Matrícula

Etiquetas:
11/09/2018

A Piscina Municipal de Ribadeo comeza a nova tempada cunha campaña de captación de socios. O seu obxectivo é atraer a todos aqueles usuarios que busquen activarse despois do verán e levar unha vida máis saudable. 

“Vivir” é o nome da súa campaña. Os responsables do centro buscan que os seus novos usuarios póidanse sentir mellor grazas ao deporte e para iso a mellor solución é deixarse guiar polos seus profesionais. O centro trata de facilitar a inscrición ao usuario ofrecendo unha proba gratuíta e, se se inscriben, a matrícula sen custo en todos os seus abonos. E se aínda así non se atopan satisfeitos co servizo, volven ofrecer garantía de devolución do primeiro mes. Esta iniciativa, testada por primeira vez na campaña de xaneiro, demostrou que máis do 98% dos usuarios non se arrepinten. Para esta campaña o centro habilitou a web beone.es/...

leer más
Etiquetas:
10/10/2017

A UNED de Viveiro mantén aberto o prazo de matrícula do curso 2017/2018 para os estudos de Grado e para o curso de acceso para maiores de 25 a 45 anos, ata o 20 de outubro.

A UNED senior, dirixida a maiores de 55 anos, abriu o prazo de matrícula para a asignatura Patrimonio Económico da Mariña lucense. Este prazo remata o día 25 de outubro.

As persoas interesadas poden obter máis información na Secretaría da UNED en Viveiro, nos claustros da Igrexa de San Francisco. Tamén a través dos números de teléfono 982 563 601 e  660 232 712, e na páxina da UNED www.uned.es

 

Etiquetas:
25/09/2017

O Coro da Mariña abre nestes meses de outono nova matrícula para inclusión de  voces da Mariña de do Occidente Astur. Se gustas de cantar en grupo sen ningún estilo en concreto pode ser este quizás o teu lugar. Precísanse persoas con certo ouvido musical a nivel harmónico e acostumadas a cantar sexa de maneira profesional ou amateur, precísanse persoas que entendan o grande acto de xenerosidade e respecto que é cantar en comunidade con outros-as. Precísanse persoas de calquera idade e condición. 

Os ensaios do coro lévanse a cabo na Escola Vella de Rinlo os venres as sete da tarde e ata as nove. O repertorio é de inspiración mariñeira, é dicir, todas aquelas cancións ben sexan de pop, rock, tradicional, jazz...que sexan do gosto das persoas do coro e que teñan o mar como telón de fondo.

Os arranxos vocais son...

leer más
Etiquetas:
30/08/2017

Dende o  1  ata o  29 de setembro, ámbolos dous días  incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a  Preinscrición para o Curso 2017-2018 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición.

Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. 

A primeira semana de outubro fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.017/18. 

Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar  a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal o comprobante de ter feito a...

leer más
11/09/2015
A Escola Municipal de Música de Burela impartirá, por primeira vez na súa historia, clases de guitarra.
 
A Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá este curso 2015-201, por primeira vez nos seus 18 anos de vida, clases de guitarra. O resto dos instrumentos que se impartían seguirán nesta tempada. O concelleiro de Cultura, José Díaz, e o director da Escola de Música, Xan Carballal, presentaron as novidades do curso que se iniciará en breve. 
Díaz asegurou esta mañá que ningunha das outras disciplinas que ata o de agora se imparten na Escola sufrirán cambios: “no se va a eliminar ninguno de los instrumentos  que ya están instaurados en la Escuela y que además están funcionando bien, así como el aumento de matriculación de alumnos. Van a mantenerse todos los instrumentos y lo que hay es un cambio derivado de la baja de Roberto Bouza,  profesor de saxo y director de la Banda...
leer más