exposición

Etiquetas:
30/07/2018

Este mércores, 1 de agosto, ás 20:00 horas no Cenima, de Foz, terá lugar a inauguración da mostra titulada Huellas de Araceli Larrán e Lucía Vila.

Huellas revela ao espectador invencións, apuntes, observacións e procesos de investigación destas dúas artistas. O proxecto ten un punto de partida intimista do que se xeran obras que abarcan diferentes ámbitos técnicos: debuxo, pintura, poesía, collage…

Lucía Vila é licencia en BBAA e Historia das Artes, e compaxina a súa actividade artística coa docencia en ensinanzas medias. Araceli Larrán, formada en BBAA, traballa como profesora de ensinanzas medias en Cantabria, onde reside.

A exposición estará no Cenima de Foz ata o día 15 de agosto, e pode visitarse en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a sábado.

 ...

Etiquetas:
18/07/2018

Mañá darán comezo as XVI Xornadas de Historia Local e o venres haberá o concerto de verán da Coral Polifónica de Ribadeo. O sábado inaugurarase unha exposición de Cris Andina no Forte de San Damián e  pola noite o SonRock será o protagonista. E o domingo celebrarase o II Festival de Música Tradicional de Ribadeo.

O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “desde este xoves, 19 de xullo, e ata o domingo 22 se van desenvolver varias actividades relacionadas coa música e coa historia local de Ribadeo. Desde a intensa relación de Ribadeo co mar, a través dos corsarios, os ingleses e calquera perigo ou acerto que puidera vir polo mar, ata a música coral, tradicional e rock, pasando polo mundo da escena galega, a través dunha exposición fotográfica de Cris Andina”.

O edil ribadense relatou que “o xoves, 19 de...

leer más
Etiquetas:
02/07/2018

A moza sancibrense Uxía Treitas vén de presentar o seu traballo fotográfico que se pode visitar na Sala de Exposicións da Casa da Cultura ata o 13 de xullo.

Con esta mostra, esta rapaza de 22 anos e graduada en Belas Artes, pretende concienciar, a través de 17 láminas integradas por diferentes espazos naturais do municipio, sobre a importancia de preservar a contorna e o medio ambiente; empoderándoo e dándolle a importancia que merece.

O rexedor, Alfonso Villares, recordou que todas os espacios municipais están a disposición daquelas persoas que teñan algo que amosar e o desexen compartir con nós, e neste caso, “é unha satisfacción poder ver tan de preto o talento e o gran traballo de fin de grao de Uxía, que reflicte, ademais, ese compromiso e respecto polo medio ambiente que é un exemplo para toda a mocidade e a...

leer más
02/07/2018

A exposición de acrílicos ‘Xurucido e Marquesado: Os zoqueiros de Valadouro’de Xosé Blanco, poderá visitarse na primeira planta do Castelo do Castrodouro durante todo o mes de xullo.

A mostra, composta por 15 obras, amosa unha recreación e interpretación do proceso e das ferramentas empregadas para a elaboración das zocas polos zoqueiros Eliseo Expósito “Marquesado”, natural de Recaré e o seu compadre e amigo Xosé Blanco Ares “Xurucido”, de San Tomé, avó do autor.

Sobre a obra
O autor, veciño da parroquia de Adelán de Alfoz, é fillo e neto de zoqueiros e explica o sentido da súa exposición nas seguintes liñas: 

En verbas do etnógrafo e escritor ourensán Xaquín Lourenzo “Xocas” o oficio de zoqueiro é un “Oficio moi sinxelo, que non precisa ferramenta, case todos os campesiños foron...

leer más
Etiquetas:
21/06/2018

A sala de exposicións do Complexo RegalXunqueira en Viveiro acolle ata o vindeiro 14 de xullo a exposición titulada "As Olladas", de Lucía Rivas.

A fotógrafa burelesa presenta nesta mostra parte da súa ampla obra fotográfica. Ademais da fotografía de eventos, Lucía Rivas ten un extenso arquivo de imaxes coa natureza como elemento central.

Lucía Rivas ten conseguido distintos premios e mencións en diversos concursos así como a reprodución das súas fotografías a través da Televisión de Galicia. 

 

Etiquetas:
13/06/2018

O Concello de Foz presentou actividades que o Ministerio de Defensa vai desenvolver na vila focense durante a vindeira semana. Haberá unha exposición no Cenima a partir do luns 18 de xuño, unha conferencia esa mesma xornada, sobre as misións no exterior das Forzas Armadas; e o día 22 terá lugar outra charla, neste caso sobre a muller nas Forzas Armadas. A exposición, que permanecerá ata o 25 de xuño, titúlase Misión Atalanta. Loita contra a piratería no Indico. A presentación, que tivo lugar este mediodía no Cenima, correu a cargo do alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e do Coronel de Infantería e Suddelegado de Defensa en Lugo, Carlos Boado Quijano.

O rexedor quixo “darlle a benvida ao coronel Boado, organizador desta exposición que presentamos hoxe. Estamos no Cenima, o lugar onde se vai facer esa mostra que organiza o Ministerio de...

leer más
Etiquetas:
13/06/2018

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, asinou un convenio con Afundación, a obra social de Abanca, para expoñer no CENIMA unha mostra de obras do fotógrafo galego Manuel Valcárcel. Titúlase Auga. O sangue da terra e estará aberta ao público na vila focense do 4 ao 29 de xullo.

No acto para a firma do convenio, celebrado na Casa do Concello focense, estiveron a coordinadora da Área de Relacións Institucionais de Afundación, María Verónica Rego López; e o coordinador institucional de Abanca para Lugo e Ourense, Alberto López Sánchez.

 

Etiquetas:
11/06/2018

Mañá, 12 de xuño, ás 18:00 horas no CENIMA de Foz, terá lugar a inauguración da exposición dos centros escolares da Mariña que participaron no I Premio Juan Puchades Quilis, patrocinado polo Concello de Mondoñedo.

Esta exposición é a terceira das actividades programadas pola asociación Tá en Artes en homenaxe ao escultor mindoniense. Máis de 720 alumnos/as e 31 profesores/as levan traballando todo o curso partindo da idea da Escultura como referencia, e o patrimonio como resultado, a partires da figura de Juan Puchades Quilis.

Esta mostra presenta máis de 72 esculturas dos once centros escolares da Mariña. Permanecerá no CENIMA de Foz ata o 17 de xuño, e poderá visitarse en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 21:00 h.

Na clausura da exposición entregaranse os premios do 1º Certame...

leer más
Etiquetas:
23/05/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa para os vindeiros días actividades de música e teatro.

Mañá, xoves, a compañía Ubú Teatro interpretará a obra Leonardo e os fontaneiros, de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. A actuación terá lugar na Sala Bahía ás 11:00 horas con entrada gratuíta e está dirixida a alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria.

Este venres, 25 de maio, dentro das actividades do Festival de Voces Xóvenes actuará o grupo vocal Entrelas de A Coruña. Terá lugar na igrexa parroquial de Foz ás 20:30 horas. A entrada é gratuíta.

E o sábado 2 de xuño na escola de música focense haberá unha masterclass impartida por Pablo Castaño, saxofonista, arranxista e compositor que exerce a docencia no Conservatorio de Grado Medio de...

leer más
Etiquetas:
16/05/2018

A galería Terra Branca, de Ribadeo, acolle unha exposición do artesán coruñés afincado en Mondoñedo José Manuel Fernández Otero (Pepe Oleiro). Trátase de pezas baseadas nas tradicionais da cerámica mindoniense con máis colorido e novas formas.

Pepe Oleiro asegura que “a min me gusta recuperar esa louza tradicional, de feito unha das cousas que estou facendo é recompilar un pouco a cerámica tradicional de Mondoñedo e facer pezas con esas formas. As novas tecnoloxías permítennos mellores calidades nas pezas, máis colorido, máis formas, e adaptalo un pouquiño máis ao gusto da xente na actualidade”.

Para este artesán afincado en Mondoñedo “Terra Branca é unha galería na que a todo o mundo lle gustaría estar. Preocúpanse moito empezando polo artesán e ás pezas danlle un valor engadido importante, na presentación e...

leer más