Camiño

Etiquetas:
16/08/2018

O Concello de Mondoñedo, a través da delegación de Turismo, da inicio a unha campaña para a súa promoción e posicionamentocomo fin de etapa do Camiño Norte de Santiago entre 346 asociacións do Camiño de distintos países do mundo.

Esta iniciativa do Goberno local permitirá achegar información sobre os puntos de interese e os recursos dispoñibles para os peregrinos a través de correos electrónicos a todas as asociacións do Camiño de países coma Portugal, Francia, Italia, República Checa, Austria, Polonia, Lituania ou aos Estados Unidos que se recollen no directorio do Plan Xacobeo:http://www.caminodesantiago.gal/es/descubre/asociaciones-del-camino/dire....

A rexedora local, Elena Candia, indica que “a campaña...

leer más
Etiquetas:
02/05/2017

Un total de 42 persoas realizaron a primeira etapa do Camiño Francés ao seu paso pola provincia de Lugo, entre O Cebreiro e Triacastela o pasado domingo. A peregrinación en 9 etapas ata Santiago de Compostela, a través desta ruta, foi organizada polo Concello de Barreiros. 

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que “nada máis chegar ao Cebreiro atopámonos con todo nevado e seguiu a nevar. Foi unha etapa esixente, porque houbo de todo: neve, saraiba, xistra e tronos. Pero todos o levaron moi ben e a camiñar cun sorriso na cara”. O edil barreirense dixo que “o compañeirismo estivo presente, e fomos axudándonos uns a outros, porque contamos con varias persoas novas que se incorporaron a estas andainas, que hai tempo vimos organizando desde o Concello. Estou moi satisfeito e orgulloso do comportamento dos...

leer más