Fotografía

Etiquetas:
06/05/2020

O Concello de Cervo vén de convocar o X concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2020”.

Tal e como explica a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.

Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com.

O prazo para presentar as imaxes remata o 29 de maio ás 23:59 horas.

Hai tres...

leer más
23/03/2020

O Concello de O Valadouro convoca o concurso #QuedaNaCasa on-line para dúas modalidades: debuxo e fotografía.

Na modalidade de debuxo poden participar nenos, nenas, mozos e mozas do Concello de O Valadouro. A temática é libre, cada persoa poderá presentar ata 2 debuxos, a dimensión máxima dos debuxos será en tamaño normalizado A-4, os traballos deben ser orixinais e inéditos. A técnica  será libre e poderase usar: acuarelas, lapis de cores, rotuladores, ceras, … Os traballos escanearanse ou sacaráselles unha fotografía (con boa visibilidade de traballo) e enviaranse ó seguinte correo electrónico: concurso@valadouro.org. O Concello pode subir ás súas redes sociais todos ou parte dos traballos presentados.

Hai catro categorías: Infantil, Primeiro ciclo de Primaria (1º, 2º...

leer más
Etiquetas:
02/02/2020

A Concellaría de Igualdade organiza unha exposición de mulleres relevantes da historia, titulada Eu quero ser coma… A mostra conta coa colaboración da Escola Municipal de Música e Danza e o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Esta exposición de retratos presenta mulleres que sobresaíron en diferentes campos, como a música, a ciencia ou o deporte, entre outros. As obras foron pintadas polo alumnado de 3º e 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, de educación plástica, visual e audiovisual.

Algúns dos rostros femininos que podemos atopar son os de Gloria Fuertes, Edurne Pasabán, Patti Smith, Violeta Parra, e outros da vila ribadense como Ana María Ferradás, Manuela Barreiro (nacida en Viveiro e criada en Ribadeo) e Meniñas da Saúdade.

A mostra estará exposta ao público na Escola de...

leer más
28/01/2020

A Delegación de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Viveiro convocan o V Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebrará o día 8 de marzo.

O prazo de presentación de obras remata o 21 de febreiro e as persoas interesadas poden obter máis información nos números de teléfono 982 55 04 21 e 982 56 21 49 ou no CIM de Viveiro.

Haberá tres premios de 300 euros para o primeiro, 150 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro.

 

22/12/2019

A Rede Museística Provincial inaugurou o ciclo “Culturas en diálogo - Somos migrantes, abrimos camiños”, un programa de actividades que reflexiona sobre a pegada económica, social e cultural dos movementos migratorios a través de exposicións, relatorios, proxeccións e obradoiros que se desenvolverán ata o vindeiro 12 de xaneiro nos catro museos provinciais e noutros espazos culturais.

O Museo Provincial de Lugo abriu o programa coa inauguración da mostra fotográfica “Diálogo Azul”  e a proxección das pezas documentais “Microhistorias de ida e volta” cos testemuños de mulleres que viviron en primeira persoa experiencias migratorias, recollidas pola Asociación de Rioplatenses en Lugo.

No marco deste ciclo cultural, coincidindo co Día Mundial das Migracións -18 de decembro-, abriuse nas antigas escolas habaneras de...

leer más
03/10/2019

Este xoves, 3 de outubro, ás 19:00 horas, na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro, inaugúrase a mostra Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia.

A exposición, organizada por Afundación Obra Social Abanca, poderá visitarse ata o vindeiro 27 de outubro, en horario de 8:30 a 15:00 horas e de 16:30 a 20:30 h., de luns a venres, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas.

En agosto de 1924 desembarcaba no porto de Vigo, xunto ao seu pai, a fotógrafa e investigadora da Hispanic Society de Nueva York Ruth Matilda Anderson. O traballo da fotógrafa converteuse na busca e recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose a documentar a vidas das xentes, en especial nas zonas de complicado acceso. Ata entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do...

leer más
Etiquetas:
08/09/2019

O Concello de Trabada organiza un taller de fotografía básica para turismo e deporte ao aire libre.

A actividade terá lugar o día 3 de outubro en horario de 16:30 a 19:30 e será impartido por José Gadea.

O obxectivo deste obradoiro é que os participantes aprendan a sacar o máximo partido ao seu negocio en Internet.

Co fin de facilitar a inscrición das persoas interesadas en participar neste obradoiro, o Concello de Trabada publica o formulario no facebook de Turismo de Trabada.

 

Etiquetas:
10/06/2019

O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira abre mañá martes, día 11 de xuño, dentro da programación da súa “Primavera Cultural 2019”, a exposición  “A cidade” do fotógrafo Pepe Ventureira.

“A cidade—di Ventureira--ocupa a vida de moitas persoas; a razón construída a base de beirarrúas, obríganos a vivir amoreados baixo a ditadura do verde e o bermello…”

https://www.pepeventureira.photography/

A exposición estará aberta até o vindeiro día 18 de xuño, de 17:30 a 20:30 os días laborables e de 12 a 14 horas os sábado e domingo na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro (Praza Maior).

05/06/2019

A sala de arte da Casa da Cultura de Burela acolle a exposición fotográfica Meridiano 7,30º Oeste de José Luís Rodríguez (Pradero), na que plasma a paisaxe da costa luguesa e a vida das xentes da Mariña.

A mostra permanecerá ata o vindeiro 21 de xuño e poderá visitarse de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Pradero comezou a súa carreira profesional en 1995 e traballou como fotoxornalista no diario El Progreso e en La Voz de Galicia. Posteriormente colaborou coa revista Interviu ata o seu peche, e en medios como El Mundo, El País ou O Jornal de Noticias de Portugal. 
No 2014 comeza o proxecto de fotografías das praias da costa lucense avalado pola Deputación de Lugo, e a través desas imaxes achéganos á paisaxe e á vida das persoas da Mariña de Lugo. Froito da conexión do...

leer más
Etiquetas:
10/05/2019

O Concello de Xove acollerá nas próximas semanas unha exposición fotográfica e mais unha obra de teatro para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. As actividades encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o municipio é socio.

A mostra ‘No colo da esperanza’ poderá visitarse a partir de mañá venres e ata o 2 de xuño na Sala de Exposicións do Salón de Actos, de 18 a 21 horas. As exposición foi realizada en 2015 na denominada “ruta dos Balcáns” polo fotoxornalista Felipe Carnotto, que previsiblemente se achegará ata Xove para ofrecer unha charla ao respecto. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende...

leer más