Eventos
O Concello de Foz conmemora o 8 de marzo con diversas actividades baixo o lema A igualdade é progreso.
A concelleira Ana Rojo explica que “como cada 8 de marzo, o Concello de Foz, dende a Área de Muller e Igualdade, conmemora o Día Internacional da Muller, con varios actos e un programa de contido temático durante este mes de marzo. Comezamos este sábado, día 4, e o luns 6 cunha xuntanza titulada Café con igualdade e lecturas de muller, coa participación de mulleres focegas lendo a autoras feministas galegas e nacionais (Clara Campoamor, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, María Casares, etcétera) que loitaron polos dereitos das mulleres reivindicando o seu papel nunha sociedade patriarcal e machista, sendo adiantadas ó seu tempo. Cabe destacar a participación e colaboración dos cinco colexios de Foz (Fondo Nois,...
leer másO Concello de Viveiro acolleu o acto de presentación do cartel da Semana Santa 2023 e do programa Adral, antesala da celebración relixiosa que reúne diferentes concertos, exposicións e conferencias.
“É emocionante pensar que xa queda tan pouco para vivir nas rúas de Viveiro o sentimento que acompaña sempre á nosa Semana Santa”, subliñou no acto a alcaldesa, María Loureiro.
“Quero animar a todos os cofrades e colaboradores da Semana Santa a retomar un ano máis a tradición máis antiga que ten Viveiro, arrimando todos o ombreiro para seguir consolidando esta celebración”, afirmou a rexedora.
“Para vivir de novo con todas as súas tradicións a Semana Santa de Viveiro, a Xunta de Cofradías traballa desde hai meses de forma incansable, polo que nunca lles estaremos o suficientemente agradecidos...
leer másA Área de Igualdade do Concello de Ribadeo programa un mes de marzo centrado nos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller, e que se desenvolverá con actividades de diferente índole para reforzar o principio de igualdade.
A concelleira Mónica Freire explicou que “arrincamos reivindicando co pintado de 38 pasos de peóns a mulleres pioneiras que fixeron historia polas súas iniciativas nos seus respectivos campos co obxectivo de facer reflexionar e de concienciar á cidadanía. Como xa anunciamos deste xeito pretendemos visibilizar a mulleres como Manuela Barreiro, Luz Pozo Garza e Concepción Arenal, entre outras, que romperon cos estereotipos establecidos pola cultura patriarcal abrindo novos espazos para as seguintes xeracións de mulleres”.
A edil ribadense anunciou que “ao longo do mes editarase un...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, vai celebrar o día da muller cun amplo e variado arco de actividades que pasamos a desglosar:
Xoves, 9 de marzo, ás 12:30 h. Concentración na praza do Concello, lectura manifesto e solta de globos, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón.
Domingo, 12 de marzo, ás 17:30 h. Chocolatada "Día da Muller", homenaxe ás mulleres do Club de Bolos. Salón de Actos.
Martes, 14 de marzo, ás 10:30 h. Teatro pola igualdade "A Gran Pequena Inventora" con Trémola Teatro, dirixido a nenos e nenas de 2 a 5 anos. Salón de Actos.
Venres, 24 de marzo ás 19:30 h. Charla "Saúde en feminino: o solo pelviano". Impartido pola matrona María González Cociña.
Este amplo Programa conta co...
leer másDo 11 de marzo ao 23 de abril desenvolveranse na Mariña Lucense oito xornadas de turismo slow, que terán lugar en Ourol, A Pontenova, Cervo, Foz, Xove, Ribadeo e Viveiro.
O Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto colaborativo posto en marcha no ano 2015 polas Mancomunidades de Concellos da Mariña Lucense e Ferrolterra – Rías Altas, coa intención de promover un turismo sostible, é dicir, respectuoso coa natureza, coa xente que vive no territorio, coas empresas e traballadores do sector turístico. Así, con esta filosofía, que hoxe en día xa é tendencia, foise desenvolvendo un proxecto escaparate da oferta de ambos xeodestinos para dar resposta ao perfil do turista que escapa das masificacións e que está cada vez máis concienciado cunha forma de viaxar máis pausada, buscando o descanso, gozando do medio natural e coñecendo e valorando a...
leer másDende a Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración realizará unha serie de actividades de sensibilización para nenos e nenas e uns concursos de lemas e debuxo para conmemorar o Día internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, que se celebra o vindeiro 21 de marzo.
A concelleira de Integración, Noelia Mª Ben, contou que “organizaremos unha nova edición da Ocainmigrante para o alumnado de 3º de Primaria dos Ceips municipais, Ceip Virxe do Carme e Ceip Vista Alegre, coa colaboración da aula de Medio Ambiente Gaia. Serán os días 23 e 24 de marzo. Con esta actividade preténdese sensibilizar aos máis novos sobre esta temática e ensinarlles a ver o mundo dende outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que nos rodea. Mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo,...
leer másGandeirías de Barreiros, Muras, Lourenzá, Valadouro e do Occidente asturiano participarán na Feira de San Rosendo, que se celebra esta fin de semana en San Miguel de Reinante, en Barreiros.
A área de Medio Rural da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros colaboran coa comisión organizadora desta feira tradicional que terá o seu día grande o domingo, co mercado gandeiro e vinte postos de artesanía e produtos agrogandeiros na Praza de San Miguel.
A apertura do mercado iniciará unha xornada na que, ademais da entrega de 2000 euros en premios aos mellores exemplares e lotes, acollerá outras actividades paralelas ligadas ao mundo do cabalo, como un certame morfolóxico, organizado por Puraga, que puntúa para o campionato galego, e unha xincana de xogos ecuestres, que conta coa colaboración de Xinetes de Remourelle...
leer másA concelleira de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben, presentou hoxe as actividades organizadas para conmemorar o Día Internacional da Muller. A próxima semana haberá unha exposición, a iluminación da fachada da Casa do Concello de cor violeta, lectura de manifesto, unha charla e unha representación teatral.
A edil burelesa explicou que “o primeiro que faremos será iluminar de violeta a fachada da Casa do Concello. O luns, día 6, ás sete da tarde na Casa da Cultura será a inauguración da exposición dos traballos realizados por mulleres nos cursos de tempo libre. Esa mostra poderá visitarse ata o venres en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 18 a 20 horas polas tardes. O martes ás 12 do mediodía no auditorio da Casa da Cultura teremos unha mesa redonda con mulleres da Garda Civil, que nos relatarán a súa experiencia profesional. Esta...
leer másO Concello de Barreiros encherá de cor as árbores e demais mobiliario urbano da súa praza para conmemorar o 8 de marzo, día internacional das mulleres.
A iniciativa promovida desde a administración local consistirá en “ vestir” unha das árbores situada na Praza do Concello e parte dos enseres urbanos con pezas tecidas principalmente polas mulleres barreirenses que, de xeito interxeracional, colaborarán entre si para lograr o obxectivo común de embelecer e humanizar os espazos públicos.
A concelleira de igualdade, Montse Porteiro, explica que “esta actividades está enmarcada dentro do programa + Igualdade Barreiros e pretende facer das nosas prazas e espazos públicos lugares máis cálidos e acolledores, enchelos de vida e ao mesmo tempo conmemorar este día poñendo no centro ás mulleres.” Segundo explica...
leer másA Concellería de Cultura ultima os detalles do XVII Mercado de Primavera que se celebrará o 25 de marzo.
Desde o Concello sinalan: “queda un mes... moi pouco tempo para o gran evento que levas esperando todo o ano: O Mercado de Primavera no Valadouro!!! Anímate, vai preparando as zocas, a indumentaria e as gañas de pasalo ben. Esperámoste o sábado 25 de marzo”.
O mercado, a tradición e a música serán os protagonistas da xornada.












