Musical

Etiquetas:
15/04/2021

A axenda cultura de Ribadeo para esta fin de semana inclúe unha cita coa cultura tradicional. 

O sábado, día 17, ACF O Fiadeiro xunto con ex-alumnado da ESAD de Galicia presentará

A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende O Courel ata Nova Orleáns. A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Ribadeo, ás 20:00 horas.

O prezo das entradas é de 3 euros e o despacho de billetes será dende as 19:30 horas.

 

Etiquetas:
01/04/2021

O espectáculo musical infantil La Granja de los Niños representarase este sábado, día 3 de abril, na Sala Bahía, de Foz. Para que ninguén se quede sen poder asistir haberá dous pases desta actividade: un ás 12:00 e outra ás 18:30 horas.

O prezo das entradas é de 2 euros para os nenos e nenas e de 3 euros para os adultos. Para reservalas hai que chamar ao teléfono 653.68.22.25.

Esta actividade está incluída na programación de primavera organizada polo Concello de Foz co lema Sementando Cultura.

 

Etiquetas:
03/11/2020

Continúa a programación de teatro no Concello de Foz. A Concellería de Cultura ten preparada para este sábado, 7 de novembro, ás 18.30 horas na Sala Bahía a obra Carapuchiña Vermella, da compañía Educateatro Producións.

Esta obra chega en formato musical e nela “pequenos e grandes acompañarán a Carapuchiña Vermella na gran aventura de levarlle á súa avoa unha cesta coa merenda atravesando un bosque cheo de sorpresas”, comenta a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

Con esta representación o Concello de Foz segue co programa Foz fai Cultura, que busca que, malia as circunstancias adversas e a crise sanitaria que estamos a vivir, tanto adultos coma nenos poidan seguir gozando da Cultura de forma segura.

O prezo desta actividade será de 3 euros para os adultos e 2 euros para os nenos....

leer más
Etiquetas:
13/09/2020

A Concellaría de Cultura organiza un ciclo musical que se celebrará no Forte de San Damián, se o tempo o permite, os días 18, 19, 25 e 26 de setembro. Soa Forte ofrecerá varias actuacións musicais de diversos estilos desde a tradición das cantareiras ata o hip hop.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “temos dito varias veces, ao longo destes meses, que a cultura non pode parar e que quedou demostrado no tempo de confinamento o importante papel que pode ter nas nosas vidas a actividade cultural. Por iso desde o Concello de Ribadeo continuamos a apostar pola arte e pola vida cultural, aproveitando todos os espazos que temos e poñendo en valor o noso patrimonio tamén en territorios rurais”. 

A edil nacionalista dixo que “neste caso nun dos lugares emblemáticos de Ribadeo, nunha construción defensiva,...

leer más
Etiquetas:
31/07/2020

En Foz haberá sete actuacións musicais nas rúas da vila esta fin de semana, desde hoxe, venres, ata o domingo.

Na tarde noite de hoxe a partir das 21:00 horas no paseo da praia da Rapadoira tocará o Combo da Escola de Música de Foz.

Mañá, sábado, 1 de agosto haberá catro actuacións: ás 13:00 horas na rúa Álvaro Cunqueiro estará o DJ Popy García, ás 13:30 horas na zona de As Torres actuará o grupo Carta de Ajuste; e ás 21:30 horas tocará o grupo Carta de Ajuste na Praza Conde de Fontao e o DJ Popy García estará xunto á praia da Rapadoira.

E o domingo, 2 de agosto, actuará o grupo Pablo Balseiro ás 13:30 horas no paseo da praia da Rapadoira e ás 21:30 horas na Praza Conde de Fontao.

 

Etiquetas:
02/02/2020

El origen del hielo, musical tributo a Frozen, chegará ao Auditorio Municipal de Burela directamente desde a Gran Vía de Madrid o 29 de Febreiro da man da Compañía Onbeat. 

Co seu estilo interactivo co público, a calidade das súas voces, a espectacularidade das súas coreografías, a súa coidada posta en escena e a súa fórmula de tributo, onde dous personaxes fan de presentadores das cancións, a diversión en familia está garantida. Máis de 450.000 espectadores viron xa as súas obras en toda España.

A historia relata que o clima está afectando ao planeta e a consecuencia máis inmediata é a desaparición do xeo. Para tratar de resolver o problema, Xulia decide investigar a orixe do xeo e buscar a alguén que teña o poder suficiente para crealo. Na súa procura descobre a un boneco de neve que lle conta a historia que...

leer más
Etiquetas:
17/03/2019

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, anda esta temporada a retomar os ensaios do musical “O amor de Afonso Reimúndez”, estreada o 10 de agosto do ano pasado na Praza da Catedral con motivo do Mercado medieval mindoniense, será de novo representada o sábado, 23 de marzo, ás 21:00 horas no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo. 

A obra, escrita polo escritor Xosé Peinó e musicada por Xan Carballal, presenta unha trama de carácter histórico onde o rei Afonso VII fai balance do súa vida por medio das relacións mais persoais con: Dª. Urraca, Dª. Berenguela, Dª. Rica e, como non, Gontrada o seu amor prohibido. Todo isto está apoiado por personaxes históricos e ficticios sen deixar de falar sobre a situación política e social do seu entorno. Deste xeito personaxes da vida civil e eclesiástica como: o alcalde, o bufón, o cego......

leer más
Etiquetas:
03/01/2019

Burela acollerá a representación dun novo musical infantil o vindeiro 12 de xaneiro. Trátase de Supercalifragilístico que rende homenaxe á famosa Mary Poppins. As entradas xa están á venda no restaurante Mis en Plas e en www.woutick.es

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “desde o Concello de Burela queremos anunciar a presenza aquí en xaneiro da compañía Moita Merda, que vai traernos un musical infantil, un máis despois do que tivemos en decembro con moito éxito”.

O edil socialista explicou que “será o sábado 12 xaneiro ás seis da tarde. Chámase Supercalifragilístico. É un musical sobre a personaxe de Mary Poppins, de sobra coñecida por todos nós. Foi unha película de Walt Disney que se estreou no ano 1964, tivo moita repercusión, foi candidata a varios óscars e gañou...

leer más
Etiquetas:
26/12/2018

A compañía La Bicicleta, elenco estable do Teatro Sanpol de Madrid, porá escena este sábado, 29 de decembro, no auditorio municipal de Burela Rapunzel, a bonita historia fabulada polos irmáns Grimm convertida nun divertido e xoguetón espectáculo musical para @s máis pequen@s. Será en dobre función ás 18:00 e ás 20:00 horas. 

A música de George Gerschwin, as cancións e os bailes enmarcan a historia da fermosa nena dos cabelos de ouro encerrada nunha torre que non ten escaleiras.

Durante anos o único lazo que une á moza co mundo exterior é a visita da bruxa que a secuestrou. Todos os días ao escoitar a frase “Rapunzel, Rapunzel, lánzame a túa cabeleira para subir por ela sen escaleira” a longa e dourada cabeleira cae desde o alto. E a bruxa sobe por ela e asegúrase de que continúe sendo a súa prisioneira. 

... leer más
10/04/2018

O Concello de Cervo organiza un espectáculo musical que correrá a cargo do grupo Píscore este sábado, 14 de abril.

A actuación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas. A entrada é libre.

Píscore está formado por catro virtuosos percusionistas e presentan esta montaxe titulada, Concerto singular, que é unha comedia musical e xestual.