Mondoñedo
Concello de Mondoñedo reforza a Oficina de Turismo coa contratación dun técnico de información turística ao abeiro dunha subvención da Xunta de Galicia, que realizará labores de difusión e promoción turística ata o vindeiro 15 de setembro, o que permitirá ofrecer unha mellor resposta ao visitante durante os meses de maior afluencia de turistas.
Deste xeito, o Goberno local continúa a potenciar a oficina de turismo, que está aberta durante todo o ano de domingo a luns, sendo unha das de referencia da Mariña. Reforzouse xa no ano 2016 ademais de cun contrato a tempo completo para o verán, cunha persoa a tempo parcial para todo o ano. E desde marzo de 2017 o Concello contratou, -a través do plan DepuEmprego-, a unha axente de desenvolvemento turístico coa acreditación de Guía Oficial de Turismo, que ademais de prestar atención ao público,...
leer másO vindeiro xoves, 13 de xullo, darán comezo en Mondoñedo os Seráns de Lecer, que terán lugar os xoves durante o verán.
Trátase dunha novidosa iniciativa que pon en marcha o Concello mindoniense e que está prevista para as 20:00 horas. Deste xeito a entidade local amplía a súa oferta lúdica para estes meses de verán.
Seráns de Lecer estará formada por diversas actividades de teatro e música, así como por outras accións destinadas a humanizar as rúas e que xente poida gozar das actuacións.
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, e o Concelleiro de Deportes, Manuel Tapia Rivera, presentaron no Salon de Actos do Pazo de San Marcos o XXI Campus de Baloncesto, que acolle a cidade mindoniense e no que participan máis de 400 rapaces. O Goberno da Deputación é a unica administración que colabora con esta cita, cunha achega de 6.000 euros, e que se celebra ata o 16 de xullo nas nas diferentes instalacións da localidade.
O Deputadoexplicou quese trata dunha iniciativa unica que, ademais de promocionar Mondoñedo, contribúe a dinamización social, económica e deportivadesta cidade.Rivera Capón sinalou ademais que “colaboramos con este tipo de iniciativas porque as administracións públicas debemos apoiar e fomentar o deporte base. Cremos no deporte como un instrumento fundamental...
leer másO Casino de Mondoñedo acolle o domingo, 18 de xuño, a celebración dun café concerto.
A actividade contará coa actuación estelar dos grupos de Cámara da Escola Municipal de Música de Mondoñedo e dará comezo ás 17:00 horas.
A entrada a este concerto é libre.
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da III edición da Feira e Mostra de Artesanía e Agroalimentación que se celebrará no barrio dos Muíños de Mondoñedo o sábado 24 de xuño.
No acto participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou como anfitrión; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; e unha nutrida representación dos distintos artesáns que participarán neste evento.
De feito a Feira aspira a converterse nun punto de referencia da artesanía da Mariña lucense, para o que ademais aproveita un espazo –o tradicional barrio dos Muíños da cidade episcopal- que servirá de escenario ideal para que artesáns e agricultores amosen os seus produtos, poñan en valor e conciencien sobre a importancia de conservar estes oficios e os produtos locais máis tradicionais.
... leer másA asociación cultural O Pasatempo organiza por noveno ano consecutivo o torneo de fútbol-sala O Pasatempo en Mondoñedo, os días 16, 17 e 18 de xuño.
No torneo participan equipos galegos, asturianos e leoneses que contan con xogadores de Primeira, Segunda, Segunda B e Terceira División do fútbol sala nacional.
Os premios son: 1.800 euros e trofeo para o primeiro clasificado, 750€ e trofeo para o segundo, 250 euros e trofeo para o terceiro e o cuarto, 150€ e trofeo para o mellor equipo local, e o último clasificado recibirá unha tarta de Mondoñedo. Ademais haberá trofeos para o mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro, e premio para o MVP da final elixido polo público asistente. Tamén haberá un trofeo para a persoa do público que máis horas bote no pavillón.
A inscrición é de 120€...
leer másA XXXIV Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia celebrará as súas finais de categoría infantil, xuvenil e cadete esta fin de semana nos campos de A Mina (A Pontenova), Viñas da Veiga (Mondoñedo), e Cerdeiriños (Monterroso), respectivamente. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros, organizando unha nova edición da Copa coa colaboración da Federación Galega de Fútbol.
Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia.
A primeira das finais en disputarse será a de categoría infantil, que se celebrará este sábado ás 11:30 horas no campo...
leer másO concerto "No bico un cantar. Nenas e nenos cantan aos poetas mindonienses", terá lugar este venres, 2 de xuño, ás 17:30 horas na Praza da Catedral, en Mondoñedo.
Organizado polo Consello da Cultura Galega e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Mondoñedo, esta será a quinta edición dunha actividade que ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia.
Dirixidos por Maximino Zumalave e co acompañamento musical do grupo de metais Hércules Brass, no concerto participarán nenas e nenos dos CMUS Profesionais da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Viveiro, o Coro Ángeles de Compostela da Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela, o Coro de nenos...
leer másA asociación Batitales, en colaboración coa Oficina de Turismo de Mondoñedo, organizan mañá, 27 de maio, a xornada “Desmontando monumentos”, que se enmarca dentro do ciclo Descubrindo Mondoñedo.
O arqueólogo Abel Vigo ofrecerá explicacións sobre edificios como a Catedral, o Seminario ou a Casa do Concello. O acto é aberto a todo o público que queira asistir.
O punto de encontró será a praza da Catedral ás 12 do mediodía.
O Concello de Mondoñedo,co obxecto de potenciar e poñer en valor a procesión de Domingo de Corpus, promoveu de novo este ano o cartel anunciador desta tradición arraigada na localidade e que se celebrará o próximo 18 de xuño.
O cartel da procesión do Domingo de Corpus, que alberga a pintura creada pola artista mindoniense Irma Loureiro, presentouse no Concello de Mondoñedo, durante un acto oficial no que ademais da alcaldesa da cidade, Elena Candia, tamén participaron o señor Obispo, Luís Ángel de las Heras, xunto a artista Irma Loureiro. Á presentación da obra artística asistiron tamén o edil de Educación, Alberto García, ademais de varios voluntarios/as que anualmente se encargan da elaboración das alfombras.
Dende o Goberno local lembran que por segundo ano consecutivo o Concello decidiu encargar a creación...
leer más












