Eventos
O 19 de febreiro a partir das 17:00 horas terá lugar o Desfile de Disfraces polas rúas de Ferreira ata o pavillón polideportivo municipal.
Haberá premios para infantil e adulto individual, infantil e adulto parella e infantil e adulto grupo e tamén para o Entroido máis Simpático.
O 21 de febreiro será o Entroido Infantil na praza de Santa María a partir das 17:00 horas con inchables, obradoiros, xogos… en caso de choiva a festa trasládase ao pavillón.
E o 25 de febreiro será o Enterro da Sardiña con saída ás 20 horas desde o parque Concepción Arenal ata a Praza de Santa María. Haberá lectura de coplas e xuízo.
Correos emite hoy un sello dedicado a Maruja Mallo, una de las mayores exponentes del cubismo y el surrealismo en España, que formó parte del grupo de mujeres artistas llamado ‘Las Sinsombrero’ y desarrolló su obra junto a otros creadores como Lorca, Dalí, Neruda, Zambrano y Alberti.La emisión de este sello se incluye dentro de la serie Mujeres en el arte y pertenece a la colección de #8MTodoElAño, dedicada a mujeres emblemáticas en la lucha por la igualdad.
Ana María Gómez González (nombre original de Maruja Mallo) nació el 5 de enero de 1902 en Viveiro (Lugo). Fue la cuarta de catorce hermanos y hermanas y contó con unos padres adelantados a su época que apostaron por educar a todos sus hijos en la igualdad. A los once años, Maruja Mallo se trasladó junto a su familia a Avilés, en Asturias. Su padre, que había observado el creciente...
leer másO alcalde, Fernando Suárez, a través dun Bando pide ao empresariado que o Martes de Entroido pola tarde sexa flexible para facilitar a participación cidadá no desfile.
No Bando sinala: "Ribadeo disponse a celebrar as tradicionais festas do Entroido. Con este motivo a Alcaldía, ao tempo que convida a compartir o Entroido Ribadense a todos os veciños, veciñas e visitantes que se achegan a este concello, solicita do empresariado e comerciantes en xeral que o vindeiro martes, 21 de febreiro de 2023, pola tarde, sexa flexible nos seus traballos para facilitar a participación cidadá nestas festas e contribuír deste xeito ao realce das mesmas”.
A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz anuncian unha modificación nos premios programados para a categoría de grupos adultos. A gran afluencia dos mesmos levou a reformular a categoría ampliando a dotación destes, quedando como segue: 1º premio, 700 euros; 2º premio, 500 euros; 3º premio, 400 euros; 4º premio, 350 euros; 5º premio, 300 euros; 6º premio, 200 euros; e 7º premio, 100 euros. Tamén se inclúe unha nova categoría ao coche mellor engalanado de grupos que terá unha dotación de 250 euros.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “a participación no desfile sigue crecendo. O seu percorrido, que será coma todos os anos pero rematará na confluencia das rúas Irmandiños e Concello de Cervo, espérase con importante afluencia de público. Para que se desenvolva correctamente pídese aos participantes que ao finalizar...
leer másA Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza unha festa de Entroido no pavillón municipal de Alfoz para o vindeiro luns, 20 de febreiro.
Ás 21:00 horas empezará o desfile, con premios para os mellores participantes e para o que haberá que inscribirse desde ás 19:30 horas. E ao rematar terá lugar a festa amenizada pola orquestra Compostela.
Os organizadores anuncian: “o luns 20 de febreiro tedes todos unha cita no pavillón de Alfoz para a celebración do Entroido. Ao remate do desfile, festa amenizada pola Orquesta Compostela. Teremos servizo de bebidas e de bocadillos. Agardamos por todos vós”.
Para a organización deste evento a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.
Asociación Motera Martelos Costa Norte organiza unha chocolatada benéfica para este domingo, 19 de febreiro, na Praza Maior de Viveiro de 16:00 a 20:00 horas. Haberá actividades de ocio e animacións para @os nen@s.
Cada asistente deberá aportar 3 euros polo chocolate con churros ou biscoito. A recadación íntegra será doada á asociación Nico contra el cáncer infantil, que fomenta a investigación do neuroblastoma.
O Concello repartirá nos centros de ensino marca páxinas para celebrar o Día de Rosalía o 23 de febreiro. Esa xornada haberá tamén un obradoiro creativo e unha actuación de Arume.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “o 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, unha muller poetisa que marcou a cultura de Galicia desde que empezou a publicar as súas primeiras obras. É un día no que en case todos os concellos facemos algún tipo de homenaxe para recordar a súa figura. En Burela xa despregamos unha pancarta na fachada da Casa do Concello, onde se pode ver unha das súas poesías máis coñecidas e parte da súa biografía básica, para que ninguén esqueza nunca a figura desta gran escritora galega”.
O edil burelés explicou que “aparte diso queríamos facer algún acto ese día que escapara un pouco do habitual,...
leer másA Asociación de Veciños Camiño de Galdo presentou xunto á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro Garcia, o programa da Festa do Entroido que organiza coa colaboración do Concello.
A cita na parroquia viveirense ten o seu día grande o 25 de febreiro, xornada na que celebrará o Sábado de Piñata cunha festa que inclúe a actuación do Grupo Folixa de Asturias.
“Dende o Concello temos a responsabilidade e a obriga de apoiar ás iniciativas que xorden dende as Asociacións Veciñais como é o caso desta cita tan arraigada na parroquia de Galdo”, subliña a rexedora.
“Quero aproveitar para transmitir a miña gratitude e parabéns ás numerosas persoas que traballan para dinamizar a vida social e cultural de Galdo”, engadiu María Loureiro.
Dende as 22:30 horas comezará unha festa...
leer másXa está aberto o prazo de inscrición para participar no desfile de Entroido de Ribadeo, que se celebrará o 21 de febreiro. En total vanse repartir 4.500 euros premios.
As bases e a ficha de inscrición pódense consultar e descargar desde a sede electrónica do Concello de Ribadeo. O prazo estará aberto por sede electrónica ata o 20 de febreiro e o mesmo día do desfile, Martes de Entroido, no Cine Teatro á hora que reflicten as bases.
As persoas interesadas en obter máis información sobre o desfile de Entroido de Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa, poden dirixirse á Oficina de Turismo ou ás instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.
Desde o Concello e desde Acisa subliñan que “a inscrición no desfile pode facerse por parte dos participantes...
leer más












