Eventos

Etiquetas:
13/10/2022

O Concello de Viveiro organiza unha tarde de festa e convivencia gratuíta para as persoas maiores de 65 anos o próximo domingo 23 de outubro, unha actividade incluída no programa ‘Reconécta-te’.

A festa será no pavillón Antonio Tarrio do IES Vilar Ponte desde as 19:00 horas e inclúe uns pinchos, chocolatada e música en directo. A iniciativa vai dirixida a que os veciños e veciñas maiores de 65 anos pasen unha tarde de diversión, fraternidade e convivencia.
O prazo para inscribirse comeza mañá, venres 14 de outubro, e remata o próximo xoves, 20 de outubro.

Haberá catro puntos de recollida de entradas: no Concello de Viveiro, de luns a venres e de 09:00 a 14:00 horas; no centro sociocultural Casa do Forno de Celeiro, de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas; no centro sociocultural de Covas, de luns a venres de...

leer más
Etiquetas:
12/10/2022

El hotel Vila do Val acogerá los días 14 y 15 de octubre el II Torneo de Bridge Valadouro.

En el evento participarán 38 parejas procedentes de Asturias, Cantabria, Castilla-León, Galicia y Portugal. El torneo comenzará a jugarse el viernes a las 19:30 horas y continuará el sábado a las 17:30 hasta su finalización sobre las 20:30 horas. 

Está organizado por el Club Bridge Cidade de Lugo desde donde señalan que “la finalidad es dar a conocer la comarca de A Mariña a través de bridge, así como este juego que es universal”. Durante la mañana del sábado los asistentes harán una visita a la Torre del Mariscal Pardo de Cela, que será guiada por Jesús Pisón. Y el domingo se acercarán hasta la Basílica de San Martiño de Mondoñedo. 

La directora del hotel Vila do Val, María Hermida, asegura que “...

leer más
Etiquetas:
11/10/2022

Veciñas e veciños de seis concellos da provinciaparticiparán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total preto de 140 persoas dos municipios de Lugo, Ribas de Sil, Vilalba, Chantada, Cospeito e O Páramo as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.

Este martes,aAsociación de Veciños de Lugo LucusAugusti e a Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva Remeite de San Clodio viaxan este martes á Montaña e á Mariña, respectivamente.O grupo de Lugo comezou a súa viaxe no Centro de Interpretación Terras do Miño, antes de continuar a súa ruta cara A Fonsagrada e Negueira de Muñiz para descubrir a Seimeira de Vilagocende, o museo comarcal e unha adega. Os de Ribas de Sil coñeceron a...

leer más
Etiquetas:
10/10/2022

O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu esta mañá a presentación da 866 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan unha edición máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cunha achega de 20.000 euros. O deputado Efrén Castro na que participou tamén o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Paz, o pregoeiro desta edición Modesto Díaz, e o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, así  como representantes da corporación municipal.

O mundo do cabalo será protagonista das San Lucas co paso dos cabalos polas rúas e Praza da Catedral de camiño á feira (luns 17, ás 18.00 horas), así como o propio mercado (martes 18, todo o día),  diferentes certames morfolóxicos e de andadura e unha exhibición de doma nocturna espallados ao longo dos festexos. A organización destacou nese senso a celebración por primeira vez dentro da feira...

leer más
Etiquetas:
07/10/2022

O Concello de Barreiros vén de instalar dúas plataformas-miradoiro ao carón da ría de Foz-Masma. 

Segundo o Alcalde en funcións, Antonio Veiga, “estas infraestruturas atópanse nos lugares coñecidos como A Barcela e Pallares, localizacións desde as cales se obteñen unhas fermosas vistas deste espazo natural protexido e de gran beleza paisaxística”. 

A Ría de Foz-Masma forma parte da Rede Natura 2000 baixo as figuras de protección ambiental “Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)” e “Zona de Especial Conservación (ZEC)”. Así, xunto coa Zona de Especial Conservación As Catedrais, ambos recursos están integrados nesta rede europea de espazos protexidos, considerada un importante instrumento para fomentar a conservación e posta en valor da biodiversidade.

Segundo o Concelleiro de...

leer más
Etiquetas:
06/10/2022

Do 22 de outubro ao 12 de novembro desenvolveranse na Mariña e en Ferrolterra seis xornadas de turismo slow, que terán lugar en Cedeira, Barreiros, nas Fragas do Eume ou a carón do río Sor. 

O Turismo Slow Norte de Galicia é  un proxecto colaborativo posto en marcha no ano 2015 polas Mancomunidades de Concellos da Mariña Lucense e Ferrolterra, coa intención de promover un turismo sostible, é dicir, respectuoso coa natureza, coa xente que vive no territorio, coas empresas e traballadores do sector turístico. Así, con esta filosofía, que hoxe en día xa é tendencia, foise desenvolvendo un proxecto escaparate da oferta dos xeodestinos Mariña Lucense e Ferrolterra Rías Altas en resposta ao perfil do turista que escapa das masificacións e que está cada vez máis concienciado cunha forma de viaxar máis pausada, buscando o descanso, gozar do medio...

leer más
Etiquetas:
06/10/2022

Ata o 17 de outubro estará aberto o prazo de inscrición en Ribadeo + Economía Circular, un programa dirixido ao sector turístico da vila coa finalidade de promover a transición circular. 

Ribadeo + Economía Circular nace como un  programa de difusión, formación, asesoramento e acompañamento de cara a promover e facilitar a transición circular como fonte  de vantaxe competitiva para negocios do sector turístico da nosa vila.

Onte tivo lugar o evento de presentación ao que acudiron representantes de negocios locais de hostalería e restauración para profundar no concepto de economía circular da man da Cooperativa Alén, especialistas no deseño e aplicación de medidas circulares.

Acudiu tamén ao encontro Renata Lema, xerente dos aloxamentos turísticos Cabañitas del Bosque, situadas no concello...

leer más
04/10/2022

A veciñanza de seis concellos da provincia participará esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total unhas 140 persoas dos municipios de Ourol, O Saviñao, Antas de Ulla, Cospeito, Castro de Rei e Ribadeo as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.

Este martes, a Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva Aturuxeiros de Bravos, de Ourol, e a Asociación de Veciños do Saviñao viaxaron a Cervantes e Navia de Suarna e á Terra Chá, respectivamente. Os mariñaos coñeceron o Pazo de San Marcos antes de facer un percorrido pola aldea do Piornedo e a localidade de Navia de Suarna, onde tamén se achegaron a unha fábrica de embutidos. Os do Saviñao fixeron unha parada no Mazo de Santa...

leer más
Etiquetas:
04/10/2022

A 35ª edición da Feira do Mel do Valadouro celebrarase este sábado, 8 de outubro, desde as 10 da mañá, na praza de Santa María e na rúa Andrés López Palmeiro de Ferreira.

A organización, que corre a cargo do Concello do Valadouro, anuncia que “xa chega a XXXV edición da Feira do Mel - Mercado de Outono do Valadouro, onde o protagonista indiscutible será o noso ben querido líquido dourado”. 

E o programa de actividades é o seguinte:
10:00 horas.- Apertura do Mercado, no que participarán diversos produtores de mel da contorna así como produtos de tempada e artesanía. A media mañá haberá pasacalle e demostración de baile e música tradicional a cargo da Asociación Cultural Amado Lar. 
12:30 horas.- Obradoiro de fabricación de queixos para nenos de 3 a 12 anos.
13:30 horas.- Degustación gratuíta de...

leer más
Etiquetas:
03/10/2022

A parroquia de Landrove será o escenario, os días 7 e 8 de outubro, da VI edición da súa Festa Labrega e das V Olimpíadas Rurais.

Coa organización da asociación cultural Pequenos Pasos e a colaboración do Concello de Viveiro, os veciños e veciñas de Landrove regresan á forma de vivir e desfrutar do ocio no rural hai varias décadas.

“Quero agradecer o traballo da asociación Pequenos Pasos para organizar esta festa e a colaboración de todos os veciños de Landrove”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

O venres 7, ás 21.00 horas, terá lugar a prendida da chama olímpica, e ás 22.00 horas actuará un grupo musical tradicional e os asistentes poderán degustar gratis boliños preñados.

O sábado 8, ás 13.00 horas, o dúo Zafiro animará a sesión vermú, e ás 16.00 horas...

leer más