Eventos

10/02/2023

O Concello de Barreiros organiza para este Entroido unha semana de actividades para todas as idades. Na presente edición colaborarán co Concello na organización a comisión de festas do San Bartolo e as comparsas Os Macanudos e Habelas Hainas recuperando  a cea e a festa no pavillón municipal, que fora adiada por mor da pandemia os anos anteriores. 

No desfile, que terá lugar na noite do 24 de febreiro, repartiranse 1000 euros en premios entre as distintas categorías do desfile que serán entregados durante a festa posterior no pavillón.

Actividades infantís previas ao desfile

As crianzas poderán gozar neta ocasión de dúas actividades diferentes. O domingo 19, ás 18h,  será a festa infantil de disfraces no centro social con xogos, música e a visita dos cabezudos. O mércores 22 será a quenda...

leer más
Etiquetas:
09/02/2023

O Concello de Ribadeo conmemora o Día Internacional dos Humidais con varias actividades programadas os días 11 e 12 de febreiro. Haberá unha charla e tamén unha saída ornitolóxica. 

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “como cada ano, o 2 de febreiro celebrouse o  Día Mundial dos Humidais (DMH) para conmemorar a data da firma do Convenio Ramsar, relativo á conservación dos ecosistemas, que tivo lugar o 2 de febreiro de 1971. O obxectivo desta efeméride é visibilizar e crear conciencia sobre o valor dos humidais para a humanidade e tamén para o planeta. E tamén cada ano seleccionase un lema que axuda a centrar a atención nestes valores fundamentais e esenciais. O lema escollido neste 2023 foi  É hora de restaurar os humedais”.

O edil ribadense relatou que “deste xeito o Concello de Ribadeo conmemora o...

leer más
Etiquetas:
08/02/2023

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo inclúe unha nova actividade dentro da súa campaña de San Valentín para animar á veciñanza da zona a celebrar o Día dos Namorados na vila ribadense. Trátase dunha actuación da tuna de veteranos de Compostela (a Tuna do Camiño de Santiago), que percorrerá as rúas de Ribadeo onde hai establecementos hostaleiros asociados a ACISA este venres, 10 de febreiro, de 20:30 a 22:30 horas.

Para esta actividade ACISA Ribadeo conta coa colaboración da Xunta de Galicia. O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, comentou que “o que pretendemos é animar á veciñanza de Ribadeo e de toda a contorna a achegarse á nosa vila a celebrar o San Valentín, unha data que neste 2023 cae entre semana, de aí que pensaramos na posibilidade de poñer unha nota musical na...

leer más
Etiquetas:
08/02/2023

O Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un entroido por todo o alto, con actividades e festa para todos os públicos que xirarán en torno aos tres desfiles que se celebrarán en Cervo, en San Ciprián e en San Román de Vilaestrofe.

A tenente alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a programación xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco, a asociación Mulleres Rurais As Espalladoras e da asociación de montes veciñais de San Román e da asociación de veciños de Vilastrofe, colectivos, estes últimos que se encargan da organización dos entroidos de Cervo e de San Román, respectivamente.

Os actos de Entroido comezarán o sábado 18 en Cervo, cunha actuación infantil na carpa instalada na praza do Souto para dar paso ao prato forte, co Desfile de...

leer más
Etiquetas:
07/02/2023

O bar Goretti, de O Vicedo, acollerá este sábado, 11 de febreiro, pola tarde un torneo de futbolín organizado pola comisión de festas de Santo Estevo.

A organización anuncia que “será o sábado 11 de febreiro (hora por determinar en función dos equipos) e haberá premios para os primeiros e segundos clasificados. Correde anotarvos no teléfono 634.81.16.85”.

O prazo para inscribirse remata este xoves, día 9, e o prezo son 10 euros por parella.

 

Etiquetas:
06/02/2023

Do 17 ao 22 de febreiro desenvolverase a programación do Entroido de Burela 2023, que hoxe presentaron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Festexos, Toñi Eijo. 

As actividades arrincan o día 17 coa festa xuvenil que terá lugar de 19 a 22 horas na praza de abastos con dj, chocolatada e filloas. O 18 de febreiro, tamén na praza de abastos, está programado un pintacaras e obradoiro de máscaras de Entroido. Será de 11 a 14 horas.

No mesmo escenario, é dicir na praza de abastos, haberá un obradoiro de cociña infantil o 20 de febreiro entre as 16:30 e as 19:30 horas. As prazas son limitadas. É preciso inscribirse en Gaia nos seguintes teléfonos: 647 136 673 ou 982 580 867. 

O 19 de febreiro, domingo, será o desfile de Entroido a partir das cinco da tarde desde a Rúa do Ril ata a Praza...

leer más
Etiquetas:
06/02/2023

Os campionatos de baristas e de cata de cafés do IES de Foz celebraranse nas instalacións do centro esta semana, de mércores a venres. Haberá participantes de cinco comunidades autónomas: Galicia, Asturias, País Vasco, Castela-León e Madrid.

O evento foi presentado hoxe, luns, polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio; o concelleiro de Turismo focego, Chema Linares; a subdirectora do IES de Foz e membro do Departamento de Hostalería, Leticia Maseda; e o director do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, Isidro Berdeal.

Nicolás Asensio explicou que se celebrará “el décimo quinto Campeonato Internacional de Baristas de centros educativos y en paralelo se desarrollarán el décimo Campeonato Internacional de Cata de Café, el noveno Internacional de Baristas Profesionales y el tercero Internacional de Cata de Café para...

leer más
Etiquetas:
06/02/2023

O Concello de Foz e a asociación O Noso Foz acaban de publicar as bases que rexerán o desfile de Entroido Foz, que se celebrará o próximo 18 de febreiro. 

Estas bases que están a dispor de todos aqueles que queiran saír a desfilar nas redes sociais do Concello nos taboleiros de anuncios e na delegación de cultura, explican o funcionamento para poder participar. Todos aqueles que queiran entrar no concurso deberán entregar cuberta a solicitude coa documentación correspondente dependendo da categoría de inscrición. Poderá solicitarse e entregarse no mail cultura@concellodefoz.es e no teléfono 982.140.027 extensión 3.

Os participantes que se inscriban antes do luns 13 pola tarde participarán no sorteo de postos que se realizará no concello ás 20 horas. Os que se inscriban...

leer más
Etiquetas:
05/02/2023

O Concello de Trabada anuncia que o próximo venres, 10 de febreiro, haberá Cantos de Taberna nos tres bares do concello e explica: “contaremos cun grupo en cada establecemento así que se queredes disfrutar de unha noite diferente, con música e bo ambiente non podedes faltar”.

Será de 20:00 a 23:00 horas e no mesón Camiño Norte actuará Mestura de Nete, no bar O Porfirio cantarán Os Humedos del Eo e na Taberna da Curuxeira estarán Cantantes da Moncloa.

Etiquetas:
05/02/2023

A cidade episcopal celebra un ano máis o seu Entroido onde se repartirán 5.000 € en premios. A presente edición levarase a cabo o vindeiro sábado día 25 de febreiro e terá actividade festiva ao longo de todo o día.

Comezarán os actos de Entroido na mañá do sábado co Encontro de Baterías de Percusión que este ano será o segundo consecutivo no que se celebre.

A actividade de tarde arrancará ás 17:30h no Campo dos Paxariños, dende onde sairá o desfile – concurso de máscaras que percorrerá as rúas de Mondoñedo para rematar na Praza da Catedral.

Tras disto, como remate da festa, a Orquestra Principal e a Discoteca Onda Norte animarán a xornada na Praza do Concello, onde estará instalada unha carpa. Este será o lugar onde se entregarán os premios do concurso de disfraces, sendo a hora elixida...

leer más