Alfoz

Etiquetas:
10/07/2017

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, xunto ao Concelleiro de Turismo, Xabier Pardiñas, a outros membros da organización, presentaron este luns a XIX Feira Medieval do municipio, que financia o organismo provincial a través dunha axuda de 2.000 euros para a celebración deste evento. Ademais a Deputación colabora con demostracións de artesanía e oficios tradicionais, a través do CENTRAD.

Vidal Baamonde subliñou que “esta Feira rememora o pasado históricode Alfoz,e celebrase nun marco incomparable como é a contorna de castelo de Castro de Ouro, polo tanto unha cita ineludible para esta fin de semana, e para coñecer o legado histórico de Alfoz”. Ademais, o Deputado explicou que dende o Goberno da Deputación“na presente anualidade investimos 330.000 euros para a realización de 71 eventos turísticos...

leer más
Etiquetas:
09/07/2017

O Concello de Alfoz organiza o 2º Maratón de Pintura ao Aire Libre que se celebrará o domingo 30 de xullo.

As bases recollen que poden participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra senior. A temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, e os participantes deberán aportar o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.

As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00 horas.

O maratón...

leer más
Etiquetas:
28/06/2017

A sala de exposicións do Castelo do Castrodouro, en Alfoz, acolle ata o día 29 de xullo, unha mostra fotográfica de Luis Cristian Carabalí Ferigra.

Baixo o título de "Memorias dun fotógrafo. Paisaxes de A Mariña" recolle instantáneas de diferentes puntos da comarca entre as que se atopan algunhas do propio Castelo do Castrodouro e algunha secuencia do Mercado Medieval de Alfoz.

A mostra precisamente poderase visitar durante a celebración do Mercado Medieval que terá lugar en Alfoz os días 14 e 15 de xullo, compartindo espazo dentro da torre cunha exposición de traxes medievais da deseñadora Reme Espantoso e coa colección de calzado tradicional de madeira da Sala-Museo das Zocas de Alberto Geada.

O Castelo de Castrodouro está aberto actualmente  en horario de fins de semana e festivos de...

leer más
Etiquetas:
27/06/2017

Os días 1, 2 e 16 de xullo celébranse na parroquia de Mor, no concello de Alfoz, as Festas do San Pedro e do Carme.

Na primeira fin de semana de xullo, o sábado día 1, haberá misa solemne ás 12:30 horas e procesión. De seguido terá lugar a sesión vermú e festa verbena amenizadas coa música de La Favorita e a Disco Móvil Fabrik. Ademais haberá inchables gratis. O domingo, día 2, ás 12:00 horas celebrarase a misa solemne, e de seguido a sesión vermú co Dúo Epo K.

O programa de festas continuará o domingo, 16 de xullo, con misa solemne ás 9:00 e ás 12:00 horas, tras esta última cerimonia terá lugar procesión. Despois terá lugar a sesión vermú e festa verbena amenizadas polo trío Lembranza. Ademais haberá unha cea gratuíta para veciñ@s con sorteo de agasallos.

Unha das novidades introducidas...

leer más
Etiquetas:
20/06/2017

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza un xuízo a María Soliña na noite de San Xoán, o vindeiro venres, 23 de xuño. 

Os asistentes poderán degustar sardiñas, panceta e chourizo con pan gratis se son socios, e a un prezo de 5 euros para os non socios.

Colaboran na organización desta actividade o Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e A Abala de Fazouro.

 

Etiquetas:
17/06/2017

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) organiza o II Festival Músico Vocal Arcadio Mon que se celebra en Alfoz o 3 venres de agosto.

Este ano o festival será no adro da igrexa de San Pedro, no mesmo lugar no que ao día seguinte se celebrará a famosa Festa dos Choferes, e nel participarán famosos artistas do panorama musical galego ademais de celebrarse o concurso para novos talentos musicais como o ano pasado.

A organización fai un chamamento aos xoves con menos de 20 anos que canten ou toquen algún instrumento musical, para que se anoten a este concurso. As persoas interesadas poden facelo no correo electrónico peinoster@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 619 38 99 97.

Os organizadores pretenden que este festival perdure no tempo e...

leer más
Etiquetas:
17/05/2017

A clausura das IV Olimpiadas Interparroquias de Alfoz 2017 ten lugar o sábado, 20 de maio, cunha cea-baile que se celebrará en Finca Galega.

A venta das entradas para todo o público é a través do número de teléfono 656 663 351.
O prezo é 25 euros para os adultos cun menú composto por pinchos variados, solomillo de porco, postre, café, chupito e viños Albariño e Mencía. Os prezos para o público infantil son 15 euros co mesmo menú que os adultos, e 10€ cun menú de froitos variados.

A cea dará comezo ás 22:00 horas e o baile estará amenizado coa música de O Xilo.

15/05/2017

O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, ten lugar en Alfoz unha homenaxe ao escritor ao que se dedica este ano, Carlos Casares.

Os actos comezan ás 17:30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Alfoz cunha conferencia de Lionel Rexes. Despois haberá un gran xogo sobre as Letras Galegas dentro do programa Ler conta moito e a actuación do Coro Virxe das Dores de Ferreira do Valadouro.

O programa continúa cunha representación teatral do grupo Bule-Bule tártaro fusión (Trangalleiros de Lourenzá e Raiolas de Alfoz) estreando a obra Xente con xente. Finalmente terá lugar a entrega de premios Trulasqui.

 

Etiquetas:
06/05/2017

Durante as fins de semana do mes de maio, en horario de 11 a 14 e de 16 a 20, poderase visitar no primeiro andar do Castelo do Castrodouro a exposición titulada "Galicia, Biodiversidade" cedida polo CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

A través desta exposición poderase coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.

Nela atoparanse as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. E tamén coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana.

Etiquetas:
09/04/2017

A oficina de turismo de Alfoz, ao igual que o Castelo de Castrodouro, terán un horario especial durante a Semana Santa. 

Estas instalacións permanecerán abertas dende o luns, 10 de abril, ata o domingo, día 16, en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 16:00 a 19:00 horas ás tardes.

Na actualidade o Castelo de Castrodouro acolle tres exposicións. Unha delas é a recreación dunha antiga escola, e outra mostra refírese ao cambio climático, os seus efectos e as súas posibles solución. Ademais no Castelo tamén se pode visitar o Museo das Zocas, e o miradoiro ao aire libre no alto da torre. A entrada é gratuíta.