Libro
22/06/2016
O Concello reeditará o libro de Ricardo Pena Domínguez "Burela: Apuntes históricos y crónica del siglo XX". Nesta reedición colabora a Deputación Provincial e sairá cunha tirada inicial de 500 exemplares.
O alcalde, Alfredo Llano, contou que “foi hoxe un día de satisfacción porque tivemos oportunidade de falar coa familia de Ricardo Pena, que foi o noso Cronista Oficial hai tempo aquí en Burela, e que escribiu un libro que está moi interesante e que se titula Burela: Apuntes históricos y crónica del siglo XX”.
O rexedor subliñou que “había unha demanda moi grande en Burela. De feito cando se fixera a primeira edición enseguida se esgotou. Agora...
leer más 11/06/2016
O reponsable de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, participou na presentación das Feiras do Libro que se desenvolverán neste 2016 na provincia de Lugo. No acto, que se celebrou nos xardíns do Pazo de San Marcos, tamén estivo presente a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez Álvarez, colectivo que se encarga de organizar estas feiras, xunto con Carlos Coira, Presidente da Asociación de Libreiros de Lugo.
Ferreiro salientou que un ano máis, “a Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora coa Federación de Librarías de Galicia para organizar catro feiras do libro na provincia de Lugo, sendo a primeira a da Lugo, que xa se desenvolveu no mes de maio, e posteriormente as de Viveiro, Foz e...
leer más 08/06/2016
O Concello ultima os preparativos da Feira do Libro, que terá lugar do 1 ao 3 de xullo no parque de San Francisco. A programación inclúe presentacións de libros de Ribadeo e da comarca, a presenza de figuras de primeira magnitude na literatura galega actual, música, teatro e actividades para @s máis pequen@s, segundo avanzou na xornada de hoxe o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
Para o edil nacionalista “a Feira do Libro preséntase ben interesante para todas as persoas que amen a lectura e o mundo do libro. Será unha Feira do Libro na que potenciaremos o noso, o de aquí, o máis achegado a nós, o libro referido a Ribadeo e a comarca, pero que tamén contará coa presenza de figuras de primeira magnitude na literatura galega...
leer más 09/05/2016
La mariñana Marisol Moreda, presidenta de honor de la ong Otro Mundo es Posible, presenta este miércoles, 11 de mayo, en Madrid el libro El último facetime. Será a las 19 horas en el salón de actos de Cofares (Cooperativa de Farmacéuticos de España), sita en la Calle Santa Engracia, 31.
El encargado de presentar el acto será Celestino Olalla, presidente de Otro Mundo es Posible. Y en el mismo intervendrán, además de la autora: Federico Mayor Zaragoza, ex director general de la Unesco y presidente de la Fundación Cultura de Paz; Pablo Lapunzina, director científico de Ciberer Hospital La Paz de Madrid; Julia Sáez Angulo, periodista y escritora; Cristóbal López de la Manzanara, presidente de la Asociación de Empresarios de Farmacia...
leer más 05/05/2016
A antiga biblioteca acollerá o vindeiro domingo, 8 de maio, a presentación do libro El hijo de un dios mayor, de Alexandre de Deus Monteiro. O acto está organizado pola Concellería de Inmigración e Cooperación.
Segundo explica Angélica Gómez “o autor, de orixe caboverdiano, presenta a súa obra en Burela, pobo no que fundou a asociación Tabanca aló polos anos oitenta”.
O acto dará comezo ás sete da tarde.
22/04/2016
O Concello organiza distintos actos con motivo da celebración do Día do Libro e agasallará ás persoas que visiten estes días a Biblioteca Municipal cuns marca páxinas, segundo deu a coñecer Farruco Graña.
O edil nacionalista manifestou que “cada vez máis debemos celebralo dun xeito especial. Días do libro hai trescentos sesenta e cinco ao ano, e é ben certo que este sábado, 23 de abril, aproveitaremos para destacar a festa do libro. Desde o Concello de Ribadeo quixemos sumarnos a esta celebración cunha mensaxe institucional breve e moi sinxela Vive lendo, le vivindo”.
O responsable de Cultura: “é bo que a lectura forme parte do noso día a día e...
leer más 21/04/2016
O Concello conmemora o Día do Libro cunha doble representación teatral mañá, venres, e o sábado, na que Minimal Teatro porá en escena a obra Cumpleaños de Cervantes a Shakespeare.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “este fin de semana en Burela los días 22 y 23 de abril, vamos a tener una obra de teatro de la compañia Minimal Teatro de Asturias. Con un solo actor en escena, un monólogo de Saturnino García que es una persona muy conocida en el mundo del teatro a nivel nacional ya que tiene un gran curriculum tanto como director como actor. Estuvo actuando en Viaje a Ninguna Parte de Fernando Fernán Gómez, estuvo en la película Lorca, tiene mucha filmografía como director y como actor”.
... leer más 20/04/2016
"Os versos florecidos en Louvanza de Foz" foron escritos por Manuel María para os I Xogos Florais de Foz no ano 1966, e gañaron aquel premio. A Librería Bahía editou ao ano seguinte aqueles poemas e reeditounos no ano 1983 para celebrar o 30 aniversario da Librería.
Desde Bahía explican que “este ano en que se lle dedican as Letras Galegas a Manuel María e que se cumpren 50 anos da edición daquel poemario, quixemos recuperar esta obra dándolle un novo valor. Para isto pedimos a colaboración de varios artistas da Mariña que ilustraron os poemas, así esta nova edición vai ilustrada con obras de Juanel Ponte, Caxigueiro, Xosé Vizoso, Xosé Branco, Nachok e Lucía Vila, que colaboraron de forma totalmente desinteresada para que este...
leer más 17/04/2016
A biblioteca pública municipal de Foz organiza diversas actividades para celebrar o Día do Libro e o das Letras Galegas. Anunciouno a concelleira de Cultura, Silvia Blach, quen explicou que é “unha programación para todos os públicos, onde se mesturan actos para nenos, mozos e adultos, con variedade de actividades como contacontos, obradoiros, presentación de libros, visitas escolares ou certames”.
Silvia Blach especificou que “pasada xa a celebración do Día de Rosalía e do Día da Poesía co Festival dos Namorados, comezamos o mes de abril coa celebración este ano do Día das Artes Galegas dedicado a Castelao, co obradoiro A obra de Castelao en teatro de sombras, a cargo de A Xanela do Maxín para mozos do IES de Foz. Será o vindeiro...
leer más 15/04/2016
O Concello de Lourenzá programa diversas actividades para celebrar o Día do Libro na biblioteca municipal e no centro de día para maiores na xornada do 22 deste mes, venres.
Ás 12 do mediodía na biblioteca municipal haberá o espectáculo infantil Bibliocanta, a cargo de Chío Couto Rendo. Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
E ás catro e media da tarde no centro de día terán lugar lecturas musicadas da obra do escritor Manuel María.
Ademais ese día na biblioteca municipal os asistentes serán agasallados cuns marcadores.