Eventos

Etiquetas:
27/02/2023

A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Foz organiza a comida anual dos maiores para o día 11 de marzo, sábado, na Sala Bahía. 

A concelleira Ana Rojo anuncia que “un ano máis o Concello de Foz organiza a comida dos nosos maiores. Dende Área de Servizos Sociais volvemos cos preparativos para levar a cabo esta xuntanza tan esperada. Poderán disfrutar dunha comida totalmente gratuíta á vez que especial, onde os verdadeiros e únicos protagonistas son eles. Deixamos atrás anos duros de pandemia con restricións, prohibicións, separacións e protocolos de actuación. Agora toca volver xuntarnos e relacionarnos de maneira normal e tan ansiada por todos, especialmente polas persoas maiores. Lembramos que eles foron os grandes prexudicados por ese virus tan letal, afectándolles en gran medida na súa saúde e facéndoos vulnerables, dadas as...

leer más
27/02/2023

A Xunta de Galicia impulsa a posta en marcha do festival Mil primaveras, unha proposta arredor do universo creativo e o escenario vital do escritor Álvaro Cunqueiro, que se celebrará o sábado 11 de marzo en Mondoñedo. Trátase, ademais, dunha das 14 iniciativas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través do programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas.

A presentación tivo lugar hoxe na Delegación Territorial de Lugo e contou coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a xefa do Servizo de Coordinación Cultural de Lugo, Ana Mel; o concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García; e Irene Sineiro e Xosé Aldea en representación de Ouvirmos.

A...

leer más
Etiquetas:
25/02/2023

O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM), celebra o próximo 11 de marzo a tradicional Cea-Baile de Irmandade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Esta iniciativa, que se viña celebrando dende os últimos 17 anos, pero que foi suspendida nas últimas dúas edicións por mor da pandemia, supón un punto de encontro entre as mulleres de Viveiro fomentando as relacións sociais e o seu tempo de lecer.

“Esta cea supón un acto de unión e de solidariedade entre as mulleres de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

“Cremos que é moi importante celebrar esta Cea-Baile. Dende a Concellería da Muller vémolo como un paso importante para estar unidas e loitando porque se faga xustiza por un mundo realmente igualitario...

leer más
24/02/2023

O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, participou este venres na Cidade da Cultura de Santiago no acto de presentación do programa do Día das Letras Galegas 2023, que chega á 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego, natural de Lourenzá. 

A Deputación de Lugo colaborará co Concello de Lourenzá para a posta en marcha dun completo programa que inclúe no seu conxunto máis dun cento de actividades e accións que servirán para dar a coñecer e poñer en valor a vida e obra do homenaxeado. As iniciativas desenvolveranse ao longo de todo ano, con especial atención no propio Día das Letras Galegas 2023, o17 de maio. 

Etiquetas:
24/02/2023

O Concello de Cervo prepara unha axenda cargada de eventos para celebrar o Día Internacional da Muller a fin de semana do 10, 11 e 12 de marzo.

As actividades contan coa organización da delegación de Muller e Igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade de Cervo.

O venres, día 10 de marzo, Tito Rober amenizará a tarde a partir das 19:30 horas cun divertido monólogo no Auditorio da Casa da Cultura e a xornada rematará coa presentación do reportaxe “As mulleres de Cervo”, unha homenaxe en forma de vídeo ao incesante traballo de varias das mulleres do municipio.

O sábado 11 terá lugar a xa tradicional cea do Día Internacional...

leer más
Etiquetas:
23/02/2023

O Enterro da Sardiña en Burela será finalmente o vindeiro sábado, 25 de febreiro. 

A concelleira de Festexos, Toñi Eijo, explicou que “despois de vernos na obriga de suspender o Enterro da Sardiña na xornada de onte, mércores, por mor do mal tempo, estivemos durante esta mañá analizando a previsión meteorolóxica e vendo qué data podía ser a mellor para poñer o remate ao Entroido de Burela. E pensamos que o vindeiro sábado, 25 de febreiro, sería o mellor momento. O tempo mellora pola tarde esa xornada e entón celebraremos o noso Enterro da Sardiña co formato e o percorrido que tiñamos previsto, con saída ás oito da tarde desde O Poeta e con remate no Penoural”.

A edil burelesa anima “a toda a veciñanza a acudir a esta cita e a acompañar á Sardiña”. 

 

Etiquetas:
22/02/2023

O Teatro acollerá a Festa do Freixó do 24 ao 26 de febreiro. O recadado irá destinado á organización da excursión de fin de curso do alumnado de 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “aínda nos quedan un par de citas dentro da programación do Entroido de Ribadeo 2023. Unha delas é a Festa do Freixó. Pareceunos, aos organizadores, que deberíamos apostar dalgún xeito por manter esta tradición e unha boa maneira pode ser esta, axudando a algún colectivo como é o caso do grupo de pais e nais do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, que están a traballar na organización da viaxe de fin de curso do alumnado de 4º da ESO”.

A Festa do Freixó terá lugar o venres, día 24, de 18 a 22 horas. O sábado o horario será de 11 a 14 horas pola mañá e de 18:00 a 00:00 pola tarde...

leer más
Etiquetas:
21/02/2023

A comisión de festas de Santo Estevo organiza actividades de Entroido en O Vicedo para este sábado, 25 de febreiro.

Ás 16:30 horas empezará a festa infantil, na que haberá inchables; ás 18:30 horas actuará un mago e a partir das 21:30 horas celebrarase o desfile infantil con premios.

Ás 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán o dúo D´Vicio e Discomovil Eventec.

Ás 00:30 horas sortearase unha cesta de Entroido e haberá o desfile de adultos. E ás 01:00 horas realizarase un espectáculo de fogos artificiais. 

Os organizadores explican: “contaremos coa presenza dos xa amigos Duo Dvicio e Discomovil Eventec, que amenizarán a noite e, en dous descansos, faremos o sorteo da gran cesta de Entroido e o desfile de adultos. Ademais haberá unha pequena tirada de fogos...

leer más
Etiquetas:
20/02/2023

O Concello de Alfoz celebrará o Xantar da 3ª Idade o 4 de marzo, sábado. Será ás 14:30 horas en Finca Galea e antes, ás 13:00 horas, haberá misa na igrexa de San Pedro.

O Concello explica que “a organización da comida é a mesma que en anos anteriores. As persoas xubiladas de Alfoz, independentemente da súa idade, e as súas parellas (sexan matrimonio ou parella estable) non pagan nada. Considérase acompañante a aquelas persoas (fillos, coidadores, etcétera) que vaian cun xubilado/a que por algún motivo necesite axuda; nese caso tampouco pagaría o menú (a diferenza doutros anos que si o facían). Entregarase un detalle aos participantes de maior idade e tamén ás parellas que cumpran as súas vodas de ouro, non só neste 2023 senón nos anos anteriores en que non se puido celebrar esta comida por mor da pandemia. Haberá misa ás 13:00 horas na...

leer más
Etiquetas:
19/02/2023

A  Feira de San Rosendo, enSan Miguel de Reinante, no Concello de Barreiros, celebrarase os vindeiros 4 e 5 de marzo.

As actividades arredor desta feira de gando, que viña celebrándose un día, alónganse durante a  fin de semana co impulso da comisión organizadora, que conta co apoio do Concello de Barreiros e da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Así, a tradicional feira de gando e artesanía, o domingo a partir das 9.30 horas na Praza de San Miguel, refórzase cunha axenda lúdica que comeza o sábado, con sesión vermú, un aberto de billarda e  verbena, e continúa o mesmo día da feira con varias actividades paralelas como un concurso morfolóxico cabalar de Pura Raza Galega, unha carreira de andadura de cabalo marchador galego nas categorías serrada e chapeada e unha ximkana de xogos ecuestres.

... leer más