Música
15/04/2015
O músico coruñés José Carballido actuará no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, o día 25 de abril, sábado ás 21:00 horas. Ofrecerá o seu espectáculo Khitara e o prezo da entrada é de 5 euros.
José Carballido presentou Khitara recentemente en Lalín e na Coruña, concretamente no Teatro Colón. Trátase dun espectáculo musical no que se presentan versións de grandes cancións do rock internacional rearranxadas e reinventadas para un conxunto instrumental de 4 guitarras e percusión. Xunto a José Carballido actúan Mónica Pita, Xosé Rodríguez, Daniel Añón e Diego Lestón.
11/04/2015
A Banda Municipal de Música de Foz ofrecerá un concerto solidario no que se recollerán produtos para o banco de alimentos local. Será o día 25 deste mes, sábado, ás 20:30 horas na Sala Bahía.
Todos os produtos, que serán recollidos á hora do concerto na propia Sala Bahía, serán entregados integramente ao banco de alimentos focense. O que máis necesita actualmente é leite, galletas, azucre, tomate frito, conservas (sobre todo atún), produtos de limpeza, de aseo persoal e de hixiene infantil.
10/04/2015
O espectáculo Tango Nuestro preséntase este domingo ás 20.30 horas no auditorio Hernán Naval recompilando unha ampla variedade de obras dos máis representativos mestres do xénero musical por excelencia do Río de la Plata.
O Quinteto Nuestro Tiempo, especialista en pezas de Astor Piazzolla abre o abano para despregar composicións de distintas épocas e estilos achegando a esencia do sentir cidadán que abrangue non só a música senón tamén o estilo, o testemuño documental e por suposto a danza interpretada pola arte e a sensualidade de Carina Lucca e Leonardo Mosqueda.
Os músicos e bailaríns son arxentinos, a excepción da rusa Vera Pavlova, que executa o piano, e o contrabaixo no que estará o uruguayo Diego Zecharies. Pola súa banda...
leer más 07/04/2015
Desde la organización señalana: "nos complace anunciar la incorporación de estas nuevas 17 bandas al cartel del RESURRECTION FEST 2015. Se suman así a las bandas anteriormente anunciadas y dejando prácticamente cerrado el cartel a falta de dos grupos. Una de las bandas de deathcore más importantes a día de hoy, los aclamados Suicide Silence, volverán por primera vez con su nuevo vocalista Eddie Herrera, tras el triste fallecimiento de Mitch Lucker, y nuevo disco bajo el brazo. El hard rock canalla de los canadienses Danko Jones, el nu metal con tintes de reggae de los británicos Skindred, el punk rock de Strung Out y el street punk de The Exploited también estarán presentes en Viveiro. No podemos dejar de destacar a los navarros Berri Txarrak, quienes darán un concierto muy especial en el Resurrection Fest con...
leer más 07/04/2015
O responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro participou esta mañá na presentación dos tres concertos de A Quenlla que servirán para dar a coñecer o libro-CD ‘Desorballando Outonos’, nun acto no que tamén estiveron presentes o coordinador da Asociación Xermolos de Guitiriz, Alfonso Blanco Torrado; Xulio Xiz; e os integrantes de A Quenlla, Xosé Luís Rivas, Mini e Baldomero Iglesias, Mero.
Mario Outeiro explicou que “despois dun ano dedicado a Xosé María Díaz Castro, como foi o 2014, no que se fixeron ducias e ducias de actividades desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo, en colaboración con distintos colectivos como Xermolos e ou o propio instituto que leva o nome do poeta lucense, non deixamos de seguir organizando...
leer más 01/04/2015
Este año habrá deportes extremos y fiesta de presentación en el RESURRECTION FEST 2015. Los organizadores señalan: "nos alegra anunciar que este año dentro de la programación del RESURRECTION FEST 2015 y entre las actividades paralelas que tendrán lugar en él, habrá una nueva zona para los fans de los deportes extremos. En ella se podrán presenciar exhibiciones durante todos los días del festival y habrá shows de trial, con la presencia de estrellas mundiales como FRED COSSET (Monster Energy), y también un skate team profesional. Ampliaremos información en las próximas semanas sobre el tema.También os podemos adelantar que este año como gran novedad abriremos el recinto del festival el miércoles para realizar una fiesta de presentación gratuita con unas cuantas bandas de calidad y comenzar el festival por todo lo alto. Os daremos más información al respecto más...
leer más 31/03/2015
A Semana Santa burelá tremerá un ano máis ao ritmo da música underground. Os días 3 e 4 de Abril celebrarase nesta localidade a V Edición do Aversion Fest, que contará coa presenza de artistas nacionais e internacionais consagrados dentro do xénero.
As bandas españolas Vita Imana e Escuela de Odio encabezan un cartaz que inclúe artistas moi recoñecidos, tanto a nivel estatal - In Mute, Núcleo Terco - como galego - Nao, Twenty Fighters, Xenderal - e incluso no panorama underground internacional - Black Knives, Challenge o Mexican Stepper.
A novidade principal desta edición é a ampliación do recinto e a inclusión dunha nova área musical, a "Sound System Area", froito da colaboración da A.C Cultura Ceibe con MaisLume Kolektive. Para...
leer más 31/03/2015
Segundo informan desde a Concellaría de Cultura “o que fora guitarrista acompañante de Mercedes Sosa durante os seis últimos anos de vida artística, Jorge Giuliano, presentará en Ribadeo o seu traballo La suerte mía”. Será o sábado, 4 de abril, a partir das 20:30 horas no Cine Teatro. O prezo da entrada é de 3 euros.
31/03/2015
O pavillón municipal de Lourenzá acollerá o día 19 do vindeiro mes de abril, domingo, ás 18:30 horas un festival folclórico infantil organizado pola asociación cultural Osorio Gutiérrez.
Ademais do grupo anfitrión, pertencente ao colectivo organizador do evento, participarán O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, e Saíñas, de Xove.
A entrada para asistir a este festival folclórico infantil será gratuíta.
26/03/2015
A Directiva Fraga das Saímas ven de abrir o prazo de inscrición para participar no seu Iª Concurso de Karaoke, onde @s amantes da música e a canción teñen a oportunidade de disfrutar da súa afición compartindo coa asociación un sábado de festa, alegría e bo humor.
Só as quince primeiras persoas que se animen a chamar, antes do 10 de abril, para inscribirse no concurso serán as afortunadas en participar na 1ª etapa eliminatoria do Karaoke que se celebrará o 18 de abril a partir das 13.00 horas, podendo conquistar un dos premios se logran pasar a gran Final ou Semifinal.
@s concursantes, que poderán participar en solitario ou como compoñentes dun grupo, terán que elixir como máximo 3 cancións coas que van a participar, debendo indicarnos os títulos das mesmas no momento da inscrición.
Os premios serán para as tres mellores...
leer más












