Eventos
O Concello de Ribadeo ofrece novas experiencias turísticas, que só se poden vivir unha vez ao ano. Iso correrá do 18 ao 20 de setembro cunha edición especial da Xeoruta dos Arcos, que se realizará aproveitando unha das mareas máis grandes deste 2020. As prazas para participar están practicamente esgotadas. O edil de Turismo, Pablo Vizoso, fai unha valoración moi positiva da acollida que tivo esta iniciativa, “xa que nun par de horas comprobamos que as máis de 60 prazas ofertadas estaban case cubertas”.
O edil ribadense dixo que “a costa de Ribadeo, conta cunha riqueza xeomorfolóxica salientable e excepcional, que fan deste espazo un referente xeolóxico tanto a nivel nacional como internacional. É un enclave natural dun alto valor ecolóxico, cunha elevada concentración de recursos naturais e paisaxísticos, cuxo máximo expoñente é a presenza do maior conxunto de arcos rochosos...
leer másA Fraga da Furna, na Serra do Xistral, e Mondoñedo serán as seguintes paradas de A Mariña en Ruta, os roteiros que organizou a Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense durante os meses de agosto e setembro.
Mañá, día 12, terá lugar a ruta á Fraga da Furna, que guiará Óscar Chao. A Fraga de Furna é unha ruta de interpretación de ecosistemas característicos da Serra do Xistral. Pretende ser unha iniciación á procura e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredacións…). A ruta discorre por unha das fragas mellor conservadas do norte galego, onde os asistentes terán a oportunidade de analizar a súa orixe xeolóxica, a súa fauna e flora asociadas, e comprobarán o contraste cos ecosistemas de altura e turbeiras de cobertor, así como a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas...
leer másO Concello de Mondoñedo presentou xunto con Manuel Fariña, presidente da Asociación Galega de Orquestras, e Mónica Barrreira, cantante da orquestra Principal, a programación alternativa de cultura e lecer para os vindeiros dous meses, que se desenvolverá durante todos os sábados, entre o 12 de setembro e o 17 de outubro, con todas as garantías sanitarias e sempre que o permita a evolución dos rebrotes.
Grazas á colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, promoverán o ciclo musical “Sons da Paula”, que pretende traer cada sábado un dúo musical, apostando por cantantes locais como Mónica Barreira e Silvia Campos, e tamén con artistas con tirón mediáticode orquestras como París de Noia ou FaniaBlancoShow, como é o caso de Diego Moreira ou Diego Barbazán, este último, concursante do programa da TVG “A Liga dos cantantes...
leer másA concelleira de Cultura, Pilar Otero, lembrou que neste 2020 non haberá festas patronais ao uso, pero si están programados algúns actos como a actuación da Banda Municipal de Música, ás oito desta tarde, no campo de fútbol do Gregorio Sanz. Ademais o 8 de setembro ás 11:30 horas sairán os Cocos polas rúas da vila, acompañados dos grupos de música de Amigos de Gaita e Illa Pancha e na misa da patroa actuará a Coral Polifónica de Ribadeo.
A edil declarou que “como todos nestes tempos o Día da Patroa vai ser un día moi atípico. Porén temos dito varias veces ao longo destes meses que a cultura non pode parar, que se viu o ben que nos veu o lecer cultural en tempos de confinamento, e é máis atrévome a dicir que agora mesmo os eventos culturais están a ser dos actos sociais máis seguros, grazas a que se toman as medidas precisas e as persoas...
leer másEn agosto a Cova do Rei Cintolo tivo máis de 600 visitas. Consciente do interese que esperta este recurso natural e todo canto rodea á espeleoloxía, o goberno municipal de Mondoñedo, agora presidido por Manuel Otero, leva anos traballando para consolidar o municipio como destino turístico vinculado a esta modalidade. Esta mañá, o alcalde e a concelleira de Cultura, Elena Candia, mantiveron unha reunión co presidente da Federación Galega de Espeleoloxía, Francisco Martínez García, coa que o Concello mantén un convenio desde o 2016 polo que esta entidade se encarga das visitas guiadas á cova. No encontro de hoxe abordáronse novas iniciativas, entre as que destacan una nova opción dentro das visitas guiadas á Cova e o proxecto do Espeleoparque da Mariña Lucense que promove a Federación Galega de Espeleoloxía.
Os representantes do Concello...
leer másA Concellería de Cultura presentou a súa programación para este mes de setembro no que se reanudará a actividade no Auditorio Municipal, a partires do vindeiro día 19. José Díaz subliñou que “se tomarán todas as medidas hixiénicas recomendadas polas autoridades sanitarias en prevención do Covid”.
O programa cultural dará comezo este mércores, 2 de setembro, coa actuación de Circo Chosco, que foi aprazada a pasada semana por causas metereolóxicas. O espectáculo, titulado Riscando o ceo terá lugar na Praza do Concello ás 20:30 horas.
O venres 11 haberá outra representación a cargo de Mere Clown con Aparvaolimpiadas. Celebrarase na Praza da Mariña, ás 20:30 horas, e inclúese na programación de Agadic-Rede de Teatros e Auditorios.
O sábado 19 retomarase a actividade no Auditorio Municipal coa...
leer másOs roteiros de A Mariña en Ruta seguirán nos primeiros días de setembro por Riotorto, Ourol e Viveiro. A iniciativa da Mancomunidade conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, amósase satisfeita pola acollida que están a ter as diferentes rutas organizadas a través do xeodestino durante os meses de agosto e setembro: “no caso das próximas que imos ter, xa podemos adiantar que as prazas para o roteiro de Riotorto está completas, para Ourol quédannos 5 prazas libres e para Viveiro hai 9 dispoñibles neste momento. Iso indica que esta iniciativa está a resultar moi interesante para as persoas que nos visitan este verán”.
A primeira das rutas en setembro terá lugar o día 1, o vindeiro martes. Será un paseo...
leer másO alumnado do obradoiro de emprego Ribadeo alén do Camiño realizará unha campaña de promoción do itinerario xacobeo desde agora e ata o vindeiro 15 de outubro. A devandita campaña inclúe visitas guiadas ao Santuario das Virtudes, á igrexa de San Xoán de Ove e ás capelas de San Roque e da Atalaia. O concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo e alcalde en funcións, Pablo Vizoso, visitou ás alumnas da especialidade formativa de Promoción Turística Local e Información ao Visitante, que se está a impartir nese obradoiro dual de emprego, promovido polo Concello de Ribadeo.
Vizoso Galdo explicou que “o obradoiro de emprego, que reiniciou as súas actividades o pasado día 1 de xullo despois de estar suspendido dende o 16 de marzo por mor da situación excepcional creada pola evolución da epidemia de COVID-19, ten entre os seus...
leer másO Concello de Foz programa actividades da iniciativa Cultura na rúa en recordo da Festa Normanda esta fin de semana, sábado e domingo.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “este ano por mor do COVID-19 non se pode celebrar a Festa Normanda, pero temos unha programación cultural en recordo, con sentidiño”.
O sábado Perkusiona ofrecerá un pasarrúas de batukada a partir das 13:00. Á mesma hora na paseo da Rapadoira terá lugar un concerto do grupo Super Glu. Na Praza Conde de Fontao haberá o espectáculo infantil Os Monifates ás 18:00 e ás 20:00 horas e o espectáculo circense de Troula Animación ás 19:00 horas. Ás 21:00 horas haberá de novo pasarrúas de batukada a cargo de Perkusiona. E rematarán as actividades desa xornada cun novo concerto do grupo Super Glu ás 21:30 horas na praza Conde de Fontao.
... leer másA Concellería de Servizos Sociais continúa coa campaña de concienciación social por mor do Covid-19. Garda os teus contactos foi presentada esta mañá polo equipo de goberno burelés nas escaleiras da Casa do Concello. Haberá sorteos, a través das redes sociais, e premios para os mellores comportamentos.
Carmela López explica que “nesta ocasión, un equipo de veciños e veciñas de Burela entre os que se atopan sanitarios, veterinarios, deportistas, traballadores municipais, psicólogos, influencers locais e membros de Corpos de Seguridade e do equipo de goberno municipal será o encargado de revisar mans limpas, o bo uso da máscara, a distancia de seguridade… e premiar o bo comportamento dos cidadáns en diferentes zonas e espazos da vila”.
A edil burelesa subliña que “ademais, promoveranse encontros telemáticos con...
leer más