Trabada
O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para participar nunha xornada gratuíta de formación en reanimación básica, que terá lugar o venres 27 de novembro ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
A actividade enmárcase na iniciativa Contigo, A Mariña reanima, que “busca achegar á cidadanía coñecementos básicos para actuar ante unha emerxencia sanitaria e sensibilizar sobre a importancia dunha intervención rápida ante unha parada cardiorrespiratoria”, explica o Concello de Trabada, que engade: “a formación será impartida polo Grupo de Simulación In Situ do Hospital Público da Mariña e estará dirixida á poboación en xeral, coa intención de favorecer a participación de persoas de diferentes idades e colectivos do municipio. Durante a sesión abordaranse os pasos fundamentais da cadea de supervivencia, desde o recoñecemento dunha...
leer másO Concello de Trabada inicia este sábado, 7 de novembro, unha nova edición dos ciclos teatrais, unha programación cultural que se desenvolverá ata o mes de xuño de 2027 e que ofrecerá unha representación teatral cada mes na Casa da Cultura. A primeira cita será coa obra Dona Clara, a cargo do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, que se representará este sábado ás 20:00 horas. Trátase dunha creación do grupo inspirada na obra A visita da vella dama, do dramaturgo Friedrich Dürrenmatt.
Unha das principais novidades desta edición é o cambio de horario das representacións, que pasarán a celebrarse ás 20:00 horas en lugar das 21:00 horas, como viña sendo habitual. Este adianto “busca facilitar a asistencia do público, especialmente durante os meses de inverno”, explica o Concello de Trabada, que engade:...
leer másO Concello de Trabada, en colaboración coa asociación de sendeirismo Trabada paso a paso, organiza para o vindeiro domingo 15 de novembro a última ruta do programa Coñece Trabada deste ano 2026. “Trátase dunha iniciativa que leva varios anos desenvolvéndose no municipio e que continúa contando cunha boa acollida entre as persoas participantes”, destaca o Concello, que engade: “nesta ocasión, a actividade consistirá nun percorrido a pé desde Trabada ata Fórnea, cunha distancia aproximada de 9,5 quilómetros e unha dificultade media. A saída terá lugar ás 10:00 horas desde a Praza do Concello de Trabada”.
“A ruta permitirá descubrir novos espazos e recunchos do municipio, poñendo en valor a riqueza natural e paisaxística do territorio e ofrecendo unha nova oportunidade para coñecer a contorna a través do sendeirismo”, indica o...
leer másO Ciclo de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, levará novas obras aos concellos de Trabada, Cervo e O Vicedo os días 7 e 8 de novembro.
O grupo teatral do Colectivo Cultural Ollomao representará a obra titulada Dona Clara este sábado, día 7 de novembro, ás 21 horas na Casa da Cultura de Trabada. É para público adulto e a sinopse é a seguinte: “esta obra trata do regreso da multimillonaria Clara Zahanassian á vila da súa infancia, na que os seus veciños viven pobremente e están endebedados, a diferenza das vilas da contorna que si progresaron. Clara parece mostrarse xenerosa e ofrece mil millóns ao seu pobo natal para que solucione os seus problemas, pero cunha condición difícil de cumprir. Clara Zahanassian (o apelido é una combinación de Zacharoff, Onassis e Gulbenkian) non representa a xustiza, nin o...
leer másA asociación cultural O Picato organiza o seu tradicional magosto para este venres, día 30 de outubro, desde as 21:00 horas no pavillón de deportes de Trabada.
Haberá servizo de bar e música a cargo da discoteca móbil The Sound Project. E repartiranse castañas gratis.
O Concello de Trabada inicia este martes, día 20 de outubro, as actividades do Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias para o curso 2026/2027. A primeira sesión levará por título Sácalle partido ao teu estudo e estará centrada en ofrecer orientación e ferramentas prácticas ás familias para acompañar os seus fillos e fillas no proceso educativo e favorecer o seu rendemento escolar. A charla terá lugar ás 16:30 horas na Casa da Cultura de Trabada e será impartida por Carolina García Chico, pedagoga especialista de Educando en Familia, entidade encargada de desenvolver o programa.
Durante a sesión “abordaranse diferentes pautas para axudar aos nenos e nenas a aproveitar mellor o tempo de estudo, favorecendo a adquisición de hábitos e estratexias que contribúan ao seu proceso de aprendizaxe”, explica o Concello de...
leer másO Concello de Trabada desenvolverá durante este curso 2026/2027 o Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias, composto por catro actividades que terán lugar na Casa da Cultura entre os meses de outubro de 2026 e maio de 2027.
A programación comezará o 20 de outubro ás 16:30 horas coa charla para familias titulada Sácalle partido ao teu estudo, centrada en ofrecer pautas para axudar aos nenos e nenas no seu rendemento académico.
A segunda actividade celebrarase o 1 de decembro, tamén ás 16:30 horas. Neste caso será un Espazo de Orientación a Familias baixo o tema A educación en positivo, concibido como un grupo para dialogar, compartir e abordar cuestións relacionadas coa educación familiar.
Xa en 2027, o 30 de marzo terá lugar a charla Educamos a...
leer másO Concello de Trabada organiza unha nova viaxe que nesta ocasión terá como destino Portugal. A actividade desenvolverase os días 6, 7 e 8 de novembro e permitirá ás persoas participantes coñecer Oporto, Aveiro e o Bom Jesus do Monte.
Esta iniciativa, que “conta cunha moi boa acollida desde a primeira viaxe organizada polo Concello, busca ofrecer á veciñanza novas oportunidades para descubrir outros lugares, compartir experiencias e desfrutar de actividades de convivencia fóra do municipio”, explica o Concello.
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, destaca que “este programa está a ter unha resposta moi positiva desde que organizamos a primeira viaxe. Para nós é importante ofrecer actividades que permitan á veciñanza coñecer novos destinos, pero tamén compartir tempo, relacionarse e desfrutar de experiencias...
leer másO Concello de Trabada pon en marcha un novo curso do programa de terapia ocupacional dirixido ás persoas maiores, “unha iniciativa gratuíta que se vén desenvolvendo desde hai anos e que conta cunha moi boa acollida entre as persoas participantes”.
As sesións comezarán os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro, e continuarán ata o mes de xuño. A actividade desenvolverase os martes, mércores e xoves, achegándose a diferentes parroquias do concello para facilitar a participación das persoas maiores.
“Da man dun profesional da terapia ocupacional, durante as sesións realízanse diferentes exercicios e dinámicas orientadas a traballar tanto a parte física como a cognitiva, contribuíndo a manter a axilidade, estimular as capacidades e favorecer un envellecemento activo”, explica o Concello de Trabada.
... leer másO Concello de Trabada anuncia que este venres, día 11 de setembro, ás 19:00 horas o Centro Social de Ría de Abres acollerá a presentación do libro de José Antonio Gómez Martínez titulado El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo.
Esta públicación é “unha obra que contribúe a recuperar e poñer en valor a historia do ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo. Unha oportunidade para coñecer mellor a historia dun ferrocarril que tivo unha importante presenza e deixou a súa pegada no noso territorio”, destaca o Concello de Trabada.












