Violencia

Etiquetas:
23/11/2017

O Concello de Foz, a través das delegacións de Servizos Sociais e de Muller, organiza para este sábado, día 25, actividades con motivo do Fair Saturday e do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

A concelleira Mercedes González Alonso anunciou que “o vindeiro sábado, 25 de novembro, únense en Foz o Fair Saturday e o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero”.

A edil explicou que “por primeira vez o Concello de Foz únese ao Fair Saturday, un movemento cultural aberto e participativo que se celebra a nivel mundial o último sábado de novembro. Diferentes entidades, artistas, etcétera xúntanse neste proxecto, amosando a importancia da arte e a cultura e cada un deles destina o recadado a un proxecto social que elixen. No caso do Concello de Foz entre as 17:30 e as 19:30 horas...

leer más
Etiquetas:
23/11/2017

Déronse a coñecer as actividades que se van desenvolver o vindeiro venres, 24 de novembro, dentro da campaña #RibadeoenNegro contra a violencia de xénero. A concelleira de Igualdade, Mari Luz Álvarez Lastra, explicou que os actos comezarán ás 12 do mediodía no Cantón (aínda que en caso de choiva poderían trasladarse ao pavillón vello) e neles participarán os centros educativos de Ribadeo, Acisa e todas as entidades que se adheriron a esta campaña. Haberá lecturas de mensaxes a título particular así como dun manifesto conxunto e o comité lila do IES de Ribadeo interpretará un tema de reggaeton “sumamente machista” ao que lle deron a volta para visibilizar esta problemática. Álvarez Lastra fai unha chamada á participación nesta actividade, que se presentou no miradoiro da área recreativa da Illa Pancha. 

A edil nacionalista embrou que “...

leer más
23/11/2017

O Concello de Mondoñedo xunto co Centro de Información ás Mulleres da administración local organiza para este sábado 25 de novembro unha serie de actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A alcaldesa, Elena Candia, xunto á edil de Benestar, Ángeles Rodríguez, explicaron as accións que se desenvolveran baixo o lema de ‘Mondoñedo di non á violencia de xénero’, entre as 11:00 e as 13:00 horas, na Praza do Concello.

Segundo precisan, dende o Concello empapelarase a localidade co cartel de ‘Mondoñedo di non a violencia de xénero’ e máis co nome de cada unha das vítimas desta lacra no que vai de ano.

Ademais de habilitar un punto de información na Praza do Concello a partir das once da mañá e do reparto de lazos morados entre os veciños; ás 12.00 horas,  Mercedes...

leer más
Etiquetas:
23/11/2017

O Concello de Xove, a través das  Concellerías  de Igualdade e Xuventude e Deportes, e tamén da OMIX,   organizou  unha serie de actos reivindicativos para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero:

-Do 20 ao 25 de novembro: ÁRBORE DA IGUALDADE. Instalado na OMIX para todas aquelas persoas  que desexen deixar colgadas na árbore as súas mensaxes reivindicativas contra a violencia de xénero.

-Venres, 24 de novembro: 

   -De 18:00 a 20:00 h.- OBRADOIRO “SEXUALIDADE EN IGUALDADE”. Dirixido a rapaces/as da ESO, vai ser impartido pola sexóloga-psicóloga Raquel Grañan a OMIX.

   -Ás 20:00 h.- 3ª ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA “Xove camiña pola igualdade”. Saída da Praza do Concello, continuando por: Camiño Real, Avenida Deputación, Rúa Tomás Mariño e cegada novamente á...

leer más
Etiquetas:
23/11/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, programa diferentes actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Así, o sábado 25 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián, haberá unha charla baixo o título Autoestima. Aprende a valorarte, a cargo de Prudencia Santasmarinas (Pencha).

A continuación, o grupo de teatro Ardora de San Ciprián, collerá o testigo representando un sketch dirixido por Paz Rodríguez Silva; co título Grandeza de ser muller.

En canto remate a obra, terá lugar unha parolada en feminino entre todas e todos os asistentes ao acto.

A programación do acto, organizado pola delegación de Igualdade que dirixe Pilar Armada, foi consensuada por todas as asociacións de mulleres do municipio; Alborada, Asoc. De...

leer más
Etiquetas:
23/11/2017

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “o Concello de Lourenzá sumase á campaña En negro contra as violencias, na que participan este ano 73 concellos galegos e a Deputación Provincial de Lugo. Dende a Concellería de Servizos Sociais e a través da asociación de comerciantes enviouse unha carta a todos os establecementos comerciais e de restauración, oficinas e negocios para tinguir de negro o noso concello do 23 ao 26 de novembro, como denuncia e mobilización contra as violencias machistas. Con esta acción invitamos a vestir os escaparates e locais comerciais de negro, así como a roupa de traballo, para transmitir así a mensaxe de denuncia e solidariedade coas vítimas da violencia de xénero. O Concello agradece a colaboración da asociación de comerciantes ACIAL, que participa distribuíndo entre todos os comercios o material desta campaña, e tamén a de todos os...

leer más
Etiquetas:
23/11/2017

O Concello celebrará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha Xornada de autodefensa para mulleres ante situación de riscos ou ameazas. Será o 25 de novembro de 9 a 14 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ao remate terá lugar a lectura cun manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero. 

Desde a Concellería de Servizos Sociais sinalan que “se ofertaban 20 prazas e a día de hoxe aínda hai algunha libre. A participación nesta actividade é gratuíta”. As mulleres interesadas en acudir deben apuntarse no Departamento de Servizos Sociais. 

E engaden que “a  xornada consiste nun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. Dito curso será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa...

leer más
Etiquetas:
09/11/2017

Ribadeo súmase un ano máis á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por máis de 73 Concellos galegos #EnNegroContraAsViolencias. A Concellaría de Igualdade anima aos establecementos comerciais e de restauración, oficinas e negocios a tinguilos de negro do 23 ao 26 de novembro e á xente a asistir a un acto que se desenvolverá o 24 deste mes no Cantón. 

Desde Igualdade lembran que “o ano pasado 17 Concellos galegos fomos quen de impulsar unha campaña de denuncia e mobilización social contra as violencias machistas nos nosos municipios. A boa acollida da campaña desenvolvida en 2016 polos Concellos de A Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Compostela, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas foi o punto clave que está motivando a participación de tantos municipios...

leer más
Etiquetas:
08/11/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, programa diferentes actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Así, o sábado 25 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián, haberá unha charla baixo o título Autoestima. Aprende a valorarte, a cargo de Prudencia Santasmarinas (Pencha).

A continuación, o grupo de teatro Ardora de San Ciprián, collerá o testigo representando un sketch dirixido por Paz Rodríguez Silva; co título Grandeza de ser muller.

En canto remate a obra, terá lugar unha parolada en feminino entre todas e todos os asistentes ao acto.

A programación do acto, organizado pola delegación de Igualdade que dirixe Pilar Armada, foi consensuada por todas as asociacións de mulleres do municipio; Alborada, Asoc. De...

leer más