Fotografía

Etiquetas:
10/05/2019

O Concello de Xove acollerá nas próximas semanas unha exposición fotográfica e mais unha obra de teatro para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. As actividades encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o municipio é socio.

A mostra ‘No colo da esperanza’ poderá visitarse a partir de mañá venres e ata o 2 de xuño na Sala de Exposicións do Salón de Actos, de 18 a 21 horas. As exposición foi realizada en 2015 na denominada “ruta dos Balcáns” polo fotoxornalista Felipe Carnotto, que previsiblemente se achegará ata Xove para ofrecer unha charla ao respecto. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende...

leer más
29/04/2019

ABANCA, Afundación e o Concello de Burela asinaron esta mañá, ás 12.45 h, no Concello, un convenio de colaboración cultural mediante o que as tres entidades desenvolverán a exposición «Auga. O sangue da terra», obra do fotógrafo Manuel Valcárcel. Asistiron á sinatura o alcalde, Alfredo Llano García; o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez Rodríguez; a coordinadora institucional de Afundación para Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano; e o director de ABANCA en Burela, Javier Parga.

A exposición «Auga. O sangue da terra» realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos como Nova Celandia, India, China, Níxer, o deserto de Atacama ou a cunca do lugués río Lor foron fotografados por Manuel Valcárcel e recollidos neste proxecto...

leer más
12/04/2019

Os alumnos e alumnas da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais do obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño organizan o I Concurso Fotográfico titulado O Camiño no visor, coa idea de poñer en valor o Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo. 

Poderán participar todas aquelas fotografías que ofrezan unha visión diferente e orixinal dos 17 quilómetros que percorre a ruta. Trátase de que tanto visitantes coma locais, a través da súa participación no concurso, descubran os recunchos do Camiño ao seu paso polo concello e os atrape no visor da súa cámara.

Contarase coa colaboración do Parador Nacional de Ribadeo e o Hotel Restaurante Javier Montero que aportan como premios, respectivamente, unha estancia dunha noite para dúas persoas (1º premio) e una comida/cea tamén para dúas...

leer más
04/04/2019

O Concello de Cervo, Paco Piñeiro e a A.C. Airiños do Xunco, convidan a asistir este domingo, 7 de abril, ao acto de inauguración da mostra fotográfica “Cervo na Memoria”, ás 19:00 horas, nas Escolas Vellas de Cervo.

O acto foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, o presidente da A.C. Airiños do Xunco, Rafael Blas, e polo profesor Paco Piñeiro, autor da Crónica histórico-literaria da Parroquia de Santa María de Cervo, e quen custodia a colección fotográfica; a quen lle temos que agradecer enormemente desde o Concello -precisou Villares- “a súa implicación e dedicación absoluta en todo o que ten que ver co eido cultural en Cervo; un traballo impagable que  comparte sempre xenerosamente con todos nós”.

Tal e como explicaron, o edificio centenario, cedido...

leer más
Etiquetas:
28/02/2019

O Concello de Cervo organiza un curso de iniciación á fotografía e vídeo dixital que se desenvolverá desde o 9 de marzo ata o 27 de abril.

A actividade, impartida por Julio Noche, terá lugar todos os sábados, en horario de 17:30 a 20:30 horas e está dirixida a maiores de 12 anos, cun máximo de 15 persoas.

As inscricións poden facerse vía whatsapp no 691 656 600, na Casa da Cultura ou en dinamización@concellodecervo.com.

Para asistir será necesario: cámara de móbil con controis manuais ou cámara dixital e ordenador os días 23 de marzo e 15 de abril con Adobe Photoshop e Adobe Premier.