Festa
O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ribadeo pon en marcha por segundo ano consecutivo a campaña denominada Completa a bandeira do Orgullo, unha iniciativa creada para visibilizar, sensibilizar e celebrar a diversidade arredor do Día Internacional do Orgullo LGTBI, que se conmemora o 28 de xuño, aínda que en Ribadeo a celebración terá lugar o vindeiro 21 de xuño.
Desde o CIM de Ribadeo explican que “desde o 15 de maio ata o propio 21 de xuño, veciñanza e visitantes poderán participar nesta divertida proposta colaborativa co comercio e a hostalaría locais. O funcionamento é moi sinxelo: haberá que completar unha tarxeta conseguindo seis selos de seis establecementos colaboradores diferentes -non se admitirán selos repetidos- para poder entrar no sorteo final. Durante estes días repartiranse tarxetas polas rúas...
leer másO Concello de Xove e a Asociación de Festexos Montevelle organizan para o sábado 16 de maio unha nova edición da Festa das Fillas de María, coñecida popularmente como Festa das Flores, “unha cita xa consolidada no calendario festivo local que encherá de vida, tradición e cor a zona vella da vila, nas inmediacións da igrexa parroquial”.
A programación dará comezo ás 10:30 horas coa apertura de diferentes postos que conformarán un mercado tradicional ao longo da rúa Nosa Señora do Carme. Ademais o público poderá gozar de demostracións de oficios tradicionais, “poñendo en valor o saber facer artesanal”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “durante a mañá a Asociación Cultural Saiñas e a charanga NBA animarán Xove cos seus pasarrúas, creando un ambiente festivo e participativo. Ás 13:00 horas celebrarase a misa con ofrenda floral á Virxe,...
leer másA parroquia de Xudán, no municipio de A Pontenova, celebrará a festa Hijas de María o día 9 de maio, sábado.
As actividades comezarán cunha misa solemne ás 13:30 horas e despois haberá procesión, sesión vermú e comida. Os tickets para participar están á venda ata o martes 5.
Ademais actuará a cantante Verónica Cambón e haberá xogos e exhibición de zumba.
A parroquia de Santa Cruz, no municipio de O Valadouro, celebrará as súas festas patronais este domingo, día 3 de maio.
As actividades comezarán con misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará o tardeo desde as 20:00 horas e con colchonetas gratis para os nenos e nenas.
O Concello de Trabada ultima os detalles para a celebración da VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que terá lugar este domingo, día 3 de maio, a partir das 12:00 horas na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque.
A poucos días da celebración desde o Concello fan un chamamento á veciñanza e visitantes para que se acheguen “a gozar dunha das citas máis destacadas do calendario local, que cada ano reúne a centos de persoas arredor da gastronomía e a tradición”.
A festa contará, como é habitual, coa elaboración en directo da enfariñada por parte de máis de 40 veciños e veciñas voluntarios, “mantendo viva esta receita tradicional que se converteu nun símbolo do municipio”.
Un ano máis, a Asociación Saúde Mental A Mariña encargarase da elaboración das cuncas da festa, dentro da...
leer másA alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de Dinamización, Dani García, recibiron no Concello a membros da directiva da Asociación de Veciños Celeiro de Mariñaos, que se encargan da organización desta xuntanza para a veciñanza. A cita terá lugar este domingo, día 19 de abril, na pista das escolas de Celeiro de Mariñaos, onde se celebrará a cuarta edición deste evento, que “xa é un referente para a parroquia”.
A xornada comezará ás 12:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Son de Festa para logo continuar coa tradicional comida veciñal.
Desde o Concello de Barreiros anuncian tamén: “seguimos colaborando e apostando por estas xuntanzas, que nacen do tecido asociativo e que son fundamentais para a cohesión social e para dar vida ás parroquias”.
A parroquia de San Xorxe, no municipio de Lourenzá, celebrará a festa na honra ao seu patrón este sábado, día 18 de abril.
As actividades comezarán ás 13:15 horas con misa solemne, sesión vermú amenizada polo dúo Belinda e despois terá lugar a III Comida Popular. Tamén haberá sesión tarde noite coa orquestra Los Satélites e o dúo Belinda. E para rematar a festa actuará o DJ The Sound Project.
Trabada acollerá o domingo 3 de maio a partir das 12:00 horas a VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que nesta edición se celebrará na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque. “Debido ao crecemento continuo do evento foi necesario ampliar o espazo”, explica o Concello de Trabada, que engade: “esta festa, xa consolidada no calendario local, destaca pola súa esencia tradicional e pola implicación da veciñanza. Máis de 40 voluntarios e voluntarias participarán na elaboración da enfariñada in situ, mantendo viva unha receita tradicional que cada ano reúne a centos de persoas”. Ademais destaca que “nesta edición volverá haber opcións sen glute, reforzando así o carácter inclusivo do evento. Ademais repetirán as fiolleiras de Muimenta, que elaborarán as súas tradicionais filloas, e como novidade, contarase coa participación da Sociedade Cultural Ledicia, que...
leer másO Club Clásicos Viveiro organiza a segunda Festa do Motor Clásico de Ourol. Será o día 18 de abril, sábado, na Explanada do Concello.
Desde as 10:00 horas haberá coches clásicos, música en directo con Grupo La Bamba e Aaron DJ, e comida (callos, churrasco, sobremesa e chupito). A participación no xantar é aberta a todos os públicos e pode reservarse ata o día 12 de abril a través do teléfono 659.10.97.30. O prezo é 35 euros.
A organización tamén anuncia: “á noite a festa non para e teremos xamón e chourizos gratis ata fin de existencias”.
Penasagudas, no municipio de Xove, celebrará a festa de San Isidoro de Monte os días 11 e 12 de abril, sábado e domingo. Está organizada pola asociación Cruz de Loureiro.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e continuación procesión. Desde as 14:00 horas haberá sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará, xunto ao grupo Fénix, o baile que terá lugar a partir das 17:00 horas. Tamén se levará a cabo un concurso de pasodobre e bachata.
E o domingo ás 10:00 horas comezarán unha ruta (andaina, cabalar ou ciclista). A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú y desde as 17:00 horas terá lugar un baile.
Os dous días haberá xantar e para participar hai que anotarse previamente a través do teléfono 646.64.76.19. O prazo remata o día 8 de abril.
... leer más












