Teatro
A Concellería de Cultura e Xuventude organiza un taller de teatro para nen@s e xóvenes con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. Será impartido por Juan Villarino e o prazo de inscrición ábrese este venres, 15 de setembro, e rematará o 1 de outubro.
O concelleiro de Cultura e Xuventude, José Díaz, anunciou que “desde la Delegación de Xuventude del Concello de Burela queremos presentar un taller de teatro que va a haber para niños entre los 8 y los 16 años”.
O edil socialista lembrou que “ya el año pasado hicimos uno de características similares que gustó mucho y que tuvo muy buena respuesta por parte de las familias de los niños que se apuntaron, y por eso quisimos repetir siguiendo con nuestra actividad a través de la Casa da Xuventude con todo lo que podemos hacer para el público más joven”.
Díaz...
leer másO vindeiro 6 de outubro chegará a Burela Desenfreno Cabaret con Sexo, ideas y mucho follón, un espectáculo do que todos falan e ao que todos volven. Trátase dunha peza con textos de Ozkar Galán e Agustín Leirós e coreografías de María de Heredia nas que Hugo Santos, María de Heredia, Lucía González Domínguez e Agustin Leirós serán Skinny Boy, Mary Shave, Lulú Dimanche e Puttanesca. Son 4 artistas galegos internacionais formados entre Vigo, Madrid e Venecia, que tras percorrer os escenarios de Italia, Polonia, Grecia e Chipre volven a Galicia para presentar este cabaret.
Esta función terá lugar o 6 de outubro na Casa da Cultura de Burela ás 21:00 horas.
As entradas estarán a venda na Biblioteca Municipal, Cervecería-Vinoteca O Traste e en www.ticketea.com. O prezo será de 7...
leer másO sábado, 2 de setembro, ás 13:00 horas na Praza da Fontenova terá lugar a representación da obra “A Troita do Miño” da man da compañía Ti e Mais Eu Teatro.
A iniciativa parte da Área de Cultura da Deputación de Lugo dentro do programa Buxiganga, Proxecto Teatral Afeccionado. Trátase de achegar ó publico actividades culturais de calidade, para dun xeito gratuíto encher o tempo de lecer estival.
Un ano mais, a Asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro forma parte deste circuito cultural achegando o Teatro á Rúa.
Nesta ocasión, a compañía Ti e Mais Eu Teatro representará “A Troita do Miño”, dirixida a un público infantil e familiar trata da época de sequia e cambio climático pola que atravesamos. O caudal limpo dos ríos, cheo de auga e de troitas é unha imaxe que...
leer másA Deputada de Cultura, Pilar García Porto,e o Alcalde do Valadouro, EdmundoMaseda, e o Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao González, presentaron na Casa da Cultura do Valadouro a XXXII Semana do Teatro que se celebra dende o 30 de agosto ata o 6 setembro nesta vila, e na que o Goberno da Deputación é a máxima patrocinadora, cunha achega 8.000 euros, para promover esta actividade; así como para a celebración do Entroido do Concello, dentro do Plan Estratéxico de Turismo.
“Facémolo dentro da nosa aposta en valor dopatrimonio cultural como un factor diferencial de cada un dos municipios lucenses, capaces de xerar riqueza ao promover o turismo”, explicou García Porto. A Deputada remarcou a profunda tradición teatral que existe no Valadouro, que este ano celebra a súa 32ª edición; ademais de ter entre os seus ilustres veciños un Premio...
leer másVén de nacer un novo grupo de teatro no Val de Alfoz e Valadouro. Son once rapaces novos (o menor de 16 anos, ningún deles chega ós 30), antigos compoñentes do Grupo de Teatro do Instituto Alfoz-Valadouro e do Grupo de Teatro Xuvenil "A Maseira", a maioría deles universitarios ou coa súa carreira xa rematada, que quixeron recuperar a súa presenza nos escenarios preparando unha obra titulada "Brancura".
Trátase dunha reflexión en clave de humor sobre o propio mundo do teatro afeccionado do que estes rapaces levan formando parte hai xa bastantes anos. Estrearase o día 30 de agosto, ás 22,00 horas, na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, dentro da Semana do Teatro que cada ano organiza este concello.
Algúns dos rapaces xa actuaron tamén no Grupo Teatral Raiolas. O grupo está formado por Leni Níñez, Claudia Pena...
leer másO prazo para inscribirse na primeira edición do certame de teatro afeccionado que convoca o Concello de Lourenzá rematará o día 30 de setembro e xa hai varias compañías que se amosaron interesadas en participar. Así o explicou hoxe o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.
As representacións a cargo dos grupos que superen o proceso de selección terán lugar no salón de actos do Concello os sábados e domingos dos mes de novembro deste ano. E o primeiro domingo de decembro celebrarase a entrega de premios nunha gala na que haberá unha representación teatral profesional.
Cada compañía de teatro seleccionada recibirá 300 euros en concepto de participación, desprazamento, montaxe, etcétera. E ademais haberá seis premios: o Conde Santo á mellor representación, dotado con 600 euros e trofeo; e cinco premios que...
leer másO Casino de Mondoñedo organiza unha nova actividade para o sábado 19 de agosto.
As artistas mariñáns Ugia Pedreira e Marina Oural presentan a performance de poesía e música, titulada Unha faba, unha vida.
A actuación terá lugar no Casino de Mondoñedo ás 20:00 horas.
O prezo da entrada para os non soci@s é de 3 euros.
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, o Tenente de Alcalde, Xabier Pardiñas Suárez, e o director valadourés, Manuel Lourenzo presentaron no Castelo de Castro de Ouro, “Teatro no Castelo”, coa que a compañía Elsinor representará Derivas. O Goberno da Deputación contribúe con 8.000 euros ao financiamento dos eventos culturais deste Concello, como o festival de cine, as viaxes culturais, a publicación de libros, o mes do teatro, Festival ArcadioMon, ou as OlimpiadasInterparroquiais.
A Deputada remarcou a intensa actividade cultural do Concello de Alfoz, que conta co apoio da Deputación. “Esta obra de teatro representase nun marco incomparable, como é o Castelo de Castro de Ouro, verdadeiro emblema histórico deste Concello. Esta representación celebrase nun entorno privilexiado, que...
leer másO Concello de Lourenzá, por medio da Delegación de Cultura, convoca o primeiro de teatro afeccionado, que se celebrará en novembro deste ano.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou: “na xunta de goberno local aprobamos as bases do primeiro Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará durante o mes de novembro deste ano. O prazo de inscrición dos grupos rematará o día 30 de setembro”. De entre todos os grupos que se inscriban, un xurado presidido polo edil de Cultura seleccionará un máximo de 8 agrupacións.
Manuel Arango explicou que “as representacións terán lugar os sábados e domingos de novembro e o primeiro domingo de decembro celebrarase unha gala, na que se entregarán os premios: o Conde Santo, á mellor representación, estará dotado con 600 euros e trofeo; os premios...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza un ciclo de teatro infantil, que se desenvolverá dende mañá, martes, no patio do colexio Número 1. Todas as representacións están programadas para as 21 horas.
Mañá, martes, día 1 de agosto a Compañía Pérez y Fdez ofrecerá a obra O Poder de Anabel; o mércores 2 Expresión Produccións representará Os limpa limpa; o xoves 3 o grupo de teatro A Adala Infantil ofrecerá A rá que se quedou sen charco. E rematará o ciclo o luns día 7 Abarajar Produccións co espectáculo de maxia Fusión.
Queimada ibicenca
Dentro da programación para o vindeiro mes de agosto en Foz inclúese tamén a Queimada ibicenca, que organiza a agrupación O Feitizo. Será este mércores, día 2, a partir das 21:30 horas no paseo da Rapadoira. Haberá actuacións musicais e tamén empanada, refrescos,...
leer más