Eventos
O Concello de Cervo programa para este fin de semana unha actividade con tobogáns acuáticos que estarán na praza dos Campos, en San Ciprián, ata o vindeiro luns, 6 de setembro.
A entrada é de balde e a inscrición farase no mesmo lugar. O horario de entrada libre será de 17:00 a 20:00 horas, o venres; de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, o sábado e o domingo; e de 17:00 a 20:00 horas, o luns. O horario reservado ao programa Concilia é de 11:00 a 14:00 horas do luns.
Estarán o tobogán deslizador Selva Acuática, para maiores de 4 anos, de seis metros de altura e un deslizante que termina nunha piscina; e o tobogán acuático Z-Gravity, para persoas de máis de 1´40 cm de altura.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, anunciou que “este fin de semana estaremos na Feira Semana Verde de Galicia, que se vai desenrolar en Silleda. Imos ter un stand onde imos promocionar a Feira do Bonito. Quero agradecer a Ledicia, que vai ser a encargada da degustación de bonito que imos facer o domingo, ás doce e media. Xa é a terceira vez que a facemos, sempre foi un éxito e esperemos que este ano tamén siga funcionando, a pesar das restricións sanitarias que nos imos encontrar na feira. A Semana Verde é unha feira á que asiste moitísima xente, penso que é moi interesante para Burela polo público que queremos traer aquí. Imos intentar promocionar tanto a Feira do Bonito como os outros atractivos turísticos que temos”.
O edil burelés engadiu que “seguimos avanzando e cada vez tendo máis xente que ten interese en vir pasar as...
leer másO vindeiro mércores, 8 de setembro, non haberá mercado semanal en Ribadeo por ser o Día da Patroa, festivo local. Anunciouno o concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso Galdo, quen explicou que “por ser o Día da Patroa, xornada festiva de ámbito local e un día moi especial para as familias ribadenses, non teremos o mercado semanal dos mércores”.
Pablo Vizoso aproveita a ocasión para desexarlles ás e aos ribadenses “un feliz Día da Patroa e que o pasen o mellor posible, dentro do que nos permite a situación de pandemia na que aínda estamos”.
O seguinte mercado semanal dos mércores será o 15 de setembro.
E tamén haberá Mercados dos Domingos ata o 10 de outubro.
A asociación musical A Chocolateira (Eco das minas) organiza diversas actividades para o 4 de setembro, sábado, na Praza dos Fornos, da Pontenova, desde as 19:00 horas.
Os actos comezarán cun pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional A Chocolateira. Ás 20:00 horas haberá unha demostración e obradoiro de billarda con Troitas Bravas. Para media hora despois está programada a actividade Teatro Kamishibai de contos en galegos escritos e ilustrados por Rocío F. Paz. E rematará a xornada cun concerto de Comando Curuxás, que empezará ás 21:30 horas.
O Concello de Barreiros programa unha axenda cultural para os meses de setembro e outubro con diferentes actuacións musicais e actividades para nen@s.
O sábado, 4 de setembro, ás 19:30 horas nas escolas de Reinante actuará o grupo de música tradicional popular Dúo El Fuelle. O domingo 5 ás 12:30 horas en San Cosme Truque Matruque presentará o espectáculo de música infantil Cantando os Cantares, dentro do programa Ler conta moito.
O 11 de setembro ás 19:00 horas na praia de Arealonga actuará o grupo de música e baile tradicional A.F. Arco da Vella.
O 19 de setembro ás 12:30 horas en San Cosme, haberá teatro infantil con Cartoons, dentro do programa Ler Conta Moito. Ademais celebrarase o Día da Bici, con saída da praia de Altar ás 17:00 horas.
O 25 de setembro ás...
leer másO Mago Antón actuará en Lourenzá este domingo, día 5. Será no seu vehículo con escenario, que se instalará na praza César Chavarría para presentar A volta a Galicia en 313 concellos.
As entradas son gratuítas e haberá funcións ás 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas.
O Concello de O Valadouro organiza unha semana cultural para rememorar as festas patronais condicionadas, un ano máis, pola pandemia. Estas actividades desenvolveranse, dos días 4 ao 8 de setembro, na praza de Santa María.
O sábado 4 ás 20:30 horas haberá unha demostración de baile, música e canto tradicional a cargo da Asociación Cultural Amado Lar.
O domingo 5 ás 21:00 horas celebrarase a Gran Gala do circo, maxia e humor presentado por O Neto do Gayoso.
O mércores 8 ás 13:30 horas haberá sesión vermú co Dúo Epo-K; ás 16:30 desenvolveranse actividades para nen@s con inchables, competición láser, tatuaxe purpurina e globoflexia; ás 18:00 horas, actuarán Seres Fantásticos; ás 22:00 horas ofrecerá un concerto folk tradicional Leirabuxo; e ás 23:30 horas actuarán Los Satélites.
... leer másA nova campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo, arranca mañá, mércores 1 de setembro, con máis de 100 establecementos adheridos.
O alcalde en funcións e concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello de Ribadeo vai poñer a rodar 600.000 Panchas para facer medrar a economía local, apoiando o comercio de proximidade, a hostalaría e o sector servizos de Ribadeo. Este ano a campaña da Pancha dá un paso máis, dixitalizando todo o proceso de adquisición e de compra e simplificando todas as operacións. Deste xeito tanto para comprar as Panchas como para facer os cobros unicamente se precisa un teléfono móbil tipo Smartphone. Así as Panchas poderán adquirirse dende o móbil en fraccións de 30 euros, polos que se obterá un contravalor de 40 Panchas, e ata un máximo de 7 packs por cada persoa participante, o que...
leer másA Concellaría de Cultura ven de presentar a programación coa que se rememorarán as festas da Patroa do 4 ao 8 de setembro. Os espectáculos serán para ver sentados e en recintos perimetrados. Haberá concertos, pasarrúas e actividades infantís. En Ribadeo estará o Mago Antón o día 6 e o 8, Día da Patroa, os Cocos e os Cabezudos bailarán nun espazo habilitado para eles. Haberá misa cantada pola Coral Polifónica ribadense. Esa xornada tamén ofrecerá o seu tradicional concerto da Patroa a Banda Municipal de Música de Ribadeo. Non serán unhas festas patronais como as anteriores á pandemia, pero o Concello quere contribuír “a que siga vivo o noso espírito festeiro”, segundo declarou a concelleira de Cultura, Pilar Otero.
A edil dixo que “non queríamos deixar pasar un ano máis sen celebrar dalgún xeito as patronais. Seguimos en tempos incertos que...
leer másA Coral Polifónica de Ribadeo celebra un novo concerto solidario a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. Será este mércores, día 1 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro de Ribadeo.
A entrada solidaria é ao prezo de 5 euros e a venda realizarase o mesmo mércores, en horario de 12:00 a 14:00 horas e dende as 19:30 h.
A Coral Polifónica de Ribadeo quere agradecer a todas as persoas que asistiron ao concerto solidario celebrado o pasado xoves. A limitación de aforo fixo que as entradas non chegaran para todos polo que decidiron facer este novo concerto que terá lugar mañá, 1 de setembro.
O Concello de Ribadeo colabora na organización deste evento.