Semana

Etiquetas:
13/09/2017

Do 16 ao 22 de setembro terán lugar en Burela as actividades programadas para celebrar a Semana Europea da Mobilidade, que foron presentadas pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, xunto a representantes das asociacións e firmas colaboradoras. No acto participou o alcalde en funcións, Ramiro Fernández Rey. 

O slogan deste 2017 é Compartir lévate máis lonxe. O que persegue esta campaña, que coordina o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, é sensibilizar tanto aos responsables políticos como aos cidadáns “sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche nas cidades e nas vilas, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e os beneficios do uso de modos de transporte máis sostibles como a bicicleta ou as viaxes a pé, ademais do transporte público”. 

...

leer más
Etiquetas:
28/08/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto,e o Alcalde do Valadouro, EdmundoMaseda, e o Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao González, presentaron na Casa da Cultura do Valadouro a XXXII Semana do Teatro que se celebra dende o 30 de agosto ata o 6 setembro nesta vila, e na que o Goberno da Deputación é a máxima patrocinadora, cunha achega 8.000 euros, para promover esta actividade; así como para a celebración do Entroido do Concello, dentro do Plan Estratéxico de Turismo. 

“Facémolo dentro da nosa aposta en valor dopatrimonio cultural como un factor diferencial de cada un dos municipios lucenses, capaces de xerar riqueza ao promover o turismo”, explicou García Porto. A Deputada remarcou a profunda tradición teatral que existe no Valadouro, que este ano celebra a súa 32ª edición; ademais de ter entre os seus ilustres veciños un Premio...

leer más
Etiquetas:
05/08/2017

Onte tivo lugar na sede do Real Club Náutico de Ribadeo a presentación da 27ª edición da Semana Náutica Ría de Ribadeo, que se desenvolverá dos días 10 ao 16 deste mes coa celebración de varias regatas e o día 21 está previsto recuperar a tradicional Zalea a Abres.

O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, manifestou neste acto que “para o Real Club Náutico de Ribadeo é unha satisfacción poder presentar un ano máis o cartel da Semana Náutica e este ano facelo na compaña do delegado territorial da Xunta de Galicia, a quen lle agradecemos a súa presenza neste acto. O cartel desta semana náutica é cedido por un pintor afincado en Figueiras, co que pode dicirse que este ano facemos un acto de irmandamento con ese pobo próximo”.

Ramón Acuña detallou que “a Semana Náutica comprende desde o día 10 deste...

leer más
Etiquetas:
03/04/2017

A Concellería de Deportes organiza a segunda Semana do Deporte, que se celebrará do 5 ao 9 de abril. O edil Ramiro Fernández Rey presentou esta tarde o programa de actividades xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e o técnico municipal de Deportes, Iván Cao “Lucas”. 

O responsable de Deportes relatou que “o programa dará comezo este mércores, día 5, cunha charla sobre A influencia dos país na actividade deportiva, que correrá a cargo de Plácido Sánchez, psicólogo do CD Lugo. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas”. Fernández Rey indicou que “ás veces a actitude dos pais nos campos de fútbol non son as máis axeitadas, tal e como vemos case a diario nos medios de comunicación. Queremos facer fincapé en cómo se debe afrontar esa actividade deportiva entre os nenos, que debería ser máis como divertimento e para facer compañeirismo, en lugar de...

leer más
Etiquetas:
12/09/2016
Do 16 ao 22 de setembro celebrarase en Burela a Semana Europea da Mobilidade, con infinidade de actividades para todos os públicos.
 
Burela acollerá do 16 ao 22 de setembro un amplo programa de actividades dentro da Semana Europea da Mobilidade, que este ano se celebra baixo o lema de Mobilidade intelixente. Economía forte. O evento foi presentado esta mañá no Concello con asistencia do alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e representantes das firmas colaboradoras. O vindeiro domingo, dái 18, estará pechada ao tráfico a rúa Pardo Bazán, entre Curros Enríquez e Eijo Garay. Nese espazo haberá infinidade de propostas para todos os públicos. 
 
A edil socialista dixo que “ninguén pon en dúbida que as cidades e vilas, no último século, foron deseñadas para facilitar o uso do vehículo privado, pero o uso excesivo do coche trouxo...
leer más