Teatro

Etiquetas:
04/04/2017

Segue a venda anticipada de entradas na biblioteca municipal a un prezo de 3 euros para o espectáculo que ofrecerá o coñecido actor galego Sergio Pazos este venres, día 7, ás 21 horas no auditorio de Burela. En taquilla terán un custe de 5 euros. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a asistir porque “es un espectáculo que merece mucho la pena”.

Rebento se non o conto e o título deste espectáculo no que Sergio Pazos analiza a realidade de España con ironía.

 

Etiquetas:
03/04/2017

O autor e actor de teatro Pepe Peinó presenta o seu libro Vinte obras de teatro afeccionado, o 16 de abril ás 12:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz.

Pepe Peinó ten escrito máis de medio centenar de obras de teatro cómicas que se representaron por decenas de escenarios da provincia de Lugo e do occidente asturiano. O autor fixo unha escolma de vinte desas obras que recolle nesta publicación que agora presenta.

O prólogo do libro é obra de Manuel Lourenzo e Pepe Blanco das ilustracións. Pepe Peinó manifesta o seu agradecemento a ambos, e cualifica a Manuel Lourenzo como “mestre insigne no eido teatral”, e de Pepe Blanco di que “é o incomparable artista que durante tantos anos deseñou os debuxos da fábrica de Sargadelos”.

A presentación correrá a cargo de Matías Nicieza, e nela Pepe Peinó...

leer más
Etiquetas:
31/03/2017

A programación cultural do Concello de Foz para o vindeiro mes de abril comeza mañá, sábado, día 1, cunha representación de teatro infantil a cargo da compañía Ghazafelhos, que porá en escena a obra titulada Rubicundo. Está dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos. Será ás 18:30 horas na Sala Bahía e o prezo das entradas é de 1,5 euros para os nenos e de 2,5 euros para os adultos.

O seguinte acto incluído na programación cultural do Concello focense é un concerto a cargo da Aula Coral do IES de Foz, que actuará na basílica de San Martiño o xoves, día 6, ás 20:30 horas.

Desde o sábado 8 ata o domingo 16 desenvolveranse os actos da Semana Santa de San Martiño e da XIV Semana da Música Xosé Alonso, que organizan a Confraría do Desencravo e a Delegación de Cultura do Concello de Foz.

Na...

leer más
Etiquetas:
28/03/2017

Dentro do programa Ler conta moito, a biblioteca pública de Viveiro acollerá o 8 de abril, ás 12:00 horas, o espectáculo "Mariña, contos nacidos no mar" de Raquel Queizás.

As entradas poden recollerse de maneira gratuíta os días 5, 6 e 7 de abril na propia biblioteca. O aforo é limitado e desde a organización agradécese aos pais que non ocupen prazas, asegurando que o espectáculo está pensado para o disfrute dos nen@s e os adultos poden esperar na entrada ata que remate.

A historia de "Mariña" é a dunha serea galega que viviu entre nós fai moitos anos, e que contaba ao seu fillo lendas e mitos dos seres mariños que poboan os fondos do mar. Mariña sae agora da auga para compartir todas as súas historias.

Este espectáculo de contos para nenos e nenas a partir de 3 anos e público familiar,...

leer más
Etiquetas:
19/03/2017

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, vai estrear a súa segunda obra, titulada "Zume de amorodios".

Trátase dunha reflexión sobre o amor e sobre os odios que o acompañan. A obra é orixinal de Pepe Peinó. A estrea terá lugar o vindeiro sábado, 25 de marzo, no local social de Ferreiravella, en San Martiño, a partir das 20:30 horas.

Etiquetas:
14/03/2017

A compañía Teatro dos Ghazafelhos estará este domingo, 19 de marzo ás 17.30 horas, no Cine Teatro de Ribadeo. O público que acuda poderá gozar dun espectáculo teatral sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

Dirixido a nenas e nenos de 5 anos en diante e ás súas familias, "Iriña Bailarina" esculca na ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder saír do espazo que a anoa a dar voltas sen cesar para poder xogar ao futbolín, ser pirata ou mesmo, se quere, poder engordar, isto é, para quebrar ou modificar a súa propia sorte ou fado.

Con "Iriña Bailarina" Teatro Ghazafelhos pretende que reflexionemos en familia sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os esterotipos sociais. 

Ghazafelhos...

leer más
Etiquetas:
14/03/2017

Este sábado, 18 de marzo, Luis Davila e Carlos Blanco chegan a Viveiro co seu último espectáculo “Menú da noite”. Esta comedia poderá verse no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas.

Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense esmokin para sachar como é debido. E ata cociñan caldo en directo. Literalmente.
O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto. 

Desta volta viaxan a Broadway. Cos sachos, claro. E bailan (?) claqué e todo. Animación incluída. Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Menú da Noite. Con música de Budiño e Kepa Junquera. Risas aseguradas (e debuxadas).

 

Etiquetas:
09/03/2017

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, 11 de marzo, a representación teatral “Balor na acción dunha cadeira”, de Artesacía. Será ás 20:30 horas. Trátase dunha obra de teatro contemporáneo de 70 minutos de duración que está dirixida por Roi Fernández. O elenco artístico está composto por Laura Villaverde, Simón Piñón e Roi Fernández. 

Quen seriamos nós se fosemos quen de recuperar as imaxes que os nosos antergos percibiron e retiveron breves segundos, sen que a memoria conseguira rexistralas?
Cal é a orixe da nosa dinastía interior e profunda?

“Balor na acción dunha cadeira” é o proceso multidisciplinar de reconstrución do pensamento de O Pernas, un emigrante real que marchou de Sada a New York en 1910, perseguindo o destello enfeitizante do cometa Halley, e rematou perdido na escuridade da...

leer más
Etiquetas:
09/03/2017

A Concellería de Cultura de Foz programa diversas representacións teatrais para este mes de marzo e a primeira delas será mañá, venres. Ademais haberá varias actividades para nenos e nenas organizadas pola Biblioteca Pública Municipal nos meses de abril e maio dentro do programa Ler conta moito.

A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou hoxe que “mañá, venres, 10 de marzo, ás seis e media da tarde, temos na Casa da Cultura de Foz  Ubú Teatro coa súa obra A Galiña azul, de Carlos Casares. É un espectáculo programado por FalaRedes e a Biblioteca Pública Municipal”.

Silvia Blach engade que “o mércores 19 de abril, ás seis e media tamén na Casa da Cultura, teremos a Elefante Elegante con Lobo bobo. É unha programación de Ler Conta Moito e da Biblioteca Pública Municipal de Foz. O venres 16 de maio, ás seis na...

leer más
Etiquetas:
09/03/2017

O sábado, 11 de marzo, ás oito da tarde, no Centro socio-cultural de San Cosme de Barreiros o grupo Falcatrueiros Teatro, de Monterroso, porá en escena Quizais é que non me queres?, unha obra de creación colectiva baseada en textos de Quim Monzó, Suso de Toro, Juan José Millás... e dirixida por Jouse García.

As relacións de parella, este é o punto de partida desta obra, ou mellor dito, a ruptura ou o desengano nesas relacións; como unha relación pode cambiar nun breve intre, cun simple xesto, unha simple palabra ou unha situación diferente á normalidade.

A obra está estruturada en pequenas escenas de parella que se desenvolven nun bar; un punto de encontro de todo tipo de personaxes. Trátase dun espectáculo cómico no que situacións aparentemente normais se converten en anormais, e iso sempre provoca o sorriso....

leer más