Música
O vindeiro martes, 26 de abril, terá lugar unha audición de canto e piano na Escola Municipal de Música de Burela. Será na Aula de Banda ás 18:00 horas.
Desde a dirección do centro pregan o uso de máscara para asistir a este acto.
O pasado mes de febreiro xa se celebraron audicións de frauta e de vento metal e a principios do presente mes de abril de clarinete.
A Escola de Música de Foz organiza un concerto solidario a favor de Ucraína que se celebrará o vindeiro domingo, 24 de abril.
A actuación, baixo o título Música para Ucraína, correrá a cargo da Aula Coral a partires das 17:30 horas e terá lugar na igrexa parroquial.
As doazóns solidarias recadadas irán destinadas a favor de ACNUR e as aportacións á fila O pódense facer en La Caixa (ES42 2100 2262 1602 0028 6870) e a través de Bizum co código de ingreso 02971. Como concepto hai que indicar: Ucraína concerto solidario Escola de Música de Foz.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento.
O Concello de Ribadeo comeza o proxecto Argadelo. As voltas da música ao teatro, incluído no ciclo Cultura nas Parroquias.
Este obradoiro, dirixido a todas as idades, desenvolverá a súa primeira sesión o 18 de abril na Escola das Anzas. A actividade continuará todos os luns en horario de 19:30 a 21:00 horas.
Este proxecto, con vocación comunitaria e arredor do teatro e da música, será impartido polo músico, actor e compositor, veciño de Foz, Mano Panforreteiro.
Mañá sábado ás 12:30 horas na Praza do Souto, de Cervo, haberá un taller infantil de Ovos de Pascua. Vai enfocado a nenos de 5 a 12 anos e as inscricións farase antes de comezar o obradoiro na propia praza.
Tamén mañá sábado ás 21:30 horas na Praza dos Campos, dentro do ciclo de concertos O son do Nordeste, actuará o grupo de versións de rock THE NUNZIA'S ROCK COVER BAND.
E o domingo ás 13:30 horas na Praza do Souto, dentro do ciclo de concertos A Caixa de Música, actuará o grupo Axóuxere de Roupar.
Para todas actividades están habilitadas dúas carpas, tanto na Praza do Souto como na Praza dos Campos.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma a súa actividade co concerto de Semana Santa, que se celebrará o mércores 13 de abril ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo.
O director da formación David Ballester, anuncia que “despois de que a Banda non puidese celebrar o concerto Aquí como en Viena, que tíñamos preparado en decembro do ano pasado, porque daquela había un número importante de casos de Covid na nosa vila, retomamos agora a actividade, esperemos que coa maior normalidade posible, co concerto de Semana Santa. Celebrarase o mércores 13 de abril ás 20:45 horas na igrexa parroquial”.
David Ballester agradece “tanto á asociación Amigos da Semana Santa como ao párroco de Santa María do Campo a súa disposición a celebrar alí o concerto”.
O director da Banda...
leer másEste martes, 5 de abril, ás 19:00 horas terá lugar nas instalacións da Escola Municipal de Música de Burela unha audición de Clarinete.
É unha actividade aberta ao público, con entrada libre e gratuíta.
O pasado mes de febreiro xa se celebraron tamén audicións de frauta e de vento metal.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o vindeiro xoves, 7 de abril, ás 20:30 na Casa da Cultura de Foz un concerto de presentación do último disco de Ugia Pedreira.
O traballo, titulado Segmento Cantábrico, mistura spoken word, poesía e canción; un álbum de composición folk, de folk progresivo, que aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano.
Ugia Pedreira, como todos vos sabedes é unha das voces máis recoñecidas da musica galega actual. Nada en Vilaronte, A Mariña marca absolutamente a súa música.
Este domingo, 3 de abril, segue en Cervo o ciclo a Caixa de Música.
Abya Yala Ensemble é un grupo de música jazz & fusión latinoamericana, que ten como obxectivo achegar á comunidade o material sonoro de América Latina.
O concerto terá lugar o próximo domingo, 3 de abril, na Praza do Souto, de Cervo, ás 13:30 horas.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola. Están programadas nove ata o mes de xuño.
“Consideramos que estamos en condicións de manter unha certa presencialidade no noso día a día como xa fixemos coas clases, garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene e coa máxima precaución, pero entendemos que debemos continuar coas actividades previstas con certa normalidade”, apunta Hugo García, responsable da Escola. “Tanto para o alumnado como para as familias cremos que é un momento especial, de poñer en valor o traballo feito dentro da aula e, ao tempo, unha ocasión para achegar máis aló das catro parades da Escola, toda canta actividade leva a cabo o centro”, engade.
... leer másPrestoxove organiza a XXXI edición do Curso de Música Semana Santa que se celebrará os días 9, 10, 11, 12 e 13 de abril, patrocinado polo Concello de Xove.
Baixo a dirección de Xan Carballal, este curso dará comezo o 9 de abril con clases de cordas e vento polas mañás e durante as tardes o grupo infantil e cámara. As xornadas desenvolveranse de 10:30 a 20:00 horas e as clases serán impartidas por Nazaret Canosa, Nara Carballal, Saúe Canosa e Benjamín Iglesias.
O martes 12 ás 18:00 horas celebrarase un concerto de cámara e o mércores 13 tamén ás 18:00 horas, haberá un concerto de clausura. Ambos terán lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove.