Eventos

Etiquetas:
07/12/2022

En Ribadeo abriu as súas portas esta tarde o XIX Mercado do Nadal e foi inaugurado o alumeado ornamental destas festas, composto por máis de 850.000 luces led. 

O Mercado do Nadal, que organiza o Concello, poderase visitar ata o 11 de decembro no parque de San Francisco. Son 25 postos de artesanía, deseño e  gastronomía os que poderán atopar aquelas persoas que se acheguen a Ribadeo estes días. 

Ademais haberá actuacións musicais e actividades para as mais pequenas e os mais pequenos da casa. Ata o Mercado do Nadal se achegaron esta tarde o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Desenvolvemento Local, Medio Ambiente, Cultura e Igualdade, Pablo Vizoso, Jorge Díaz, Pilar Otero e Mónica Freire.  

E coincidindo coa apertura do XIX Mercado do Nadal o Concello procedeu a inaugurar o...

leer más
Etiquetas:
07/12/2022

Hasta el día 5 de enero, los niños y niñas que lo deseen podrán depositar sus cartas para los Reyes Magos en el buzón de Navidad que Correos ha instalado en la oficina postal de Burela.

Además de fomentar el espíritu navideño, esta iniciativa de la empresa postal también pretender incentivar la práctica de la escritura entre los más pequeños de la casa.

Correos lleva 27 años celebrando la campaña de Reyes Magos con buzones específicos para recoger los deseos de los niños y niñas y encargarse de entregárselos directamente a sus destinatarios en Oriente.

Además, esta Navidad los equipos de voluntarios y voluntarias de Correos volverán a acercarse a varios hospitales de España a recoger las cartas de manos de los niños y niñas ingresados. De este modo,  además de entregar un detalle a los...

leer más
Etiquetas:
07/12/2022

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron o amplísimo programa de actividades organizadas polo Concello para este Nadal 2022-23. Dentro do programa tamén se inclúen iniciativas organizadas por ACIAM Xove, concretamente a pista de xeo que estará aberta do 15 ao 30 deste mes, e pola ANPA do colexio Pedro Caselles Rollán, neste caso a Semana Lecer Branco, con actividades do 26 ao 30 de decembro.

A primeira actividade incluída no programa é a IV Gala do Emprendemento Local, que terá lugar no salón de actos do Centro Cívico o 16 deste mes e na que actuará Guadi Galego. Tamén haberá actos destinados aos nenos e nenas, como unha festa infantil con Papá Noel o venres 23, teatro o luns 26, o show musical infantil La Granja o xoves 29, unha festa infantil de fin de ano o 31, o Día da Infancia o...

leer más
Etiquetas:
07/12/2022

Acisa inaugurou na tarde de hoxe a súa árbore de Nadal, que volve á súa ubicación inicial, á praciña de San Roque. Alí foi creado un espazo único, onde veciñanza e visitantes poderán fotografarse fronte ao nome de Ribadeo en tamaño XL iluminado para a ocasión. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a árbore de Acisa, que este ano volve á súa ubicación orixinal, na coñecida praciña de San Roque, ten máis de 1.200 metros de luces led, 10 metros de altura e 5 de diámetro. Ademais está decorada no seus laterais cos logotipos dos establecementos asociados, para facer promoción dos socios e socias de forma directa nun lugar que será de paso para moitas persoas. E no seu frontal leva o nome de Ribadeo en letras XL, de 8x1 metros. A nosa árbore foi acendida xunto co alumeado de todas as rúas de Ribadeo por parte do Concello, ao que lle...

leer más
Etiquetas:
06/12/2022

Na cidade do Landro xa se pode visitar o belén ‘Viveiro ante o berce’, no atrio da igrexa de Santa María. Este belén está considerado como un dos máis importantes de Galicia, tanto pola súa beleza e pola dimensión das pezas que o compoñen, como pola extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.

O acto de inauguración tivo lugar na xornada de onte, 5 de decembro, ao igual que o acendido da iluminación de Nadal. 

Etiquetas:
05/12/2022

Mariña Patrimonio organiza para o próximo sábado, 10 de decembro, unha visita polo patrimonio do Xove. Nesta saída contarán coa colaboración de Lucía Meitín, especialista en cultura e patrimonio do concello de Xove, e de Antón Niñe, gran coñecedor do patrimonio relixioso da comarca da Mariña. Está previsto visitar en xornada de mañá a Igrexa e o Pazo da Rigueira, a Igrexa de Xuances e San Tirso;  e en xornada de tarde, a aldea de Morás, “onde escoitaremos falar das tradicións de Xove”, explican desde a organización.

E engaden: “aínda que a data límite para apuntarse remata o martes 6 de decembro , cómpre facelo canto antes para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen. Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Xove, pódese...

leer más
Etiquetas:
05/12/2022

Na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, acaba de ser instalada unha nova Vila de Nadal elaborada artesanalmente, que conta con máis escenas e figuras que a do ano pasado. E ademais no barrio de Gracia hai unha estampa do Polo Norte para ambientar Lourenzá nestas datas.

A alcaldesa, Rocío López, anuncia que na Vila de Nadal instalada na Praza do Conde Santo “como novidades este ano incorporamos varias escenas, entre elas unha escola rural, unha lavandeira e varios oficios antigos, como un zapateiro e un ferreiro, entre outras. Tamén están presentes nesta estampa de Nadal uns músicos elaborados de figuriñas de madeira e unha muller que fai calceta na porta da súa casa”.

A rexedora municipal lembra que “xa hai uns anos que puxemos en marcha esta iniciativa e cada Nadal imos aumentando o número de figuras...

leer más
Etiquetas:
05/12/2022

A XIX edición do Mercado do Nadal de Ribadeo terá lugar do 7 ao 11 de decembro no Parque de San Francisco, onde se darán cita 25 postos de gastronomía, artesanía e deseño. Contará cunha gran diversidade e cunha forte presenza de persoas creadoras e produtoras locais e de proximidade para, deste xeito, darlle un impulso ao emprego e desenvolvemento de Ribadeo nestas datas de gran afluencia de visitantes.  

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso explicou que “poderemos atopar repostería, marmeladas, xoguetes ou unha gran diversidade de complementos e elementos de deseño e ilustración. Nesta ocasión ademais o alumnado dos centros CEIP Gregorio Sanz, Sagrado Corazón e o IES Dionisio Gamallo tamén contarán cun espazo no mercado que utilizarán para recadar fondos para as viaxes de fin de curso”. 

Vizoso...

leer más
Etiquetas:
04/12/2022

O 11 de decembro celebrarase en Barreiros o Mercadiño de Nadal. Será na praza do Concello (en caso de mal tempo, trasladarase ao pavillón) 

O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde. 

Dámoslle así a benvida a este tempo de alegría, familia e consumo. Haberá produtos de calidade e de proximidade. Tamén haberá actuacións musicais con Condensadores de Fluzo ás 12:30 horas e con Vida tola de Pajarito ás seis da tarde para o público infantil. Ambas son financiadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
01/12/2022

Teatro, exposición, obradoiro e musical infantís e concertos conforman a proposta cultural do Concello de Burela do 3 de decembro ao 14 de xaneiro. O concelleiro de Cultura, José Díaz, agarda que se xeren moitas vendas no comercio local, “movemento e moita ilusión” para o 2023. 

O edil burelés contou que “desde a Delegación de Cultura queremos presentar a programación de Nadal. Tivemos unha reunión con comerciantes de Burela e coordinamos algunhas actuacións con eles para potenciar o comercio local, que é moi importante agora mesmo. Eles van facer o sorteo dunha viaxe entre os clientes que fagan as súas compras nos comercios da vila”.

Díaz explicou que “este mesmo sábado, 3 de decembro, teremos ao grupo de teatro de Viveiro Andanzas, que o fan moi ben e que presentará Baile de huesos, ás oito e media e con entrada...

leer más