Eventos

10/12/2024

O Concello de Alfoz entrega os premios da vixésimo segunda edición do concurso de postais de Nadal e ofrece o espectáculo O Apalpador e as palabras perdidas este sábado, día 14 de decembro. Será ás 19:00 horas no salón de actos municipal e haberá un agasallo para todas as nenas e nenos asistentes.

 “O Apalpador e as palabras perdidas é un espectáculo de teatro actoral, monicreques, hologramas música e moito agarimo. Un espectáculo que non deixará indiferente a ninguén e no que os xogos tradicionais e as palabras perdidas serán grandes protagonistas. Ben é sabido que O Apalpador baixa cada ano dende o Courel para traer castañas e agasallos e dende que coñeceu á nena sen medo tamén coñeceu novas palabras; palabras en galego, mais algunhas van esquecéndose mesmo para el. Un retorno ao pasado faranos lembrar. Buscaremos,...

leer más
Etiquetas:
09/12/2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ano máis a presenza de tradición propias nas datas de Nadal co espectáculo “A apalpadora”, que se representará en 40 localidades ao longo deste mes de decembro.

O alumnado dos colexios de Cervo e Rábade acolleron hoxe as primeiras representacións deste espectáculo de narración oral e música en directo no que Antía Vázquez – a filla do Apalpador – e o musico André Espiñeira contan ás crianzas  a historia deste personaxe do Nadal, transmitida a través da tradición oral, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán,  e revitalizada na última década grazas ao impulso de asociacións e colectivos culturais de todo o país. 

A deputada Iria Castro explicou que “se trata dunha programación que poñemos en marcha por quinto edición  consecutivo desde a...

leer más
Etiquetas:
09/12/2024

A parroquia de Ambosores, no concello de Ourol, celebrará as festas na honra a Santa Lucía esta fin de semana: o venres 13 e o sábado 14 de decembro. As actividades serán na antiga escola.

Os actos comezarán o venres ás 20:00 horas con degustación gratuíta de xamón cocido e chourizo. E despois haberá verbena amenizada polo dúo Caramelo e Claudia Zurita.

E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión e a continuación sesión vermú co dúo Caramelo. Ás 15:00 horas empezará un xantar popular, no que para participar hai que reservar e o prazo remata este mércores, 11 de decembro. Tamén haberá baile de tarde noite amenizado polos dúos Caramelo e Maracuyá.

09/12/2024

Mondoñedo acollerá o día 21 de decembro, sábado, a sétima edición da Papanoelada Moteira que organiza o colectivo local Motoclub Ruta N-634. Será ás 16:00 horas na Praza da Catedral e haberá chocolate e madalenas gratis ata esgotar existencias, ademais de sorteos de agasallos e colchonetas.   

“Un ano máis (e cada ano con máis motos) o Motoclube de Mondoñedo trae a Papanoelada Moteira. Xa sabedes, o 21 de Decembro Papá Noel chega a Mondoñedo motorizado”, anuncia a organización.

07/12/2024

A asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro sortea catro soldos de 1.200 euros cada un e organiza diferentes actividades de Nadal: decoración de negocios con árbores Led e grilandas; panxoliñas polo fío musical; casiña de Papá Noel do 21 ao 24 de decembro; cartas de Papá Noel e Reis Magos coas compras nos negocios asociados; árbore de luces de 11 metros na Praza Maior con concurso de selfies, etcétera.

Ademais o día 24 pola mañá O Apalpador e o día 28 o Paxe Real recorrerán as rúas do Centro Histórico. E o día 23 haberá un obradoiro de música electrónica con Dj Karras.

07/12/2024

O xoves 12 de decembro terán lugar os actos de clausura do Centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista, de Burela.

A organización do evento anuncia que os actos “comezarán ás 13:30 horas na Nave de Redes, para desfrutar dun ronqueo de atún, con sushiman incluído, convertendo o despiece manual nun verdadeiro espectáculo. Contaremos coa presenza do ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas Puchades, e da alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, entre outras autoridades. Trátase dun acto aberto e gratuíto para toda a poboación, xente do mar e toda a veciñanza, non tendo que confirmar asistencia”.

07/12/2024

A programación cultural de Nadal do Concello de Mondoñedo inclúe actividades diversas ata o día 5 de xaneiro.

Este domingo, día 8 de decembro, ás 12:00 horas haberá o espectáculo infantil Blippi y sus amigos, tributo musical no auditorio municipal.

O 15 de decembro ás 19:00 horas celebrarase na Catedral o evento musical II Panxoliñas no Camiño, coa Coral Polifónica de Ribadeo e a Coral da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo.

O xoves 19 decembro ás 12:00 horas haberá Ofrenda floral a Pascual Veiga e interpretación do Himno de Galicia polo seu 117 aniversario co alumnado dos CEIP Álvaro Cunqueiro, Escola Municipal de Música O Pallarego, CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso e CEIP As Forcades, de Corme. Será no panteón de Pascual Veiga, no cemiterio vello. E...

leer más
Etiquetas:
06/12/2024

O Concello de Cervo programa para as festas de Nadal unha axenda chea de eventos e actividades ata o día 7 de xaneiro, para todo tipo de públicos en colaboración con diferentes asociacións do municipio. A axenda foi presentada na Casa do Concello pola alcaldesa, Dolores García Caramés, os edís David Rodríguez, Adrián Arias, Alfredo Fernández, e a concelleira Mali Méndez, xunto a representantes das diferentes asociacións que colaboran e organizan os seus propios eventos.

A programación de Nadal arrincará este mesmo sábado 7 de decembro coa elaboración dos beléns de plastilina, ás 12:00 horas, na Casa do Concello; e ás 17:00 horas na Casa da Cultura. Logo, ás 19:00 horas, a Casa da Cultura acollerá a representación da obra Vaites, Rapariga! de Tarabela Creativa, para o público maior de 16 anos. O 14 de decembro será o Mercado de Nadal que...

leer más
Etiquetas:
05/12/2024

O Concello de Foz organiza diferentes actividades de Nadal ata o día 26 de xaneiro.

“O Nadal é tempo de ilusión e de parón nos colexios para os máis pequenos. Polo que Foz enche estes días de actividades para toda a familia. O Concello e ás asociacións culturais programan diversos actos para desfrutar destas datas”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as luces de Nadal xa brillan en Foz e o paseo esta vez pode ter premio. Nos comercios locais e nos edificios municipais (Casa da Cultura, Concello e CENIMA) poderanse atopar os trípticos para participar buscando as sete bólas do dragón agochadas no alumeado de Nadal. As papeletas deberan depositarse no buzon do Concello ata o 4 de xaneiro. O dragón Sheron aparecerá e os Reis Magos entregarán os regalos aos...

leer más
Etiquetas:
05/12/2024

Este xoves, día 5 de decembro, ás 18:30 horas na Praza do Concello inaugurase a iluminación de Nadal de Xove, co acendido da árbore e do resto de grilandas, anuncia o Concello.

No acto haberá unha actuación musical con panxoliñas interpretadas polas voces e os violíns da Orquestra Municipal de Música de Xove.