concurso

Etiquetas:
08/05/2015
O Concello de Ribadeo convoca o concurso "Arte nas paredes" para seguir facendo máis agradable á vista a paisaxe urbana. Os artistas que queiran participar teñen ata o 22 de xuño para presentar as súas propostas.
 
O Concello convoca o concurso Arte nas paredes co obxectivo de adecentar as fachadas dalgúns edificios de Ribadeo. O primeiro espazo a intervir é un inmoble da avenida Rosalía de Castro, que fai esquina con San Roque e a temática a plasmar deberá estar obrigadamente relacionada co auxe socioeconómico e cultural acontecido desde mediados do século XVIII e ata principios do XX en Ribadeo, tendo en conta o carácter comercial da vila e o legado da emigración. Os artistas que o desexen poden presentar os seus bosquexos ata o 22 de xuño. A obra gañadora terá que pintarse nesa fachada. Os gastos de instalación e os materiais necesarios para a súa realización correrán a cargo do Concello, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Fernando Suárez. 
O rexedor explicou que “queremos...
leer más
Etiquetas:
22/04/2015
Acisa Ribadeo convoca el I Concurso de Dibujo del Día de la Madre. Está dirigido a niñ@s de 3 a 12 años. Los ganadores se llevarán bonos de belleza para regalar a sus mamás.
 
Acisa convoca el I Concurso de Dibujo del Día de la Madre. Está dirigido a niñ@s con edades comprendidas entre los 3 y los 12 años. Los ganadores se llevarán como premio bonos de belleza valorados en 100 y en 50 euros para obsequiar a sus mamás, además de un diploma de reconocimiento. 
En el I Concurso de Dibujo del Día de la Madre podrán participar todos los alumnos de enseñanzas primaria y secundaria de Ribadeo y alrededores. Cada niño deberá presentar como máximo un dibujo original, realizado con cualquier material o técnica, relativo al día de la madre. Tendrá que entregarlo en una hoja de papel de tamaño A4, máximo DinA3. Se establecen dos categorías, una para niños y niñas de 3 a 6 años y otra para niñ@s de 7 a 12 años. Habrá 4 premios, dos por categoría,...
leer más
Etiquetas:
21/04/2015
Cincuenta e un locais hostaleiros participarán na décima edición do "Ribadeo de tapeo" do 9 ao 17 de maio. Haberá tapas para celíacos e vexetarianos.
 
Xa queda pouco para a décima edición do Ribadeo de tapeo, que terá lugar do 9 ao 17 de maio en 51 bares, mesóns e restaurantes da vila e das parroquias. Unha das novidades deste ano é que este concurso de tapas será gastroaccesible, é dicir haberá 4 locais que contarán con tapas aptas para celíacos e un para vexetarianos. O alcalde, Fernando Suárez, contou que coma sempre haberá premios para as mellores propostas, que decidirá un xurado profesional, e o público elixirá tamén a mellor tapa e a mellor barra. 
O rexedor dixo que “como quen non quere a cousa xa van aló 10 anos desde o inicio deste Ribadeo de tapeo, deste evento gastronómico que organiza a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo, de Ribadeo, que leva a nosa compañeira Ana Martínez, xunto coa Área de...
leer más
Etiquetas:
16/04/2015
O Concello de Lourenzá convoca un concurso para elixir á Madalena deste 2015, unha das protagonistas do desfile do maio. As interesadas poden anotarse ata o 27 de abril.
 
O Concello convoca un concurso para elixir á Madalena deste 2015, unha das protagonistas do desfile do maio. A concelleira de Cultura, Lupe Flórez, dixo que “a mellor forma de manter viva unha tradición é involucrar ás rapazas desde a súa infancia para que se impliquen na mesma”. As mozas de 10 a 17 anos, de Lourenzá, teñen ata o 27 de abril para anotarse e participar no sorteo que haberá o día 28 e do que sairá elixida a Madalena. 
A edil popular explicou que “desde o Concello de Lourenzá, por segundo ano consecutivo, vimos de convocar un concurso para que as rapazas entre 10 e 17 anos do noso concello poidan converterse en protagonistas do desfile do maio, que cada 1º de maio se celebra en Lourenzá. Trátase dunha tradición popular que queremos manter viva e pensamos que...
leer más
Etiquetas:
14/04/2015
O Concello de Cervo convoca o V Concurso Fotográfico "Cervo respecta" ao que se poden presentar imaxes dos espazos naturais de Galicia.
 
O Concello de Cervo convoca, por quinto ano consecutivo, o Concurso fotográfico de Medio Ambiente “Cervo respecta”. Un certame no que poden participar todas as persoas que o desexen, presentando unha ou dúas fotografías como máximo sobre paisaxes ou escenas da natureza, sempre que fosen tomadas en calquera punto de Galicia.
Cabe destacar que se premiará de forma especial ás mellores fotografías sacadas no municipio co galardón titulado “Top Cervo”, tanto na categoría xuvenil como en adultos. Desta maneira, preténdese destacar e poñer en valor os espazos naturais do concello. Ademais destes premios, haberá distincións para as dúas mellores fotografías na categoría xuvenil e as dúas mellores imaxes na de adultos tomadas na comunidade. 
... leer más
Etiquetas:
08/03/2015
Del 13 al 15 de marzo tendrá lugar el IV Concurso de Tapas del Centro Histórico de Viveiro. Habrá premios a la mejor tapa, mejor presentación y mejor tapa tradicional con un toque innovador.
 
El próximo viernes, 13 de marzo, arranca el IV Concurso de Tapas del Centro Histórico de Viveiro. Por tan sólo 1,5 euros cada una, los clientes podrán disfrutar de 13 tapas diferentes en los locales participantes. La organización señala que “en esta edición nos sorprenderán tanto con recetas basadas el buen sabor de la cocina tradicional, como con creaciones imaginativas mezclando texturas innovadoras”. Los locales que participan son: 
-Mesón A Baiuca.- con Agasallo
-Restaurante O Muro.- con Fogar de Breogán
-Bar la Fontana.- 2 en 1
-Bar Castilla.- Esencias de Castilla
-Mesón A Placiña.- con Costra de Ternera Dulce...
leer más
Etiquetas:
04/02/2015
O Concello de Lourenzá organiza un concurso de dedicatorias de amor para celebrar San Valentín a través da páxina de facebook da Biblioteca Municipal.
 
O Concello de Lourenzá organiza un concurso de dedicatorias de amor para celebrar San Valentín a través da recentemente creada páxina de facebook da biblioteca pública municipal.
O promotor desta iniciativa é o dinamizador TIC no Concello de Lourenzá, Javier Reigosa Fernández, dentro do proxecto Innova-TE 2 da Deputación de Lugo. Explicou que “no Concello de Lourenzá non había páxina de facebook propio da biblioteca, entón créamola e para fomentar o uso desta páxina convocamos vía facebook para que a xente poña no muro unhas dedicatorias con motivo de San Valentín utilizando uns personaxes típicos de Lourenzá como son os Cocos. Trátase de que os rapaces se metan na pel do Coco e lle manden unha dedicatoria á Coca e que as rapazas se metan na pel da Coca e lle manden unha...
leer más
Etiquetas:
10/11/2014
FOZ BUSCA CANDIDATOS PARA ELIXIR A RAÍÑA E O REI DO ENTROIDO 2015.

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza o seu tradicional concurso para elixir á raíña e ao rei do vindeiro Entroido 2015. Dende este organismo comunican que poderán participar na elección todos os candidatos que teñan máis de 18 anos e presenten antes do venres 21 de novembro a documentación requirida nas dependencias da Delegación de Cultura, que están na Casa do Concello. Os interesados deberán aportar unha folla acreditativa cos seus datos persoais, dúas ou máis fotografías recentes e un documento no que expliquen brevemente cales son os motivos que os levan a querer ser rei ou raíña destes festexos.

 

...

leer más
06/11/2014
A concellería de Muller e Igualdade de Burela convoca o IV Concurso de Lemas e o VIII de Microrrelatos

 A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade convoca o IV Concurso de Lemas e o VIII Concurso de Microrrelatos con motivo da celebración o vindeiro 25 de novembro do día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. A recepción de traballos remata o 19 deste mes.

O obxectivo do IV Concurso de Lemas é “transmitir a través de mensaxes curtas a importancia da educación en igualdade e da necesidade da eliminación da violencia contra as mulleres”, segundo explica Diana Durán. Nesta cita poderán participar todas as persoas empadroadas en Burela e cada unha pode enviar ata un máximo de 5 lemas, que deberá remitir á seguinte dirección de correo electrónico: cim@burela.org, indicando que é para o IV Concurso de Lemas e incluíndo o seu nome completo,...

leer más
31/10/2014

Bases Concurso Postais Nadal 2014 Biblioteca MunicipalO Concello de Foz organiza, a través da súa biblioteca pública municipal, e en colaboración con Radio Foz e a Oficina de Información ao Consumidor, o seu XIII Concurso de Postais de Nadal. No certame, que dende a organización destacan que é o máis antigo da comarca, poderán participar tódolos rapaces que o desexen con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

Os participantes optarán a un primeiro e a un segundo premio en cada unha das tres categorías: infantil ata 6 anos, infantil de 7 a 10 e xuvenil de 11 a 16. Tamén haberá un premio especial para o colexio do que forme parte o alumno premiado. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 26 de novembro e o fallo do...

leer más