Ciclo

Etiquetas:
07/10/2016
O 14 de outubro chega a Burela Ficciónate, un ciclo de cinema dos talentos do audiovisual.
 
O venres, 14 de outubro, ás 20.00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, preséntase Ficciónate, o ciclo de cinema galego desenvolvido por novos talentos do audiovisual galego. Catro curtametraxes de ficción que viron a luz durante os últimos dous anos e que unen forzas para pescudar novas vías de exhibición e colaboración conxunta para facer chegar estas obras de pequeno formato ao gran público. Rancor de Miguel Morales, El Comediante de Óscar Cruz, Fálame do silencio de Lois Blanco e Unary de Luis Avilés proxectaranse na vila da Mariña lucense, tras visitar o Auditorio da Illa de Arousa, Casa da Cultura de Negreira, O Museo de Pontevedra, a Praza da vila de Sarria e o Cantón de Ferrol e tendo como seguinte destino o Multiusos Terra de Xallas de Santa Comba, o sábado 15 de outubro.
 
... leer más
Etiquetas:
28/01/2016
O 30 de xaneiro da comezo en Mondoñedo o ciclo de teatro dedicado á figura de Manuela Rei. Haberá funcións os últimos sábados de cada mes e a entrada será de balde.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo dá comezo este sábado 30 de xaneiro ao  ciclo de teatrodedicado á figura da actriz Manuela Rei. Os últimos sábados de cada mes de 2016 haberá unha función artística, cuxa entrada será gratuíta,ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
A obra deste sábado 30 de xaneiro, ás 20:30 horas no Auditorio Pascual veiga, correrá a cargo da Compañía de Teatro "Os Axouxeres" de Vilaronte, que representarán a peza baixo o título de "As farturas do Servando" de Tito Casado.
“Con esta serie de actividades culturais o Concello pretende por en valor a figura desta mindoniense ilustre que apostou polo teatro, e promocionar así unha persoaxe mindoniense menos coñecida”, explicou o concelleiro de...
leer más
Etiquetas:
04/12/2015
O Concello de Xove e os IES Illa de Sarón organizan un ciclo de cine ambiental e Solidario. Denomínase "Butaca Verde" e terá lugar os días 10 e 15 de decembro.
 
O Concello de Xove, xunto co IES Illa de Sarón, organizan un CICLO DE CINE AMBIENTAL E SOLIDARIO dirixido a tódolos alumnos/as do Instituto. O Ciclo está patrocinado polo Centro de Extensión Universitaria  e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
 
O ciclo, denominado BUTACA VERDE, de carácter documental, comprende as seguintes películas: “MARCHA ATRÁS”, “GREEN” E “AMAZONÍA CARBONIZADA”. O lugar das proxeccións vai ser o IES Illa de Sarón, con arranxo aos seguintes horarios:
 
Xoves, 10 de decembro:
      -Ás 09:40 h: “GREEN” para os alumnos de 2º de ESO.
      -Ás 12:50 h...
leer más
Etiquetas:
02/07/2015
Foz acolle a partir deste venres, 3 de xullo, a décima edición do ciclo musical "Sons na rúa", que organiza o Concello.
 
A décima edición do ciclo musical ao aire libre Sons na Rúa, organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, comeza mañá venres, día 3. Será cun concerto da Coral Polifónica de Burela na praza Martínez Otero ás 21 horas.
O día 10 deste mes será a segunda actuación do ciclo, que terá como escenario a praza Pardo de Cela e correrá a cargo de Sara Bahía e Felipe Sánchez. O día 17 actuará a Rondalla Latexos no parque Rosalía de Castro, o 24 o grupo Mar Aberto ofrecerá un concerto na praza Pardo de Cela e o 31 na Praza do Concello a actuación será por parte da Coral Polifónica de Foz. Todos estes actos será tamén ás 21 horas.
 

 

Etiquetas:
16/06/2015
Última proxección do ciclo Cinema no Cenima este xoves, 18 de xuño, en Foz. O filme que se poderá ver é "Magical girl".
 
Foz acolle a última proxección do ciclo de primavera do programa Cinema no Cenima este xoves, o sábado haberá un espectáculo para nenos e nenas na Sala Bahía e para o domingo está programada unha mostra folclórica infantil no Campo da Cabana.
A proxección cinematográfica que terá lugar no Cenima este xoves, día 18, ás oito e media da tarde será da película Magical Girl, que non está recomendada para menores de 16 anos. O prezo da entrada é de 3 euros.