Concerto
A programación cultural de Foz inclúe para este fin de semana dúas representacións teatrais e un concerto.
Mañá, venres, ás 21:00 horas no centro social de Santa Cilla o grupo de teatro O Centiño representará a obra Zume de amorodios.
O sábado 24 ás 20:00 horas na Sala Bahía haberá un concerto da Banda de Música de Foz. E o mesmo día á mesma hora na Antiga Báscula de Marzán o grupo teatral Pico do Castro representará a obra Matías está tolo.
O trompetista da Banda Municipal de Música de Ribadeo Álvaro García, que estuda Deseño en Bilbao, elaborou o cartel do concerto de Santa Cilla que se celebrará no Cine Teatro este sábado, día 24, ás 20:30 horas.
Sobre esa actuación o director da Banda de Ribadeo, David Ballester, anunciou que “teremos a Carlos Villar tocando unha peza de xilófono, como solista, e tamén haberá un dúo de frautas, a cargo de Paula Pérez e Eva Iglesias, cunha obra de aires celtas que está bastante ben”.
O director da Banda ribadense comentou tamén que “ultimamente neste concerto de Santa Cilla dedicamos a algún compositor unha serie de pezas en concreto. Este ano ímolo facer dedicado ao compositor e director belga Bert Appermont, que é un dos meus compositores preferidos para música de banda e tiven a sorte de coñecelo nunha...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este mércores, 21 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza dentro dos actos do 25 aniversario do centro.
Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Bach ata Billy Joel. Agrupacións de vento, tecla, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 22 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán preto de 400 alumnas e alumnos.
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira continúa coa programación de actividades de Outono Cultural este xoves, 15 de novembro, cunha actuación de Batuko Tabanka.
O grupo de mulleres caboverdianas Batuko Tabanka actuará este xoves ás 20:30 horas no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música. A entrada a este concerto é libre ata completar o aforo do local.
O ritmo das “batukadeiras” ten un pasado ligado á música que facían os escravos en Cabo Verde, antes batendo no peito e agora batendo nunha saca de coiro colocada entre as pernas, que recibe o nome de “batuko”.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto de Santa Cilla o día 24 deste mes, sábado, ás 20:30 horas no Cine Teatro. Esta actuación estará dedicada ao director e compositor belga Bert Appermont.
O director da Banda de Ribadeo, David Ballester, anuncia que “neste mes de novembro o 22 é o día de Santa Cilla, a patroa dos músicos, e como non podía ser menos, a Banda de Música Municipal de Ribadeo vai facer o seu concerto de Santa Cilla. Será o día 24 ás oito e media da tarde no Cine Teatro”.
David Ballester engade que “neste concerto sempre me gusta que algúns dos músicos da Banda demostren o seu bo facer, o seu talento, e teremos a Carlos Villar tocando unha peza de xilófono como solista e tamén teremos un dúo de frautas, a cargo de Paula Pérez e Eva Iglesias, cunha obra de aires celtas que está...
leer másA agrupación coral Del Coro al Caño, de Gijón, cantará na igrexa parroquial de Santa María de Valdeflores, de Lourenzá, na misa deste domingo, día 11, ás 12:45 horas.
Este coro está ofrecendo concertos de música sacra en varios concellos vinculados co Camiño de Santiago.
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá mañá, 6 de outubro, ás oito da tarde un Concerto de Corais.
Actuarán a Coral Alborada, de Viveiro, e a Coral Asociación Amigos del Camino de Santiago, da provincia de Lugo.
Foz acollerá este domingo, día 16, dúas actividades do programa Espazos Sonoros, organizado pola Xunta de Galicia. Son unha visita á Frouxeira e un concerto na basílica de San Martiño. Ambas son gratuítas.
Para participar na visita á Frouxeira, que será ás 15:00 horas, hai que anotarse a través da dirección de correo electrónico actividades@espazossonoros.org. Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas, debendo aportar o nome completo de cada un dos participantes e un número de teléfono de contacto. O día da actividade terán que presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.
O concerto na basílica de San Martiño de Mondoñedo está programado para as 19:00 horas e correrá a cargo do grupo VIVID...
leer másO Eido Dourado acollerá este domingo, 12 de agosto, un novo concerto do ciclo musical Sons no solpor, que correrá a cargo da cantante galego-suiza Nastasia Zürcher. Será a partires das 22:00 horas nos xardíns do Eido Dourado, a carón da praia da Pasada, en Barreiros.
O artista barreirense Celso Dourado anunciou: “contaremos coa presenza de Nastasia Zürcher, é unha vella coñecida, xa actuou hai dous ou tres anos, cando iniciaba a súa carreira aquí. Ela viña de Suiza, xa tiña suficientes táboas e por circunstancias trasladouse a vivir a Galicia”.
Celso Dourado explicou que “é unha cantante nada en Xenebra no ano 1988. É unha compositora galego-suiza e está galardoada cun sinfín xa de premios pese á súa xuventude, como poden ser no Galician Music e nos Martin Códax, como cantante revelación no ano 2016. Actuou nun...
leer másAs formacións musicais ribadenses A Gramola e Calabash volven ensaiar, despois duns anos de inactividade, para reaparecer nun concerto conxunto que ofrecerán este venres, día 10, ás 20:30 horas no Cine Teatro de Ribadeo con entrada gratuíta.
O músico ribadense Marcos Rodríguez, que é a cabeza visible desta iniciativa, explicou: “para nós, refírome a Olalla Canoura López, profesora de violín nas escolas municipais de música de Ribadeo e de Burela, e para min, que son o profesor de percusión na escola de Ribadeo, é un pracer volver reunir a xente con dous proxectos que tíñamos parados. Un deles é Calabash, un grupo de percusión de Ribadeo que levaba tres anos sen actuar, xa que debido ao relevo xeracional tivemos que esperar uns anos e agora temos uns rapaciños que xa poden animarnos un pouco a tarde, como veremos este venres. E por outro...
leer más












