Deportes
Presentouse na praia de Vidreiro a terceira edición do Trail do Vicedo, que se celebrará o vindeiro domingo, 21 de maio. Asistiron o alcalde do Concello de O Vicedo, José Jesús Novo Martínez, Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste Trail en 2019 e falecida correndo en 2021, e integrantes do Club Peña Lar Trail y Montaña, coorganizadores da proba.
Mañá, 17 de maio, será o último día para poder anotarse ás probas (andaina, Trail 28K e Trail 15K). Desde a organización subliñan que “para a andaina quedan poucas prazas xa”. O percorrido pasará pola Costa de O Vicedo dende leste a oeste, comezando no entorno do Fuciño do Porco e rematando no Porto do Vicedo tras pasar por varias praias do municipio.
Súmate ao Volei, a actividade organizada polo Concello de Ribadeo e a Anpa O Esteo, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, foi un éxito. Debido á boa acollida prolongarase durante un mes máis, segundo deu a coñecer a concelleira de Ensino, Pilar Otero.
A edil ribadense explicou que “unha vez avaliados os resultados e os obxectivos acadados decidiuse estender a actividade un mes máis, xa que o grao de satisfacción é dificilmente superable”.
Desde a Anpa O Esteo comentaron que “durante os obradoiros que se celebraron, a mocidade participante aprendeu, medrou e desfrutou a través desta disciplina deportiva. Creouse un espazo de lecer saudable, onde destacaron as accións humanizantes e inclusivas nas prácticas deportivas como cohesión e cooperación: valoración positiva do grupo e tolerancia cos erros d@s compañeir@s; e...
leer másEste mércores, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebraranse as dúas finais de Copa Galicia, feminina e masculina, no Pavillón Agustín Mouris en Noia. A primera terá lugar ás 12.30 horas na que o Pescados Rubén Burela FS, recientes campioas da Copa da S.M. a Raíña, loitarán por facerse co seu terceiro título da tempada, neste caso contra o Ence Marín Futsal. Posteriormente celebrarase o encontro da categoría masculina na que Noia F.S. Portus Apostoli se enfrontará ao C.D. Lugo Sala, ás 19.00h.
O Pescados Rubén Burela FS preparase para enfrontarse a un habitual, un Marín, según a capitád do equipo mariñano, Peque, "O Marín ten á mellor porteira do mundo, Silvia, creo que é un dos seus puntos fortes", "ten a Ceci, a cañonera, que lle pega moi ben, Ale de Paz, etc. é un equipo que hai que ter en conta e vai ser unha final difícil", "Sempre...
leer másO día 20 de maio, sábado, desenvolverase en Xove a fase intermedia para a zona norte do Campionato Galego de Fútbol 8 en categorías alevín, benxamín e prebenxamín. Será no campo de fútbol municipal e no anexo de 09:45 a 20:30 horas.
Participarán 30 equipos, 10 por cada categoría, dos que se clasificarán para a fase final os dous primeiros.
Este evento deportivo está organizado pola Unión Deportiva Xove coa colaboración do Concello de Xove.
Os días 27 e 28 de maio terá lugar o XVII Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Ribadeo, que organiza a asociación de veteranos do Ribadeo FC. O evento foi presentado no salón de plenos do Pazo de Ibáñez.
Segundo os organizados neste evento daranse cita 68 equipos: 6 portugueses, 1 irlandés, 2 paraguaios, 1 arxentino, 1 brasileiro, 2 franceses (un deles da illa Mayotte, que está no océano Índico) e o resto españois (de Andalucía, Madrid, Castela-León, Cantabria, Asturias e Galicia). Os organizadores estiman que entre todos os equipos desprazarán a Ribadeo a máis de 2.000 persoas.
Na quenda de intervencións o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou: “desde o Concello de Ribadeo queremos dar, outro ano máis, o noso caloroso recibimento a toda esta xente que fai posible este torneo, tan grande,...
leer másEsta tarde presentouse no Vicedo a quinta edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o venres e o sábado en treitos dos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove e O Vicedo.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é a principal patrocinadora da proba, na que participarán 86 equipos, entre eles 13 equipos da Mariña e os grandes favoritos para o Campionato Galego de Rally de Asfalto como Víctor Senra e Alberto Meira, ou Luis Vilariño, Javier Ramos, Alberto Nimo ou Pablo Rey.
Na presentación, a deputada mariñá Mónica Freire suliñou “a rápida consolidación desta proba entre equipos e público” e que “canaliza e reforza gran afección ao motor que hai na comarca, ademais de supoñer un aliciente máis para que se acheguen ata a comarca afeccionados e afeccionadas ao rally de toda Galiza, para desfrutar do...
leer másTras unha pasada fin de semana chea de logros para o Pescados Rubén Burela FS, por parte do equipo masculino, selaron a segunda praza, asegurando o factor cancha, para os playoff, e o equipo feminino foi nin máis nin menos que Campión da Copa da Raíña por sexta vez, quinta consecutiva. Esta fin de semana toca celebralo en familia cos veciños de Burela e da comarca da Mariña, así que se celebrará unha festa na Praza da Mariña, organizada polo club de fútbol sala en colaboración co Concello de Burela, onde haberá música (con Fran de Nois), un inchable para que xs nenxs xoguen a "Dispara a Gol", barra de Estrella Galicia e venda de postais e material deportivo oficial do club. Tamén estarán á venda entradas para a final da Copa de Galicia de Futsal Feminino que se celebrará o próximo 17 de maio en Noia.
A festa celebrarase de 17.00 horas a 23...
leer másO XXV Maratón Autonómico Urbano Special Olympics Galicia, que se celebrará o 6 de maio en Burela, obrigará a cortar o tráfico en varias rúas. De 8 a 15 horas non se poderá circular por Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Lamestra e Eijo Garay e tamén haberá cortes puntuais noutras rúas polas que discorran as probas de 1.500 e 3.000 metros.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, dixo: “queremos reforzar, se cabe aínda máis, a seguridade con motivo da celebración deste maratón, que nos obrigará a facer unha serie de cortes de tráfico. Haberá 4 probas: de 300 metros, de 800, de 1.500 e de 3.000 metros. Nas que máis afectado se vai ver o tráfico será nas probas de 300 e 800 metros, que son nas que participará a xente con maior discapacidade. Entón vamos facer cortes de tráfico nas rúas Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Lamestra e Eijo Garay,...
leer másA asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo polo parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Terá lugar do 12 ao 14 de maio.
O sábado os participantes realizarán a ruta Corga da Fecha, en Lobios. Trátase dun percorrido de 15 quilómetros e de dificultade media. E o domingo farán a ruta das Queguas, por Entrimo. Neste caso o percorrido é de 8 quilómetros e de dificultade baixa.
As persoas interesadas en obter máis información e en inscribirse poden facelo ata o 9 de maio no teléfono 647 06 70 54 (Javier). O prezo para os socios e socias será de 120 euros e para os non asociados de 135 euros.
Desde Terras de Lourenzá explican que ademais das rutas que recolle o cartel, outros datos de interese desta viaxe: o sábado comeremos en ruta, polo que é preciso...
leer másNa presentación como en anos anteriores participaron os alumn@s do Colexio Pedro Caselles Rollan, de Xove, que acompañados de todo o profesorado do centro, fixeron un pequeno percorrido do MiniTrail dos Nen@s. Este ano o punto elixido foi a zona costeira de Punta Merixe na parroquia de Portocelo, onde todos os nen@s que participen nas carreiras poderán disfrutar dun entorno espectacular de costa e monte.
No acto de presentación, estiveron presentes, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, todo o profesorado do Colexio de Xove, e os membros do Comité Organizador do Xove Costa Trail.
Dende o Comité Organizador agradecen “ao Colexio de Xove, a sempre colaboración que teñen con todos os eventos deportivos que organiza a ACD XOVE, agradecemento ao Concello de Xove, como patrocinador e coorganizador do evento, e o resto...
leer más