Eventos

18/05/2022

Seis asociacións da provincia de Lugo percorren esta semana a provincia grazas ao programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia. Unhas 120 persoas da Pastoriza, Lugo e Riotorto, cada un dos seis grupos co seu itinerario, descubrirán os municipios de Taboada, Chantada, Quiroga, Cervo e O Inicio. 

Este mércores a asociación veciñal Campo do Cruceiro de Santa Catalina de Pousada, da Pastoriza, arrancará a ruta no Pazo de San Marcos. Logo desprazaranse ata os municipios de Taboada e Chantada para coñecer a igrexa de Taboada dos Freires, a área recreativa Ponte Mourulle, o casco histórico de Chantada, o convento de San Salvador de Asma e o paseo fluvial, ademais de facer unha parada nunha adega. 

Neste día tamén se despraza pola provincia a asociación de familiares e enfermos de alzheimer e outras demencias de...

leer más
Etiquetas:
18/05/2022

O Concello de Foz celebra o Mes das Letras con diversas actividades que terán lugar do 19 ao 26 de maio. 

Na Casa da Cultura o 19 de maio haberá un obradoiro creativo de animación á lectura. Denomínase O conto estrelado e será impartido por Michel Casado e Raúl Marín desde as oito da tarde e está destinado a nenas e nenos de 3 a 6 anos. 

O sábado, 21 de maio, O Feitizo, a Banda de Música de Foz e ACM Dambara ofrecerán un Pasarrúas por Foz a partires das doce do mediodía. E xa pola tarde a partir das 19 horas no Campo da Cabana haberá un concerto ofrecido por estas tres formacións. Tamén o sábado está prevista a proxección dunha longametraxe finalista dos Mestre Mateo. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas. 

As actividades do Mes das Letras seguirán o 26 de maio con teatro infantil...

leer más
Etiquetas:
18/05/2022

Desde a organización explican que “coa intención de coñecer e recuperar a ruta do antigo Camiño Real que levaba ata Compostela, organízase este roteiro para o vindeiro 21 de maio. O recorrido é o seguinte:

Ourol, saída ás 9 horas cara a Loibán, pasando por Sabucedo e subindo por Sebrán ata o Foxo, seguindo pola Gañidoira, Bestemuz e baixanado ata Muras”. 

E engaden que “rematará a xornada cun xantar (previa anotación) no restaurante Santi en Muras. Si estás interesado en participar podes chamar ao teléfono do concello 982 559109”.

E lembran que “e preciso traer calzado axeitado e moitas ganas de gozar dun día en plena natureza”.

Na organización participan a asociación Camiño Real, a asociación cultural Roteiros da Carba e tamén os Concellos de Ourol, Muras e...

leer más
Etiquetas:
17/05/2022

A Concellería de Cultura organiza un rastrillo popular solidario que se celebrará o 29 de maio, na Praza da Mariña, en horario de dez da mañá e tres da tarde. As inscricións poden realizarse xa chamando aos seguintes números de teléfono: 982 581 141 ou 608 158 170.

A cita terá lugar na fin de semana na que se desenvolverían as festas patronais de Burela.

Desde a Concellaría de Cultura sinalan que “xa vos podedes anotar chamando ao numero que aparece no cartel. A única condición é doar un quilo de alimentos para o Banco de Alimentos”.

Neste rastro solidario de Burela pódense atopar libros, discos, roupa, accesorios, decoración e artesanía. Todo a prezos populares. 

 

16/05/2022

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou onte a terceira etapa do Camiño Inglés. 46 persoas percorreron o treito comprendido entre Pontedeume e Betanzos. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa dura, de subidas e baixadas, e longa, de 19 quilómetros, polo que chegamos cansados. Pasamos por zonas moi boscosas con subidas importantes. Saímos de Pontedeume e chegamos a Betanzos, onde acabamos a xornada cunha comida no restaurante El Arrozal, que estivo moi ben. Tivemos bo tempo porque foi un día de sol”.

E engadiu que “participamos 46 peregrinos da Mariña, sobre todo de Barreiros, Ribadeo, Trabada e Foz. Nesta etapa recibimos a visita da xefa de área provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, que é desa zona, concretamente de Cabanas, xa que grazas a ela...

leer más
Etiquetas:
16/05/2022

As actividades do Renacer do Cantil, organizadas pola Concellaría de Turismo, están a ter unha moi boa acollida. Todas as prazas se están a completar. Esta pasada fin de semana houbo arrolos o sábado e Tai Chi o domingo. 

Piñeira foi o escenario elixido para o desenvolvemento dos Arrolos do Cantil na mañá do pasado sábado, unha actividade que foi impartida por Vanessa González, de Siete ranas verdes, profesora de ioga e guía de baños de bosque. A cita perseguiu o benestar físico e mental, a través de técnicas de relaxación na natureza, respirando aire fresco, apreciando o entorno, escoitando o son das ondas, sentindo a suavidade da herba fresca e os suxerentes aromas do mar. O entorno foi decorado para a ocasión.

E onte, domingo, no Cargadoiro tivo lugar unha sesión de Tai Chi. Héctor Peña introduciu aos...

leer más
15/05/2022

O vindeiro 21 de maio (sábado) terá lugar o Festival da Terceira Idade para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas. Poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.

 As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse nas Oficinas Municipais ata o día 18 de maio.

Etiquetas:
14/05/2022

O vindeiro sábado, 21 de maio, a AECC de Ribadeo organiza un festival de danza solidario, contra o cancro coa colaboración da Escola Municipal de Música e Danza e outras persoas.

Será no Auditorio Hernán Naval as 20:00 horas.

Desde a organización agradecen “tamén o Concello de Ribadeo” a axuda e colaboración para realizar dito festival.

 

13/05/2022

O Concello de Ribadeo organiza o programa As parroquias en marcha, que dará comezo o vindeiro 23 de maio. Para participar nas actividades, que se desenvolverán ata o 18 de xullo e de setembro a decembro, é preciso inscribirse do 16 ao 20 de maio chamando á Casa da Xuventude ao teléfono 982 129 889. A veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias, excursións e teatro.

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo: “desde o Concello de Ribadeo queremos anunciar que volve outra vez o programa de actividades ás nosas parroquias. Nesta ocasión o nome que lle puxemos é As parroquias en marcha. É necesario volver activarnos, volver reencontrarnos cos nosos veciños e coas nosas veciñas e poder desfrutar daquelo que máis nos gusta e tamén das...

leer más
Etiquetas:
13/05/2022

O complexo Regalxunqueira de Viveiro realiza unha serie de actividades con motivo da Semana dos Museos, que se desenvolverán o venres e o sábado coa celebración dunhas xornadas de portas abertas.

O venres inaugúrase unha mostra das pezas mercadas, donacións e adquisicións por parte de Regalxunqueira para ampliar as obras dos museos, entre as que cabe salientar un prato de Picasso, a Cabra de Xulia Ramallo, un plato de M.Marco, un xarón chinés da Dinastía Ming, unha placa cerámica de Ruiz de Luna, pezas de cerámica figurada de María Conceuceicao Sapateiro e un mural de Nacho Porto.

Nas xornadas de portas abertas de Regalxunqueira pódese ver un documental realizado pola produtora madrileña Napama encol da obra de Otero Regal e o complexo e obradoiros de Xunqueira, titulado Terra, auga e lume.

... leer más