exposición

11/03/2018

Trátase dunha recompilación dos traballos de Ángel Picos, Sergey Sozonov e Diego Pérez, membros de asociación cultural Galioart, de Ortigueira, que poderá ser visitada desde o luns 12 ata o 28 de marzo.

Son unhas corenta obras de diferentes estilos as que se poden ver na sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián.

07/03/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, participa mañá xoves, ás 13:00 horas, na presentación na Casa do Concello do terceiro panel ‘A Historia de Mondoñedo leva nome de muller”.

Dende o Goberno local explican que, seguindo o labor iniciado o ano pasado para poñer en valor a aquelas mulleres mindonienses que dunha maneira ou outra fixeron, fan ou farán historia, este ano presentarase o novo panel que formará parte da exposición permanente “A Historia de Mondoñedo leva nome de muller”. 

A este respecto, engaden que durante este mes de marzo os paneis estarán expostos na entrada da Casa de Concello. A partir de abril poderán verse na sala de reunións de Servizos Sociais e CIM.

A maiores e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Mondoñedo, a través do Centro...

leer más
Etiquetas:
22/02/2018
O Concello de Cervo homenaxea a figura de Rosalía de Castro coa programación dunha serie de actos culturais que terán lugar ao longo de toda a semana. 
 
Así, este sábado 24 de febreiro, coincidindo co 181 aniversario da escritora galega, inaugurarase un traballo expositivo sobre a súa vida e obra. Será na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián. Son 20 paneis nos que se fai un percorrido pola figura de Rosalía de Castro, que se poderán visitar este sábado pola tarde, e durante todo o mes de marzo, de luns a venres. A continuación, o traballo será trasladado á Sala de Exposicións da biblioteca de Cervo, onde permanecerá exposto durante todo o mes de abril.
 
Ademais, para o mércores 28 de febreiro, a delegación de Cultura ten...
leer más
10/01/2018

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá alberga ata o vindeiro día 17 deste mes unha mostra titulada Cartas de Amor. Trátase dunha exposición gráfica de ilustracións de quince artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. As obras poden visitarse en horario de biblioteca: de luns a venres das 17:00 ás 20:00 horas.
  
Este venres, día 12, ás 9:30 horas terá lugar un obradoiro explicativo da mostra dirixido aos nenos e nenas de Infantil e Primaria do colexio público CEIP Juan Rey, de Lourenzá. Neste obradoiro os alumnos realizarán diversas actividades relacionadas todas elas coa educación en igualdade.
 
Esta actividade está promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá. 

 

25/12/2017

Trátase dunha mostra formada por 15 ilustracións, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, que a edil de Muller e Igualdade do Concello de Cervo, Pilar Armada, conseguiu traer a este municipio.

Pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas. Deste xeito podemos ver os traballos de dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayud, e de cómic, Paco Roca; así como de diferentes figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca ou David Pintor, entre outros moitos; que plasman nunha imaxe situacións ou momentos que consideraron violentos entre adolescentes, co obxectivo de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.

É unha mostra que convida a reflexionar, a escoitar o que os corazón din,...

leer más
Etiquetas:
04/12/2017

A Delegación de Medio Ambiente en colaboración co Ceneam (Centro Nacional de Educación Ambiental) organizan a  exposición Fogares Verdes: vivir mellor con menos. A mostra poderá visitarse ata o 15 de decembro na sala de exposicións da planta baixa da Casa da Cultura.

Segundo explica Noelia Mª Ben “esta exposición xorde no ámbito do Programa Educativo Fogares Verdes do Ceneam, que comezou a súa andaina en 2006 como unha iniciativa piloto dirixida a familias preocupadas polo impacto ambiental e social das súas decisións e hábitos cotiáns. Ten coma obxectivo acompañalas no proceso de cambio cara a unha xestión máis responsable do seu fogar, promovendo o autocontrol do consumo doméstico de auga e enerxía introducindo medidas e comportamentos aforradores axudando a facer unha compra máis ética e máis ecolóxica”.

A...

leer más
13/11/2017

Esta tarde tivo lugar na Oficina de Turismo a inauguración da exposición "Tempo escuro", de Peter Schneider. Trátase dunha mostra de fotografías sobre a catástrofe do Prestige, que se abre en Ribadeo cando se cumpren 15 anos do afondimento do petroleiro fronte á costa galega. 

No acto desta tarde estiveron xunto a Peter Schneider os concelleiros de Cultura e Medio Mariño, Farruco Graña e Paz Ermida.

Esta exposición fotográfica poderá visitarse en Ribadeo ata o 13 de decembro de luns a sábado, en horario de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 19 horas polas tardes. 

Etiquetas:
11/11/2017

O Complexo RegalXunqueira de Viveiro acolle a exposición do libro "Soños coma xogaras" con letras de Xaime Oroza e imaxes de Otero Regal.

A mostra é unha edición de 130 páxinas que recolle o último poemario do escritor viveirense Xaime Oroza e ilustracións de Otero Regal, feitas expresamente para cada un dos poemas.

O libro en galego foi publicado pola editorial madrileña Círculo Rojo, sendo o primeiro libro en galego promovido por esta editorial. Anteriormente ambos autores xa publicaron o libro artístico Dende mañá, que tamén tivo unha edición comercial da mesma obra.

Esta exposición permanecerá no Complexo RegalXunqueira ata o día 31 de xaneiro de 2018.

 

Etiquetas:
08/11/2017

A Concellaría de Cultura programa para este vindeiro fin de semana diversas actividades que comezarán o sábado, 11 de novembro, ás 20:45 horas, no Teatro onde terá lugar unha actuación da Coral Magistroi, de Barcelos (Portugal). O domingo, 12 de novembro, estará no auditorio municipal Talía Teatro, que representará Foucellas, e o luns 13, ás 19:00 horas, será inaugurada unha exposición de fotos de Peter Schneider, que presenta un traballo realizado cando se afundiu o Prestige. Titúlase Tempo escuro e poderase ver durante varias semanas na Oficina de Turismo.

O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “para quen lle guste a música coral este sábado, 11 de novembro, ás nove menos cuarto, vai actuar no Teatro a Coral Magistroi, de Barcelos (Portugal), seguindo a liña de intercambios de actuacións con formacións de fóra de Ribadeo...

leer más
Etiquetas:
02/11/2017

Mañá venres, 3 de novembro, na sala de arte da Casa da Cultura terá lugar a inauguración dunha mostra do Club Imaxe de Burela.

Nesta exposición poderán verse fotos feitas polos socios do Club Imaxe. Son un total de 40 instantáneas de Burela e A Mariña as que conforman esta mostra que chega á súa 25 edición.

A mostra permanecerá na Casa da Cultura de Burela ata o vindeiro 15 de decembro, e poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.