Eventos
Acisa colabora un ano máis coa agrupación de Cáritas Ribadeo nunha recollida solidaria de alimentos para Nadal. 30 establecementos asociados participan nesta iniciativa que se prolongará ata o 15 de decembro.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “se trata dunha iniciativa que poñemos en marcha en colaboración coa agrupación de Cáritas de Ribadeo e consiste nunha recollida solidaria de alimentos. A campaña comezou o 2 de decembro e prolongarase ata o 15 deste mes”.
O presidente da asociación, Francisco Iriarte, dixo que “tras éxito da recollida de alimentos do ano pasado, e atendendo á petición de Cáritas de Ribadeo, desde Acisa consideramos que debíamos repetir esta iniciativa solidaria, que se basea en que todo aquel veciño ou veciña de Ribadeo que o desexe pode levar aos máis de trinta puntos de...
leer másO Concello de Cervo organiza para esta ponte de decembro un amplo abano de actividades culturais.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, xunto co grupo de mozos do concello encargados de organizar as batallas de rap, presentaron na Casa da Cultura o programa de eventos que se desenvolverán desde o sábado 4 ata o mércores 8 de decembro.
A programación ábrese o sábado ás 21H na Praza dos Campos, onde Alberto e Ángel Sevilla ofrecerán un concerto dentro do ciclo de concertos "O Son do Nordeste".
Para a xornada de domingo á mañá temos en Cervo O legado de Tibu, un espectáculo de patinadores e música. Dará comezo ás 12:30H na Praza do Souto.. Xa pola tarde, a programación continúa coa celebración da terceira xornada das batallas de rap no Auditorio da Casa da Cultura, que comeza...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela presenta a campaña ‘Vive un conto de Nadal con ACIA Burela’ que contará con diversas actividades para todas as idades.
A iniciativa comezaba onte co alumeado das luces de Nadal na Praciña do Concello, onde se atopa a tradicional árbore de Nadal da asociación empresarial. A esta actividade séguenlle outras como: o concurso de selfies, o sorteo de dúas viaxes a Disneyland Paris ou o concurso de escaparates.
O concurso de selfies durará o mesmo tempo que a campaña, é dicir, dende o 10 de decembro ata o 5 de xaneiro. Para participar nesta actividade hai que ser maior de idade, ter conta en Instagram ou Facebook, subir unha fotografía nunha das praciñas decoradas con motivos de Nadal que hai na vila, etiquetar a ACIA Burela e poñer o cancelo #...
leer másAcisa inaugurou a súa árbore de Nadal, que está situada nas Catro Calles, concretamente na rúa Rodríguez Murias. Alí foi creado un espazo único, onde veciños e visitantes poderán fotografarse fronte ao nome de Ribadeo en tamaño XL iluminado para a ocasión.
O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, explicou que “a árbore de Acisa, que este ano estrea unha situación nova, na rúa Rodriguez Murias, nas coñecidas como Catro Calles, ten máis de 1.200 metros de luces led, 10 metros de altura e 5 de diámetro. Ademais está decorada no seus laterais cos logotipos dos establecementos asociados, para facer publicidade aos socios e socias de forma directa nun lugar que será de paso para moitas persoas, e no seu frontal leva o nome de Ribadeo en letras XL, de 8x1 metros. A nosa arbore foi acendida xunto co alumeado de todas as rúas de Ribadeo por parte...
leer másDesde a tarde deste venres, día 3, ata o mércores 8 poderá visitarse no Parque de San Francisco o Mercado do Nadal de Ribadeo. Nesta XVIII edición haberá 25 postos de artesanía cunha gran variedade de produtos (cerámica, xoiería, xoguetes, costura…) así como postos de alimentación, onde se poderán mercar embutidos, doces, chocolates ou produtos de panadería.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, anuncia que “a apertura deste mercado será o venres ás 17 horas e esa mesma tarde ás 18.30 organízase unha chocolatada para todo o público asistente na Oficina Vella de Turismo. As tardes do sábado e do luns están pensadas para xs máis pequenxs da casa, que terán o seu espazo especial no propio mercado, con obradoiros de 17 a 19 horas, tamén na Oficina de Turismo Vella. E, como xa vén sendo habitual, a música vai...
leer másO alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia o acendido do alumeado de Nadal para este venres, día 3 de decembro, ás 18.30 horas cun evento denominado Bright Friday (Venres Luminoso). Terá lugar na Glorieta de Vilalba, debaixo da árbore, coa actuación musical do director da Escola Municipal de Música, Felipe Sánchez, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
A tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca “o gran traballo realizado pola empresa contratada para a instalación das lucense de Nadal e os operarios e técnicos municipais, que están a ultimar grilandas, adornos e lámpadas para que Foz brille na noite deste venres. Pouco a pouco imos mellorando. Creemos no Nadal e na ilusión que lles fai aos máis cativos e o importante que é tamén para o comercio local. Continuamos a engalanar todas as parroquias e dispuxemos...
leer másO Concello de Cervo organiza para este nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o xoves 22 de decembro.
Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.
Estenderase durante as vacacións de nadal, finalizando o venres 7 de xaneiro. O horario de entrada será entre as 09:00h e as 10:00H e o de saída oscilará entre as 14:00H e as 14:30h, permitindo unha maior flexibilidade a pais e nais.
As inscricións poñeranse disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello a partir de mañá, 2 de...
leer másA XIV edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da A Pontenova celébrase do 4 ao 6 de decembro en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
Haberá demostracións de forxa de ferro, tear triangular, cestería, torno de madeira, coiro, xoias e lámpadas de cabaza. Tamén terá lugar a V Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos e unha mostra de cerámica popular antiga de Mondoñedo, Terra Chá e Gundivós.
O Concello de Riotorto organiza un baile de fin de ano para despedir este 2021.
A velada, que estará amenizada polo Dúo Sensación, dará comezo á unha da madrugada, a entrada será de balde e haberá servizo de bar. Ás 5:30 horas servirase un chocolate gratis para todos os asistentes.
A festa terá lugar no centro sociocultural e colaboran na súa organización as asociacións veciñais e culturais do municipio.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 982 346 222 ou na web www.concelloderiotorto.gal.
A ACD As Minas organiza la décimo cuarta edición do Festival das Minas, en A Pontenova, que se celebrará o 11 de decembro.
O programa de festexos dará comezo ás once da mañá coa apertura e visita da Mina consuelo para espeleólogos federados. O número de prazas é limitado.
Ás 21:00 horas haberá unha churrascada popular ao prezo de 16 euros. As prazas son limitadas. A xornada rematará coas actuacións musicais, a partir das once de noite, de La Movida, Eco das Minas e DJ Local. Aplicaranse as medias covid e os aforos serán limitados.
Colaboran na organización deste evento: Concello de A Pontenova e Deputación de Lugo.