Eventos

03/08/2022

O Desfile de Entroido de Verán terá lugar este venres, 5 de agosto, en San Ciprián, da man da asociación Amigos da Maruxaina, coa colaboración do Concello de Cervo.
 
A saída do desfile está prevista desde a Casa do Mar, ás 20:00 horas. Haberá premios en distintas categorías e ao remate terá lugar unha sesión disco da man de DJ OVO na Praza dos Campos.
 
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata mañá xoves na Casa da Cultura en horario de mañá. 

 

02/08/2022

O Concello de Pontenova e o CIT A Pontenova organizarán o vindeiro 13 de agosto o Baixeo, unha baixada polo río Eo con todo tipo de artiluxios flotantes co lema baixa como poidas. Este evento dará comezo ao XXI Gran Faragull-eo, unha comida entre participantes, familiares e invitados na que estará presente o faragullo, un prato típico da zona.

O día comezará as 10:30 horas coa concentración na Chousa. As 11:00 realizarase a saída para Piegaponte e as 12:00 a saída para Salmeán, os puntos de partida dende os que poden comezar os participantes. As 14:00 horas será a chegada ó Pozo da Ola, coa que se dará comezo o XXI Gran Faragull-eo.

Os interesados en participar poderán anotarse ata o 11 de agosto, ingresando 15€ na conta número ES96 2080 0137 4130 4000 1688 de ABANCA – A Pontenova. Nesta inscrición, cada...

leer más
Etiquetas:
02/08/2022

Do 13 ao 15 de agosto terán lugar as festas na honra da Nosa Señora en Ourol. 

O sábado 13 ás 10:00 horas terá lugar o Gran Premio San Roque – Ourol, unha competición ciclista con distintas categorías, organizada polo Club Ciclista Viveiro.

O domingo 14 comezará a celebración as 21:00 horas co pregón das festas, que corre a cargo de Javier Mariño Chao, profesor do IES María Sarmiento e autor do libro “La jarra del trotamundos”. Despois ás 22:15 horas realizarase a gran cena popular, servida por Catering Rochela de Vilalba, seguida por unha gran verbena amenizada polo Grupo Fénix e a Orquestra Venezia.

Xa o luns 15 as 13:00 horas será a misa solemne e a procesión, á que seguirá a sesión vermú prolongada no atrio da Igrexa, amenizada polo Grupo Tapyöka.

Os festexos...

leer más
02/08/2022

O 26 de agosto terá lugar unha observación astronómica en Ribadeo. A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, xunto co programa O teu Xacobeo organizan en varios concellos de Galicia o programa de astronomía A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do camiño. 

En Ribadeo esta cita, coa que colabora o Concello, será o 26 de agosto. Comezará as 21:30 horas na Casa do Mar cunha charla sobre temas astronómicos de interese. E despois haberá unha observación astronómica na Praia dos Bloques as 22:15 horas coa que se completará unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas ao mesmo tempo que se goza dunha noite de verán.

As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo no correo electrónico sostibilidade@...

leer más
Etiquetas:
01/08/2022

O tren turístico ofrece oito viaxes diarias para que os visitantes poidan coñecer Ribadeo e os seus recunchos máis emblemáticos nun percorrido de 50 minutos de duración, que sae todos os días desde as inmediacións da oficina de turismo para achegarse ata o porto deportivo, o paseo marítimo, o Faro da Illa Pancha, onde realiza unha pequena parada, e pasa polas principais rúas da vila. 

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, contou que “dende hai varias semanas xa está en funcionamento o  tren turístico de Ribadeo, despois do proceso de licitación e adxudicación por catro tempadas. É un atractivo máis no importante numero de actividades turísticas que se promoven ou que se organizan dende o Concello, e que permite a quen nos visita e a veciñas e veciños coñecer dunha maneira moi cómoda e moi amena o casco de Ribadeo, e achegarse a enclaves...

leer más
Etiquetas:
01/08/2022

En agosto seguen as visitas guiadas ao Mosteiro de San Salvador, en Lourenzá. Teñen lugar de luns a sábado ás 12 da mañá. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono:  982121006, por correo electrónico a lourenzaturismo@outlook.es ou por whatsapp ao 646384124 

O Mosteiro de San Salvador é sen dúbida, o monumento máis importante do concello, un referente do barroco galego. Foi declarado monumento histórico-artístico no 1974.

Os primeiros datos da súa existencia son do 947. A partir do século XII, pasou de mosteiro familiar a mosteiro beneditino. A partir do 1505, intégrase na congregación de San Benito de Valladolid. No 1642, o prestixio da abadía chegou a tal que o rei Felipe IV outorgoulle o título de Marqués de Lorenzana a Don...

leer más
Etiquetas:
31/07/2022

Outro dos grupos participantes nesta 42ª edición da Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, o Ballet de Arte Folclórico Arxentino (B.A.F.A.), ademais da participación na Gala Internacional do domingo 7, o sábado 6 de agosto ás 22:00 horas no escenario da Praza Maior de Viveiro, ofrecerá o espectáculo Especial Arxentina. 

Trátase dun repertorio composto por obras de diferentes rexións e épocas como a Pampa Arxentina, Estampa de pampa e ceo, Antoloxía do Tango, Carnaval Coya, entre outras, que amosan con detalle cada cal co seu vestiario, as súas danzas, os seus sons, o seu sentir.... O Ballet de Arte Folclórico Arxentino (B.A.F.A.), provén da cidade de xeral Pacheco, partido de Tigre, provincia de Buenos Aires. 

É un dos ballets mais importantes de Arxentina. Creado en 1966 polo matrimonio formado por María...

leer más
Etiquetas:
30/07/2022

O Concello de Trabada organiza unha programación cultural e lúdica no verán para disfrutar de diferentes espectáculos artísticos: concertos musicais, cine, maxia... e está dirixida a tódolos públicos.

Na semana das Festas Patronais empezará o venres 12 de agosto coas actuacións na Praza do Concello con Uxía Lambona e a Banda Molona e á noite ás 22:00 horas será a proxección da película Valentina.

O domingo 14 de agosto comezará o día co Programa da Deputación de Lugo "Saborea a túa Provincia". Trátase dunha xornada gastronómica e lúdica que vai estar amenizada co grupo tradicional Tumba e Dalle e pola tarde ás 18:00 horas actuará Kote Malabar, que levará a maxia a Trabada.

O luns 15 de agosto as 18:00 horas terá lugar a actuación de Mamá Cabra.

E o martes 16 de...

leer más
Etiquetas:
30/07/2022

A Xira é como se coñece ao Día da Gaita e a Romaría a Santa Cruz, unha cita popular e gastronómica recoñecida como festa de interese turístico que este ano celebra o seu 60 aniversario. É organizada pola Asociación Amigos da Gaita o primeiro domingo de agosto no monte de Santa Cruz.

Pero a celebración non comeza o domingo senón o día antes, o sábado 6. Esa xornada haberá ás 19:30 horas un pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita, seguido do pregón homenaxe ao 60 aniversario e da actuación das escolas no Cine Teatro as 20:00 horas.

E xa o domingo dará comezo a festa. As 12:00 horas, no monte de Santa Cruz haberá amenización musical a cargo de Leña Verde de Pol mentres que no Cantón dos Moreno actuarán as escolas de Amigos da Gaita, seguido dun pasarrúas pola vila a cargo do grupo tradicional Xaramolos e a continuación...

leer más
Etiquetas:
30/07/2022

O Concello de Viveiro presentou a programación completa das súas Festas Patronais 2022, que durante tres semanas no mes de agosto ofrecerán actividades culturais de todos os estilos e para todas as idades.

“Despois de dous veráns de limitacións pola pandemia, recuperamos o pulso habitual das festas, que ademais da programación serán un lugar de encontro para os veciños de Viveiro, os familiares que viven fóra o resto do ano e os turistas que chegan á nosa vila”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

O concello retoma este ano a tradición do pregón das festas patronais a cargo do escritor Ramón Pernas, natural de Viveiro. Será o día 14 de agosto ás 13:00 horas desde o balcón da Biblioteca Municipal. Actuará alí a Banda Municipal o Landro interpretando o himno ‘Catro Vellos Mariñeiros’.

...

leer más