Eventos
A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Mercado de Outono 2018 que se celebrará este sábado, 10 de novembro.
O programa de actividades dará comezo ás 10:00 horas na rúa Andrés L. Palmeiro, onde estarán instalados os postos de venda con produtos de tempada e artesanía. Ademais haberá pasarrúas con grupo folclórico polo centro de Ferreira.
Tamén a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura terá lugar un curso de fruticultura, con entrada libre, organizado pola Asociación de Fruticultores do Valadouro. Ás 12:30 horas ofrecerase unha degustación de caldo de castañas e ás 11:30 e ás 18:00 horas haberá xogos tradicionais en familia.
Pola noite, a partir das 21:00 horas terá lugar o XXVIII Magosto Popular, na carpa instalada no aparcadoiro municipal, a carón da piscina, que...
leer másOs preparativos do sexto Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo de 2019, botaron a andar en Santiago de Compostela coa xuntanza que os organizadores, Concello e Acisa, mantiveron nas últimas horas coa Cónsul Xeral e co Cónsul da República de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria, Yahima Martínez Millán e Ángel Aurelio Torres Jaime.
A vindeira edición do Ribadeo Indiano estará dedicada a Cuba, de aí a celebración deste encontro.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, explicou que “unha delegación do Concello e de ACISA, da man do ribadense Ángel Rodríguez Anes, mantivemos un primeiro contacto co Consulado de Cuba en Santiago para iniciar a organización da nova edición do Ribadeo Indiano, que vai estar dedicado a Cuba”.
Para a edil...
leer másO Concello de Ribadeo, desde á Área de Turismo, pon e marcha un novo itinerario turístico que ten como obxectivo “a posta en valor do corazón do noso municipio, o noso interior, un espazo fermoso, que ata o de agora se atopaba discretamente silenciado”, segundo explica Ana Martínez.
A concelleira ribadense subliña que “estamos diante dun área xeográfica que posúe unhas paisaxes únicas, que fan que este territorio presente un gran potencial turístico, ofrecendo unha gran variedade de recursos de todo tipo, culturais e históricos”.
Martínez conta que “con este itinerario queremos empregar a riqueza do interior como estratexia diferenciadora de cara a consolidar o turismo de interior como unha alternativa diversificadora da economía local e dos fluxos turísticos, empregando como fío condutor o patrimonio...
leer másA Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turismo de Galicia, vén de achegar 6.200 euros para promover a posta en marcha e sinalización da ruta circular en Burela. Trátase dun ambicioso proxecto, cun percorrido de 16,25 km de lonxitude, que une os principais atractivos turísticos deste municipio.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que este apoio autonómico está articulado a través dun convenio de colaboración asinado co Concello de Burela de tal xeito que a administración autonómica achegará o 65% do custe total desta actuación.
A axuda permitirá crear, subministrar e colocar distintos postes indicativos e paneis coa información desta ruta para que afeccionados ao sendeirismo, veciñanza e visitantes podan coñecer en todo momento o percorrido e as zonas de interese...
leer másLa Concejalía de Turismo de Viveiro organiza visitas guiadas gratuitas para los días 2 y 3 de noviembre.
El viernes 2 y el sábado 3 habrá visitas al casco histórico a partir de las 16:00 horas. El sábado también está programada una visita al complejo RegalXunqueira, a partir de las 12:00 horas. Estas visitas estarán guiadas por Boris Vilar.
Las plazas son limitadas y las inscripciones deben hacerse en la Oficina Municipal de Turismo o llamando al número de teléfono 982 560 879.
La salida será desde la oficina de turismo, en la avenida Ramón Canosa s/n.
A Mancomunidade de Municipios da Mariña organiza a sétima edición do Mes da Maxia que se celebrará do 2 de novembro ao 1 de decembro. O evento, no que participan 19 establecementos hostaleiros da comarca, foi presentado esta tarde no Cenima, en Foz, con asistencia do presidente desta entidade, Alfredo Llano, do director do Parador de Turismo de Ribadeo, Antonio Graña, do Mago Rafa, e do alcalde de Foz, Javier Castiñeira. Xunto a eles estiveron representantes da Asociación de Magos da Mariña.
Alfredo Llano fixo fincapé en que o obxectivo do Mes da Maxia pasa por desestacionalizar o turismo no mes de novembro: “nosoutros queremos un turismo fluído durante todo ano, que veñan en xaneiro, en febreiro, en marzo, … porque nos meses de xullo e agosto xa enchemos. Este ano de todas as zonas de Galicia A Mariña foi na que máis se incrementou o...
leer másA Concellaría de Xuventude e a OMIX organizan unha Festa de Samaín que terá lugar o venres, 2 de novembro, no pavillón de deportes a partir das 16:30 horas. A entrada será de balde.
Haberá obradoiros de decoración de cabazas, maquillaxe de terror, elaboración de bruxas de pau, baile de disfraces Truco ou Trato con discoteca móbil, xogos tradicionais, desfile, presentación de disfraces e photocall.
Para participar no obradoiro de decoración de cabazas será preciso levar a cabaza e utensilios para limpala.
As persoas interesadas poden obter máis información na OMIX - Casa da Xuventude, en Antonio Otero, 15, ou no seguinte número de teléfono 982 129 889.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que se celebrará no Cenima, de Foz, entre o 7 e 9 de novembro. Desde a organización explican que “a consecuencia de imprevistos de ultima vémonos na obriga de cambiar o programa”, quedando como se anuncia a continuación:
Lois Pérez. Mércores, 7 de novembro, ás 20:30 no Cenima.
Os soños na gaiola. Grupo de teatro da Pomba do Arco. Xoves, día 8, ás 20:30 no Cenima.
Olga Novo e Ismael Ramos. Venres, 9 de novembro, ás 20:30 no Cenima.
A asociación Fervenza de Sargadelos celebrará o Samaín o vindeiro mércores, 31 de outubro. Os actos terán lugar no Ecomuseo Terras de Azul Cobalto, de Cervo, a partir das 18:45 horas.
Comezarán as actividades coa actuación do Mago Pi, ás 20:00 horas haberá unha chocolatada e ás 20:30 horas un concurso de disfraces e cabazas. Os premios serán dous paseos a cabalo en Cabaliño de Pao. No concurso poderán participar todas as persoas que o desexen e valorarase a orixinalidade tanto do disfraz como da cabaza.
A xornada rematará ás 21:00 horas coa Estantiga das Ánimas, desfile polo Rego Cachón ata a praza do Souto.