Ribadeo
A Asociación Cultural Pagasalgo está formada por un grupo de mozos e mozas de Ribadeo que “comparten un obxectivo común: dinamizar a vida social e cultural da vila durante todo o ano, fortalecer os vínculos co territorio e coa veciñanza e promover unha mocidade organizada, implicada na súa contorna e comprometida cos retos actuais da sociedade”. Este novo colectivo anuncia que “coa vontade de ofrecer alternativas de ocio continuadas máis alá dos períodos estivais, a asociación desenvolverá unha programación diversa que incluirá actividades como torneos de petanca, proxeccións audiovisuais, obradoiros gastronómicos e concertos, entre outras propostas abertas á participación da veciñanza. A primeira actividade oficial da asociación desenvolverase este sábado, 24 de outubro, na vila de Ribadeo. Será un torneo de petanca en colaboración co Club de Petanca de Ribadeo,...
leer másDel 23 al 25 de octubre tendrán lugar las novenas jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo. Están organizadas por Acisa y participarán 19 establecimientos hosteleros.
La presidenta del colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, señala que “todo está listo para las jornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar del 23 al 25 de octubre, como actividad dinamizadora de nuestra hostelería. Con esta iniciativa, que llega a su novena edición, queremos rendir homenaje a nuestras vecinas y vecinos asturianos, que muchos fines de semana del año se acercan a Ribadeo a tomar los vinos y los vermús, a comer, a cenar, a pasear o a comprar en el comercio local”.
El gerente de la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos ribadense, Jesús Pérez, indica que “en esta ocasión son 19 los...
leer másEste venres, día 23 de outubro, o Club A Mariña Atletismo organiza, en colaboración con BeOne, unha charla sobre prevención de lesións.
Será impartida por Noelia Gómez, fisioterapeuta especializada no manexo da dor do aparato locomotor e do exercicio terapéutico e poderán asistir todos os soci@s do Club A Mariña Atletismo e de BeOne.
Esta actividade terá lugar na Casa de El Viejo Pancho ás 20:00 horas.
Acisa Ribadeo e Kids&Us organizan para o día 31 de outubro, sábado, unha nova edición da actividade infantil denominada Trick or Treat, que se desenvolverá por diferentes establecementos asociados ao colectivo empresarial.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, comentou que “con motivo da celebración do Día do Comercio Local, o 25 de outubro, Acisa quere poñer en valor a importancia do pequeno comercio como motor económico e social da nosa vila. É un bo día para lembrar que o comercio de proximidade xera emprego, paga impostos durante todo o ano, dinamiza as rúas e crea comunidade. Por iso, para celebrar esta data, desde ACISA organizamos, xunto con Kids&Us, un obradoiro infantil de Halloween, co obxectivo de ensinarlles aos máis pequenos a importancia de mercar no comercio local dun xeito lúdico e participativo. Esta iniciativa...
leer másA Gladiator Kids volve a Ribadeo con carácter solidario. A proba de obstáculos infantil terá lugar este domingo, 25 de outubro. O importe das inscricións será doado integramente á Cruz Vermella ribadense.
A Gladiator Kids regresa a Ribadeo, unha proba de obstáculos para os máis pequenos da casa cun fin solidario. A carreira está dirixida a nenos e nenas entre 3 e 12 anos.
Dita xornada, patrocinada por Mediolanum Aproxima (o proxecto solidario de Banco Mediolanum), pola Fundación Mediolanum en España e polo Concello de Ribadeo, será na Praza de España a partir das 12:00 horas. O custo das inscricións é de 6,20 euros e pode abonarse a través da web oficial da carreira:...
leer másAcisa Ribadeo e a empresa Gestión Gratelu renovaron o seu convenio de colaboración.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado Iglesias, tivo palabras de agradecemento: “desde Acisa queremos agradecerlle a Pablo Posada e a Gestión Gratelu o seu apoio económico, xa que estarán presentes como entidade colaboradora en 2027 na Festa do Comercio, na Gala de Acisa e no sorteo do Ribadeo Indiano. A sinatura deste terceiro convenio con Gestión Gratelu é para nós moi importante. Seguiremos traballando, como vimos facendo ata o de agora, para conseguir que a empresa privada nos brinde a súa colaboración nos grandes eventos organizados pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo”.
Pablo Posada declarou que “a sinatura deste terceiro convenio con Acisa Ribadeo confirma o...
leer másO Concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal 2026. As solicitudes poden presentarse do 21 de outubro ao 4 de novembro. E o evento celebrarase no Campo de San Francisco do 4 ao 8 de decembro.
A concelleira de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, Marta Saiz, explicou que “é unha iniciativa que reforza a aposta municipal pola promoción da artesanía e polo recoñecemento do traballo dos profesionais que, a través das súas creacións, contribúen a preservar os oficios artesanais, impulsar a creatividade e ofrecer produtos únicos e diferenciados”.
O Concello de Ribadeo anuncia que “o mercado desenvolverase no Campo de San Francisco do 4 ao 8 de decembro de 2026, en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Durante cinco días, este espazo...
leer másEste venres, día 23 de outubro, ás 20:00 horas vaise proxectar no Teatro de Ribadeo o documental titulado 1846. Revolución galega, producido pola Fundación Galiza Sempre.
É unha actividade organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica que “segue a ter entre os seus obxectivos a temática histórica, tan demandada polos nosos asociados e asociadas. Esta mirada á nosa historia permitiranos comprender non só un feito específico da nosa historia, máis ou menos coñecido, como é o episodio do fusilamento dos mártires de Carral, senón as consecuencias do mesmo de cara á toma en conciencia da nosa identidade colectiva. Este venres 23 teremos ocasión de revisar dito capítulo a fondo da man do autor do estudo que deu lugar a este documental, César Caramês, profesor de Lingua e Literatura Galegas en Moraña”.
... leer másAta o día 29 de outubro estará aberto o período de adhesión dos negocios locais á campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo.
A concelleira ribadense de Comercio e Desenvolvemento Local, Marta Saiz, anunciou que “o Concello de Ribadeo pon en marcha unha nova edición do programa A Pancha, a nosa moeda local, unha iniciativa destinada a incentivar o consumo de proximidade, a apoiar o tecido empresarial do municipio e contribuír á dinamización da economía local. Os establecementos interesados en participar na campaña poderán solicitar a súa adhesión do 20 ao 29 de outubro, ambos incluídos, a través da plataforma dixital do programa”.
A edil explicou tamén que “poderán adherirse os establecementos físicos e permanentes situados en Ribadeo que desenvolvan algunha das actividades económicas admitidas e cumpran os...
leer másPreto de corenta negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran durante estes días coa recollida anual de donativos da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o vindeiro 19 de outubro.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Jesús Pérez, explicou que “un ano máis Acisa Ribadeo colabora coa Asociación Española de Loita Contra o Cancro nesta importante iniciativa solidaria. Durante esta semana de outubro, preto de corenta negocios asociados contan con huchas para a recollida de donativos destinados a este colectivo. Esta campaña desenvólvese coincidindo coa celebración do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, unha xornada na que se pon de manifesto a importancia da investigación,...
leer más












