Nadal

Etiquetas:
20/10/2026

O Concello de Burela abre o prazo de inscrición para participar no Mercado e Rastro de Nadal 2026, que se celebrará os días 28 e 29 de novembro na carpa da praza da Mariña, en horario de 10:30 a 20:30 horas.

“A iniciativa busca fomentar o comercio local, dar visibilidade á artesanía e á creación propia e promover a reutilización de produtos a través dun espazo dedicado aos artigos de segunda man”, explica o Concello de Burela, que engade: “o mercado organizarase en dúas zonas diferenciadas: a primeira estará destinada á artesanía, incluíndo decoración e artigos de Nadal, xoguetes e outros produtos de elaboración propia, tamén de alimentación. A segunda corresponderá ao rastro de segunda man, no que se poderán ofrecer artigos usados en bo estado, como roupa, complementos, libros ou xogos”.

O Concello de Burela...

leer más
Etiquetas:
20/10/2026

O Concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal 2026. As solicitudes poden presentarse do 21 de outubro ao 4 de novembro. E o evento celebrarase no Campo de San Francisco do 4 ao 8 de decembro.

A concelleira de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, Marta Saiz, explicou que “é unha iniciativa que reforza a aposta municipal pola promoción da artesanía e polo recoñecemento do traballo dos profesionais que, a través das súas creacións, contribúen a preservar os oficios artesanais, impulsar a creatividade e ofrecer produtos únicos e diferenciados”.

O Concello de Ribadeo anuncia que “o mercado desenvolverase no Campo de San Francisco do 4 ao 8 de decembro de 2026, en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Durante cinco días, este espazo...

leer más
Etiquetas:
13/10/2026

O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.

O prazo de inscrición para instalar postos xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.

Etiquetas:
08/01/2026

Esta mañá foron sorteados os dez Soños de Nadal de Acia Foz-CCA. As persoas afortunadas recibirán en total 1.000 euros en vales de compra. 

As papeletas premiadas son as seguintes: 16593, entregada en Centro Dietético Alba Vila; 25451, en Ana Fabeiro; 40303, en Xoguetería Bahía; 58914, en La Flor Abulense; 9216, en Kukadas; 5700, en Ártico; 3585, en Chinela Nenos; 45839, en Vass; 15681, en Carnicería Mercedes; e 7752, en Electricidad Núñez. 

O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. A cita contou coa presenza do presidente e da xerente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo e Ana Segade. 

Paleo agradeceu “a fidelidade nos negocios locais nesta pasada campaña de Nadal. Cada persoa afortunada no sorteo desta mañá recibirá 100 euros en vales de compra, que son moi ben...

leer más
06/01/2026

O Concello de Cervo anuncia que a actividade prevista para pechar a programación deste Nadal terá lugar na Praza dos Campos, de San Ciprián, este mércores, 7 de xaneiro: “alfombras de baile, para pasar un anaco ben divertido!”.

Será de 11:00 a 14:00 e de 16: 00 a 19:00 horas.

Etiquetas:
29/12/2025

O Concello de Ribadeo organiza moitas actividades para pasar este Nadal en familia.

O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explica: que “hoxe, luns, e mañá, martes, na carpa instalada no parque de San Francisco teremos actividades infantís gratuítas pola mañá e pola tarde en horario de 12 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. As nenas e os nenos que se acheguen ata alí poderán gozar de chan interactivo, obradoiros e interactive dance mats”.

A concelleira de Familia, Elena Sierra, conta que “o cine tamén está presente na programación de Nadal do Concello de Ribadeo. Hoxe teremos as proxeccións de Tom e Jerry e tamén El gran premio, a partir das 17:00 horas en Cinelandia. E mañá, martes, San Simón e Bob Esponja, tamén ás cinco da tarde. O prezo da entrada é de 2 euros”.

...

leer más
Etiquetas:
26/12/2025

O Concello de Cervo anuncia que comezan os Brincos de Nadal este sábado, día 27 de decembro, actividades para as crianzas que haberá tamén os días 2 e 3 de xaneiro, venres e sábado.

“Este sábado a diversión chega por partida dobre para as crianzas cos nosos Brincos de Nadal. Ás 12.00 horas nas Escolas Vellas de Cervo, en colaboración coa asociación Airiños do Xunco; e ás 17.00 horas na Casa da Cultura. Xogos, risas e moitos brincos para gozar do Nadal en Cervo”, explica o Concello.

Etiquetas:
26/12/2025

A Vila de Nadal de Vilanova de Lourenzá é este ano máis grande e inclúe varias novidades. Poderá visitarse ata o día 11 de xaneiro. Ademais o Concello aumentou a decoración nas parroquias de Santo Adrao, Santo Tomé e San Xurxo.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que a Vila de Nadal “empezou no 2016, cando xurdiu a idea de facer unha decoración navideña con material reciclado. A partir dese momento foise creando cada ano algunha cousiña nova e innovando ata chegar a todo o que hoxe temos aí. Ao principio eran poucas cousas e agora xa se nos queda a praza pequena e temos que ir estendéndoa a outras zonas. Nesta edición seguimos avanzando no tema dos oficios e puxemos un barbeiro e unha biblioteca. Outra das novidades é un tiovivo, para aumentar a escena que vén a representar unha festa; xa tíñamos unhas lanchiñas, uns músicos e agora...

leer más
Etiquetas:
18/12/2025

Cervo celebra a súa Gala de Nadal este domingo, día 21 de decembro, desde as 19:30 horas no salón de actos do Concello.

“Un dos eventos máis agardados destas datas chega esta fin de semana. Unha tarde noite moi especial para gozar da música, das tradicións e do talento local coa participación de: A Rebolaxe, Fol do Raxal, Cordenaira (Airiños do Xunco), Milicrocas (Airiños do Xunco), Mistura Infantil, Coro de Cervo e Coral Terramar. Vive connosco a maxia do Nadal nunha gala chea de emocións, cultura e espírito festivo”, anuncia o Concello de Cervo.

Etiquetas:
18/12/2025

O Concello de Viveiro presenta a programación especial de Nadal, con actividades que se desenvolverán ata o 5 de xaneiro. O calendario inclúe propostas culturais, musicais, deportivas e de lecer, así como actividades dirixidas á conciliación familiar, co obxectivo de ofrecer alternativas para todos os públicos.

Este venres, día 19 de decembro, abrirá o Mercado de Nadal A trastenda de Nicomedes ás 17.00 horas na Sala Multiusos da Casa do Concello. E haberá a cea de Nadal da Comisión de Festas de Viveiro no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas ás 21.30 horas.

O sábado 20 disputarase unha proba da Copa Galicia de Ciclocross en Lavandeiras (Celeiro), a partir das 11.00 horas; celebrarase o Festival de Nadal da Unidade Pastoral de Viveiro ás 17.00 horas nos Claustros de San Francisco; e haberá o concerto ...

leer más