono.
Casi un mes después de la victoria mariñana en Os Remedios (1-4), vuelven a verse las caras Pescados Rubén y Envialia. Las de Julio Delgado llegan a la cita, en la zona...
leer más












