Eventos

Etiquetas:
23/10/2020

Katia Puga Gonzalez é a afortunada do segundo sorteo de panchas que Acisa realizou hoxe, venres, dentro da campaña Domingueo en Ribadeo.

Desde a asociación lembran que “poderá pasar a recoller as súas 40 panchas polas oficinas de Acisa Ribadeo, sitas na rúa San Roque, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas  e de 16:00 a 19:00 horas”.

Os vindeiros sorteos de panchas serán o 30 de outubro e o 6 de novembro entre os usuarios rexistrados na app de Ribadeo Cerca de Ti. 

 

Etiquetas:
22/10/2020

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das XIII Xornadas Abrindo Camiño que se celebran esta fin de semana en Mondoñedo para promocionar a ruta xacobea do Norte. Están organizadas pola asociación do mesmo nome (Abrindo Camiño), coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Mondoñedo. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias; Luís Fernández Ansedes, presidente da entidade organizadora, e a concelleira Patricia Otero.

O Goberno galego patrocina as xornadas, que serven para poñer de manifesto a riqueza cultural, patrimonial e gastronómica da ruta, mediante charlas, visitas guiadas, exposicións ou concertos.

A programación desenvolverase entre o venres 23 e o domingo 25 de outubro. Inclúe exposicións de fotografía, do Museo das Zocas e da artesanía do barrio dos...

leer más
Etiquetas:
17/10/2020

Desde o Concello explican que “este ano por mor da pandemia que estamos a sufrir, debemos mudar a programación que víñamos facendo arredor do Samaín e que contribuía a conciliación familiar. Para non perder a vinculación con esta festividade, desde o Concello de Barreiros propoñemos un Samaín participativo desde os fogares e con dúas modalidades: decoración e relato”. 

MODALIDADE DECORACIÓN.
OBXECTO: decora cabazas, espazos, comidas, xardíns… con temática de medo ou referente ao Samaín. Fomenta a túa creatividade!
CATEGORÍAS:
- De 3 a 6 anos.
- De 7 a 11 anos.
PRESENTACIÓN: enviar foto da decoración realizada por whatsapp ao número 666-87-59-46 desde o 15 de outubro ata o 29 de outubro do 2020; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.
DETALLE: 1 por categoría para a...

leer más
Etiquetas:
07/10/2020
A Concellaría de Cultura ven de presentar a axenda para o último trimestre do ano na que haberá teatro, jazz, danza, concertos da Banda de Música Municipal de Ribadeo e espectáculos para os máis pequenos e pequenas. Este domingo, 11 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio municipal, terá lugar a representación de Juguetes rotos, protagonizada por Kike Güaza e o televisivo Nacho Guerreros.
 
A concelleira de Cultura en Ribadeo, Pilar Otero, dixo que “como noutras ocasións, desde que vivimos esta situación sanitaria, volvemos falar do seguros que están a ser os espazos culturais, e que se buscamos facer unha vida o máis normal posible, ir ao teatro, ao cine ou a un concerto, ou levar aos nenos e ás nenas aos espectáculos pode formar parte perfectamente desa nova vida que agora temos. Iso si, cumprindo...
leer más
Etiquetas:
06/10/2020

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia, organiza as II Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que se desenvolverán as fins de semana do 9 ao 18 de outubro. Nesta ocasión estarán destinadas aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia.  

Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembra que “se trata de xornadas con actividades gratuítas que o ano pasado estiveron dirixidas ao público en xeral e que este ano o ente supramunicipal xunto aos artesáns decidiu dedicar especialmente aos profesionais do turismo, hostalaría e comercio locais, axencias de viaxes e centros educativos. Co obxectivo por un lado, de que os profesionais do territorio e en contacto co turista podan...

leer más
Etiquetas:
06/10/2020

A Concellería de Cultura programa varias actuacións musicais e representacións de teatro para as fins de semana deste mes de outubro.

O vindeiro sábado, día 10, ofrecerá un concerto en Burela Roi Casal. O intérprete galego presentará o espectáculo titulado Son galego, son cubano. Trátase dun show con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países. A actuación terá lugar no auditorio municipal, dará comezo ás 21:00 horas e a entrada será de balde.

O domingo, día 11, Luis Vallecillo presentará o musical Cantamos?. Será no auditorio municipal a partires das 18:30 horas, con entrada de balde e está dirixido ao público familiar.

O 17 de outubro a compañía Malasombra Teatro representará a obra Bernarda. Terá lugar no auditorio municipal ás 20:30 horas e o...

leer más
Etiquetas:
01/10/2020

O Concello de Barreiros organiza en outubro o Mes das Letras coa obra de Carvalho Calero como fío condutor, o escritor ao que se homenaxea este ano polas Letras Galegas.

O domingo, 4 de outubro, ás 12:00 horas no centro sociocultural haberá bibliodiscoteca con María Faltri Picadiscos.

O domingo 11 ás 19:00 horas no centro sociocultural terá lugar un festival de maxia cos magos Owy, Martín Camiña e Manuel Lamas.

O domingo 18 ás 12:00 horas no centro sociocultural desenvolverase a actividade infantil Aquelando as nosas letras, a cargo de A Run Run.

O sábado 24 de outubro na Biblioteca Municipal celebrarase o Dia da Biblioteca coa presentación do libro de H.M. Rabunhal titulado Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra.

O domingo 25 ás 12:00...

leer más
Etiquetas:
29/09/2020

Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de ciencia cidadá "1m2 polas praias e os mares".

Trátase dun proxecto que se desenvolverá en ata 115 puntos costeiros e fondos mariños entre o 26 de setembro e o 4 de outubro co obxectivo de obter datos sobre a "basuraleza" que inunda a costa española.

O proxecto Libera chega a Cervo o 1 de outubro ás 17:00 horas. O punto de encontró será na praia da Caosa, onde dará comezo unha limpeza das praias ao mesmo tempo que se recollerán datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. A actuación será tamén no areal de Portelo. 

Subministrarase no punto de encontro todo o material...

leer más
22/09/2020

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Medio Ambiente e de Ecoloxía, anima á veciñanza a participar na campaña de concienciación medioambiental “Coida Cervo”, cuxo eixo principal serán as xornadas de voluntariado de recollida de lixo, pero tamén haberá charlas, coloquios, actividades prácticas, saídas de campo e campañas para incentivar a reciclaxe selectiva; entre outras.

Logo dunha xornada inicial de proba e toma de contacto que tivo lugar dias atrás para identificar as diferentes zonas nas que se irá actuando, este próximo xoves, 24 de setembro, terá lugar a primeira acción comunitaria aberta ao público. Trátase dun voluntariado de recollida de residuos de dúas horas de duración –entre as 12:00 e as 14:00 horas-; e o punto de encontro será o IES Marqués de Sargadelos. 

A fin de ter un control do aforo...

leer más
Etiquetas:
16/09/2020

Os Xardíns Noriega Varela de Viveiro acollerán este domingo, 20 de setembro, o espectáculo do Mago Antón Micromaxias, dentro do programa Cultura no Camiño.

Haberá actuacións ás 12:00, ás 13:00, ás 14:00, ás 17:30, ás 18:30, ás 19:30 e ás 20:30 horas. A duración do espectáculo é de 45 minutos.

O Mago Antón emprendeu no 2018 unha nova aventura no magomóbil coa idea de achegar a maxia a todos os concellos de Galicia. O vehículo está deseñado para a presentación de espectáculos de maxia para un máximo de 30 espectadores por función.

A reserva anticipada de entradas pode facerse a través do teléfono do Teatro Pastor Díaz 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es

O 26 de setembro ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz Baobad...

leer más