Eventos
O Concello de Cervo anima á veciñanza e aos visitantes a participar nas tradicionais Festas da Senra, que se celebrarán este sábado 27 de xuño cun programa relixioso, cultural e festivo organizado pola Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, coa colaboración do Concello de Cervo.
A presentación da programación contou coa participación da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e de membros da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, que destacaron a importancia de manter vivas as tradicións e de impulsar actividades que favorezan a convivencia e a participación veciñal.
A xornada dará comezo ás 13:00 horas coa misa na honra de San Pedro e da Virxe do Carme, cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida da tradicional procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal. A continuación celebrarase unha sesión vermú...
leer másA Xunta de Galicia anuncia que colabora coa tradicional Rapa das Bestas do Campo do Oso, en Mondoñedo, que se celebrará este domingo, día 28 de xuño: “a asociación cultural homónima responsable da organización presentou a 47 edición da cita”, nun acto que contou coa participación do director territorial de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta en Lugo, Manuel Antonio Fernández.
A Xunta anuncia que a xornada comezará ás 10:00 horas coa saída dos xinetes para baixar os animais ao curro e ás 12:00 celebrarase a rapa e o marcado dos cabalos. A continuación haberá sesión vermú, un xantar popular e baile pola tarde.
A asociación cultural Ao Compás do Río Ouro organiza unha sardiñada de San Xoán este martes, día 23 de xuño, en Ferreira do Valadouro. Será na explanada do antigo matadoiro a partir das 21:30 horas.
“Tendes unha cita para disfrutar dunha noite máxica. Haberá sardiñas asadas acompañadas de pan, cachelo, empanada de bonito, postre, auga e viño, de balde. E para botar as meigas fóra, queimada e moita música co DJ Conxuro”, anuncia o colectivo Ao Compás do Río Ouro.
O Concello de Trabada pon en valor “a intensa programación social, cultural e festiva que se desenvolverá ao longo desta semana en distintos puntos do municipio, grazas ao traballo das asociacións veciñais, comisións de festas e colectivos locais, que contan coa colaboración do Concello para facer posible estas iniciativas. As actividades darán comezo este martes, 23 de xuño, coa celebración de dúas tradicionais fogueiras de San Xoán. Por unha banda, a parroquia de Fórnea celebrará a súa festa con fogueira, música e degustación de sardiñas, chourizos e torresmos. Pola súa parte, a parroquia de Sante organizará tamén a súa tradicional Fogueira de San Xoán, unha cita que combina gastronomía, convivencia e tradición arredor do lume”.
Desde o Concello de Trabada destacan “o importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e...
leer másA parroquia de Alaxe, no municipio do Valadouro, está de festas os día 23 e 24 de xuño, martes e mércores.
O martes haberá cea popular e actuarán o grupo Montreal e a famosa cantante Pili Pampín.
E o mércores celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá sesión vermú amenizada polo dúo Son do Val, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde desde as 18:00 horas.
A parroquia de Covas, no municipio de Viveiro, celebrará as festas en honra a San Xoán Bautista desde este martes, día 23 de xuño, ata o venres 26.
As actividades comezarán o martes con verbena amenizada polas orquestras Acordes e New York e ás doce da noite acenderase a Gran Lumeirada
O mércores ás 11 horas haberá pasacalles coa Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 13 horas celebrarase misa solemne e procesión coa Banda da Misericordia, polo programa Tradigalu da Deputación de Lugo; a continuación, sesión vermú amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Capitol.
O xoves 25 haberá pasacalles con Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas; a continuación, sesión vermú amenizada pola orquestra Trébol, que tamén actuará na verbena. E desde...
leer másO barrio dos Muiños, en Mondoñedo, celebrará o Foleón de San Xoán, o día 23 de xuño, martes.
As actividades comezarán ás 21:00 horas cunha actuación do grupo Toxo Guayaba; ás 22:00 horas empezará unha degustación de torreznos, chourizos, bebida e pan. E ás 00:00 horas levarase a cabo o acendido do foleón. Tamén haberá música, a cargo de Puzzle Animación.
A Asociación de Veciños Celeiro de Mariñaos anuncia que nesta parroquia do municipio de Barreiros o día 23 de xuño, martes, á tardiña, concretamente a partir das 20:30 horas, farán a tradicional sardiñada, chourizada e torrezmada no merendeiro da Fonte do Barreiro.
Posteriormente acenderán a fogueira de San Xoán “para espantar ás meigas”.
A parroquia de Cordido, no municipio de Foz, organiza diferentes actividades o día 23 de xuño, martes, con motivo da fogueira de San Xoán.
Os actos, organizados pola asociación de veciños San Xulián de Cordido, comezarán ás 16:00 horas con colchonetas gratuítas, animación e música e actividades para os máis pequenos a cargo de Puzzle Animación. Ás 20:00 horas haberá un concerto de Acordeonistas da Mariña e desde as 21:00 horas repartirán racións de churrasco, panceta, chourizo, pan e viño ou auga a 10 euros.
As actividades continuarán ás 22:00 horas con animación a cargo de Puzzle e ás 00:00 horas será o acendido da fogueira de San Xoán.
A Pontenova celebrará a fogueira de San Xoán con concurso de tortillas o día 23 de xuño, martes, no Forno do Boulloso.
Este evento está organizado polo Concello da Pontenova e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), que anuncian: “volve a tradicional fogueira de San Xoán, unha cita para desfrutar en familia, cos amigos e coa veciñanza. Ás 20:30 horas haberá concurso de tortillas. Anímate a participar! Entre todas as tortillas presentadas un xurado popular escollerá as tres mellores”. Os premios son: unha cea para dúas persoas no Lar de Balbina, unha cea para dúas persoas na Sidrería A Mina e unha comida para dúas persoas no Restaurante San Briz.
Ás 21:00 horas comezará unha degustación popular das tortillas presentadas ao concurso; e tamén chourizos á grella, torrezos e pan. Ademais haberá servizo de bar e...
leer más












